Gallego

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

Summary: 

O Día Mundial do Teatro creouse no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro da Unesco e vense celebrando en todo o mundo desde o 27 de marzo de 1962, data de apertura en París do “Teatro das Nacións”
Gallego

O Día Mundial do Teatro creouse no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro da Unesco e vense celebrando en todo o mundo desde o 27 de marzo de 1962, data de apertura en París do “Teatro das Nacións”

En Madrid a estatua de Valle-Inclán loce todos os 27 de marzo unha bufanda branca e na súa honra percórrense os lugares que visitou Max Estrella, o personaxe de “Luces de Bohemia” que ao mirarse nos espellos do Calexón do Gato inventou o esperpento.

 

Mensaxe de John Malkovich para o Día Mundial do Teatro 2012:

"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.

Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que dito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a graza. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, certamente, moitos de vós estaredes obrigados a afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para ensinarnos como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós - xa que será o mellor de vós, e aínda así, darase só nos momentos máis singulares e breves - o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: Como vivimos? Boa Sorte!". (John Malkovich)

 

ENLACES DE INTERESE PARA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

dia do teatro