Biblioteca do CAFI [1]
Enviado por portalcafi a Dom, 14/12/2014 - 19:08O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) cumpriu xa tres anos de funcionamento. Na biblioteca do CAFI [2] reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido CFR de Santiago e nestes tres anos o departamento (unipersoal) de bibliotecas escolares [3] vense ocupando da selección dos fondos existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación, da organización dos materiais e da actualización da colección. Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.
A nosa intención é formar unha biblioteca útil para o profesorado. Para logralo cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest [4] e no scoop.it [5]do departamento.



