G2401151 - Módulo ECO. Paneis dixitais interactivos.
Enviado por portalcafi a Mér, 07/05/2025 - 10:51Aberta a inscrición en Fprofe da actividade G2401151 - Módulo ECO. Paneis dixitais interactivos.
Este curso desenvolverase en PLATEGA, dende o 5 ao 27 de xuño de 2025, cunha duración de 10 horas.
Os obxectivos son:
1. Adquirir coñecementos básicos sobre o uso de paneis dixitais interactivos na aula.
2. Descubrir ferramentas e aplicacións esenciais integradas no panel.
3. Aprender as funcións básicas de configuración, interacción e conectividade do panel dixital.