Gallego

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Summary: 

Baixo o lema "LER PARA VER" celebraranse os días 9 e 10 de novembro, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, as IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, organizadas polo CAFI en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e dedicadas, esta vez, á educación medíatica ou educación para o uso dos medios de comunicación, á lectura das distintas linguaxes dos medios audiovisuais e o mundo dixital.
Gallego

Baixo o lema "LER PARA VER" celebraranse os días 9 e 10 de novembro, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, as IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, organizadas polo CAFI en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e dedicadas, esta vez, á educación medíatica ou educación para o uso dos medios de comunicación, á lectura das distintas linguaxes dos medios audiovisuais e o mundo dixital.

No programa están previstas varias conferencias plenarias a cargo de Fabio Tropea, Tíscar Lara, e Luis González) e mesas de experiencias sobre temas como: audiovisuais, cine, videoxogos, cómic, arte, prensa, radio, etc. con expertos do tema e responsables de bibliotecas escolares.

É unha oportunidade de formación e para coñecer ás experiencias das bibliotecas dos centros escolares galegos arredor da lectura en distintos soportes e cos medios de comunicación en tempos de mudanzas tecnolóxicas.

O prazo de inscrición está aberto ata o 12 de outubro na aplicación fprofe co código de referencia: G1202009.

cartel

Gañadores dos premios Edublogs 2012 Edublog

Summary: 

Nesta nova podedes consultar os gañadores dos premios Edublog 2012.
Gallego

Blogs de Bibliotecas: primeiro premio, peonza de oro: O Recanto de Leo do CEIP A LAMA de Pontevedra, que tamén foi 1º premio de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares do MEC no ano 2011.

Os nosos parabéns para o profesorado para o CEIP A Lama, en particular para Cristina e Rafa, así como para tódolos blogues de bibliotecas dos centros educativos.

edublog 2012

6 de maio, Día da Nai

Summary: 

Para o día da nai, un poema e algunha recomendación de lectura
Gallego

Para o día da nai... un poema e algunha recomendación de lectura.

 

Co aceite poñiamos segredos,

palabras, conversas,

e a pota reventaba fervendo de impaciencia.

Mais a vida seguía

despois do aceite o allo, a cebola, o pemento

(mellor se for vermello)

e sempre remexendo o garfo de madeira.

E así un día e outro foron facendo costra,

tixolas, cazos, potas,

non houbo nunca auga que arrastrara eses anos,

nin xabón que varrera tanto empeño diario.

Marta Dacosta (1998) Setembro.

 

Outras lecturas recomendadas:

libro


O LIBRO DOS PORCOS

Autor e ilustrador: ANTHONY BROWNE

Tradución ao galego: XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ

Editorial Kalandraka

O señor Porcón vivía cos seus fillos,Miguel e Antón, nunha bonita casa cun bonito xardín, e cun bonito coche, nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller.

http://vimeo.com/21285638

http://www.slideshare.net/bibliobeade/o-libro-dos-porcos

 

 

 

 

minanai

MIÑA NAI É FANTÁSTICA

Autor: Nick Butterworth,

Traductor: Víctor Barcia

Edicións Xerais de Galicia

Reinvindica o papel das nais como mulleres activas e capaces que fan cousas inimaxinables para procurarnos benestar, confianza e sobre todo moito amor.

http://www.tacobooks.com/libro/mina_nai_e_fantastica

 

 

 

 

 

Propostas do CEIP Víctor Sáenz de Antes, Mazaricos

En InnovArte Educación Infantil, teñen tamén propostas para o día da nai:

 

 

dia da nai

23 de abril: Día Internacional do Libro

Summary: 

Dende o Departamento de Bibliotecas Escolares do CAFI queremos celebrar o día internacional do libro compartindo con todos vós estes dous poemas...
Gallego

Dende o Departamento de Bibliotecas Escolares do CAFI queremos celebrar o día internacional do libro compartindo con todos vós estes dous poemas:

A POESÍA É VERDADE (Celso Emilio Ferreiro)

Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumes e os solpores.
Busco a verdade en tí, rexa poesía
dos homes que laboran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.

Home total,
que vas e ves sen sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutos
do mundo, no profundo da historia,
na experiencia dun día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxícoas maus do vento dondo
que acariñan o mundo dende sempre.

Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.

23abril

Documentación básica para o traballo nas bibliotecas escolares

Summary: 

No blogue de Bibliotecas Escolares e no enlace www.bibliotecasescolaresentransito.com/gl/ están dispoñibles os materiais e os vídeos das sesións do congreso estatal BET 2011, Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela o pasado mes de novembro.
Gallego

No blogue de Bibliotecas Escolares  e no enlace http://www.bibliotecasescolaresentransito.com/gl/ están dispoñibles os materiais e os vídeos das sesións do congreso estatal  BET 2011, Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela o pasado mes de novembro.

Desde a asesoría de Bibliotecas Escolares do CAFI consideramos conveniente dar difusión e facilitar o acceso de todas as persoas que traballan na educación, particularmente aquelas  implicadas na Biblioteca Escolar, a dous documentos de espacial interés que se presentaron neste congreso:

MARCO DE REFERENCIA PARA LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares e coordinado por Cristina Nóvoa Fernández, Ana I. Bernal Macay e Casildo Macías Pereira.

Este documento desglosa os ámbitos de actuación das bibliotecas escolares, recursos físicos e humanos, equipamento e organización, formación do profesorado, unidades de apoio, redes de colaboración e a súa avaliación e ofrece valiosas orientacións sobre a función da biblioteca escolar no centro educativo.

BIBLIOTECAS ESCOLARES ¿ENTRE INTERROGANTES?  HERRAMIENTA DE AUTOEVALUACIÓN PREGUNTAS E INDICADORES PARA MEJORAR LA BIBLIOTECA 

Autoras: Inés Miret, Mónica Baró, Teresa Mañá e Inmaculada Vellosillo

COORDINACIÓN FGSR: Luis González

ASESORÍA METODOLÓGICA: Elena Martín

EQUIPO ASESOR: Eulàlia Espinàs, Isabel Monguilot, Cristina Novoa, Pilar Sampedro y Olga Serra

Texto publicado pola  Fundación Germán Sánchez Ruipérez, coa colaboración do Ministerio de Educación, a través do portal especializado en lectura LECTURA LAB,   

Este documento pode ser de gran utilidade para facer un diágnostico da situación actual da Biblioteca  e elaborar proxectos realistas de mellora neste ámbito.

 

bibliotecas escolares

Maletas viaxeiras da asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación

Summary: 

No CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS á disposición das bibliotecas escolares...
Gallego

No CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS á disposición das bibliotecas escolares: 

  • 1 maleta de POESÍA destinada fundamentalmente a PRIMARIA (CEIP ou CPI):  acceder ao PDF
  • 1 maleta con documentación específica sobre lectura e bibliotecas para centros de INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA,  para información e formación do profesorado deses centros. acceder ao PDF
  • 1 maleta de Banda Deseñada que contén unha selección de cómic e novela gráfica, para coñecer autores e títulos de banda deseñada que están a ser referencia entre os lectores do xénero. Destinada aos centros de ensino secundarioAcceder ao PDF

Cada unha leva un documento coa listaxe de obras que contén, información de interese sobre o tema, enlaces e propostas de utilización. Tamén leva unha libreta para suxestións e comentarios.

Os centros interesados terían que facer unha solicitude, cubrir un impreso e encargarse de recoller e devolver a maleta. Os préstamos son de 15 días (renovables en función da demanda) para cada centro. Ó devolvela haberá que comprobar que está todo, se algún centro estraga algún material, deberá repoñelo. 

A experiencia do curso pasado foi moi positiva. Esperamos que neste curso sigan viaxando para lles tirar o mellor proveito posible.

maletas

Convocatoria do PLAMBE para o curso 2012/2013

Summary: 

Podedes consultar a convocatoria do PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) para o curso 2012/2013.
Gallego

Podedes consultar a convocatoria do PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) para o curso 2012/2013. Seleccionaranse 55 novos centros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 DE XUÑO.

Máis información neste enlace

 

plambe

Abril: mes do libro

Summary: 

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL Desde 1967, O día 2 de abril, que este ano nos pilla en vacacións, celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Gallego

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, O día 2 de abril, que este ano nos pilla en vacacións, celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Cada ano, o IBBY (International Board on Books for Young People), organización internacional na que están integrados 58 países, encarga a un escritor e a un ilustrador a redacción e confección dunha mensaxe e un cartel que van dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo, nesta data que coincide coa do nacemento de Hans Christian Andersen, nado en Odense o 2 de abril de 1805.

 

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O 23 de abril de 1616 morreron os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.

 

Adxúntase un arquivo pdf con recomendacións de lecturas que poden ser de utilidade.

 

 

mes do libro