Biblioteca do CAFI

A biblioteca do CAFI presenta as novas adquisicións.
Dom, 14/12/2014 - 19:08
Novas adquisicións na biblioteca do CAFI
Novas adquisicións na biblioteca do CAFI
Imaxe do sccop.it bibliocafi
Imaxe do sccop.it bibliocafi
Porta da bibblioteca do CEIP ADR Castelao de Rianxo
Porta da bibblioteca do CEIP ADR Castelao de Rianxo
Imaxe Biblioteca CAFI
Imaxe Biblioteca CAFI

Novas adquisicións

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) cumpriu xa tres anos de funcionamento. Na biblioteca do CAFI reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido CFR de Santiago e nestes tres anos o departamento (unipersoal) de bibliotecas escolares vense ocupando da selección dos fondos existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación, da organización dos materiais e da actualización da colección. Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.

Imaxe representativa do scoop.it bibliocafiImaxe biblioteca

A nosa intención é formar unha biblioteca útil para o profesorado. Para logralo cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest e no scoop.it do departamento.