Gallego

Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Summary: 

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Gallego

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.

Formación aberta
Formación aberta

1ª feira matemática aldea do couto

Summary: 

Feira matemática na aldea do Couto do 29 de marzo ao 3 de abril
Gallego

1ª feira matemática na irreductible aldea do Couto.

Será os días 29, 30 e 31 de marzo e 1, 2 e 3 de abril de 2021.

Organiza a Fundación Eduardo Pondal e colabora o CFR da Coruña.

 

feira matemática na fundación Pondal
feira matemática na fundación Pondal

O IES Eduardo Pondal presenta o proxecto CANSAT

Summary: 

IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT no día internacional da muller
Gallego

Hoxe día Internacional da Muller e da nena na Ciencia, presentouse no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT.

Un CANSAT é unha simulación do lanzamento dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos. Un dos requirimentos engadidos é cumprir cunha misión científica a realizar durante ese lanzamento. Todo o proceso realízao o alumnado amosando todas as súas comptencias clave.

 

Así dende o CFR de A Coruña, como membro colaborador, pudemos acompañalos no proceso de presentación do proxecto que retomaron do ano pasado para melloralo e obter mellores resultados que na anterior edición. Acompañamos ao  grupo de 8 alumnos e alumnas cunha gran iniciativa e moitos intereses polo mundo científico. Un grupo moi motivado e con moita iniciativa que o ano pasado quedou nun segundo posto na fase rexional sen ter a sorte de poder voar o seu satélite. Polo que prometeron que nesta edición volven tentalo.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseduardopondalponteceso/CanSat

Twitter: @pontesat

Instagram: @pontesat

proxecto CANSAT
proxecto CANSAT

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales

Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

O luns día 8 de febreiro dará comenzo un novo curso sobre o trastorno por déficit de atención e hiperactividade no CFR da Coruña
Gallego

Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Competencias profesionais: Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Acción titorial e atención á diversidade.

Forma de participación: Mixta

Modalidade: Curso

Referencia: C2001012
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  08/02/2021  -  03/03/2021
Lugar: CFR A Coruña (A Coruña)
Prazas:  50

Horas totais

Horas presenciais: 16 (por videoconferencia)
Horas non presenciais: 9  (En rede)
 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Obxectivos

1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Contidos

1.Aspectos clínicos do TDAH

2.Manexo na aula

3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH

4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario

TDAH
TDAH

Boletín de recursos do CFR da Coruña

Summary: 

Publicado un novo exemplar do “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Gallego

O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.

Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este,  que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.

O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.

Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.

Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.

boletín CFR
boletín CFR