Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

Astronomía sen etiquetas

Summary: 

Explorar o ceo desde os Polos creativos 16 de maio Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Gallego

Explorar o ceo desde os Polos creativos
16  de maio
Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Espazo das conferencias: auditorio do Edificio CINC

Espazos dos obradoiros: aulas 6, 7 ,8, 9, 10 Edificio Fontán

8 horas de duración

Astronomía sen etiquetas

S2501140 Técnicas plásticas e audiovisuais para a educación artística

Summary: 

Esta formación de 20 horas afonda nas artes plásticas e audiovisuais mediante metodoloxías inclusivas e recursos prácticos como o ABP ou a clase invertida. O programa combina sesións presenciais de obradoiros, boas prácticas e traballo colaborativo cunha pequena fase de traballo autónomo dedicada á elaboración dunha proposta práctica individual
Gallego

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

Competencias

Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Básico

Competencia didáctica - Didácticas específicas e metodoloxías - Básico

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: S2501140
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/01/2026  -  07/02/2026 Data límite de inscrición: 18/01/2026
Lugar: CAFI - Santiago de Compostela
Prazas:  20

Horas totais

Horas presenciais: 18

Horas non presenciais: 2

 

 

Destinatarios

  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

597 - Mestres
603 - Catedrático de artes plásticas e deseño

590009 - Profesores de ensino secundario. Debuxo

Temas e subtemas

CFR orixe - A Coruña
Plan anual - 2024-2025
Plan anual - 2025-2026

Criterios de selección

Os do plan anual do profesorado

Indicadores de competencias

Competencia didáctica - Didácticas específicas e metodoloxías - Básico - Selecciona diferentes propostas didácticas e metodolóxicas, recoñecendo as características propias de cada unha delas en función da diversidade do alumnado.

Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Básico - Identifica o papel que desempeñan a organización espacial e a selección de recursos e materiais no desenvolvemento de diferentes propostas metodolóxicas no contexto do seu centro educativo

 

Obxectivos

1.Promover o traballo creativo a través da educación plástica e artística fomentando a inclusión do alumnado.

2.Incorporar novas ferramentas e recursos para o desenvolvemento da creatividade e da expresión emocional.

3.Deseñar tarefas e proxectos artísticos que favorezan o proceso expresivo-creativo do alumnado.

Contidos

1.Etapas dun proxecto creativo.

2.Técnicas plásticas e audiovisuais para desenvolver a creatividade do alumnado nas diferentes etapas educativas.

3.Tarefas e proxectos artísticos.

Portada web artes CAFI
Portada web artes CAFI

Video: 

Promo curso Artes CAFI

cREAgal

Summary: 

Explora cREAgal
Gallego

Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) desenvolvidos por profesorado galego. Estes REA cobren integramente o currículo de cada materia e baséanse en situacións de aprendizaxe nas que se propón un reto para o alumnado. No repositorio atópanse os recursos para o alumnado e as correspondentes guías didácticas para o profesorado, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.

Para acceder aos contidos cREAgal pulsa aquí: cREAgal

Qué é cREAgal: Vídeo resumo

cREAgal
cREAgal

G2401004 - A renovación da ópera.

Summary: 

Actividade presencial sobre a renovación da ópera.
Gallego

Duración: 20 horas.

Lugar Celebración: CAFI.

Datas:   8, 9 e 23 de maio de      16:30-20:30h.
             22 de maio de                16:30-19:30h.
             24 de maio de                09:45-14:00h.

Programa:

G2401004 - A renovación da ópera.

G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

Summary: 

Terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

Xornada G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA que terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que ten como destinatarios o profesorado das etapas de infantil e primaria na que tentaremos respostar  a estas preguntas:

  • Que implica ensinar a ler e escribir?

  • Estamos formando lectores e escritores competentes?

  • Sabemos crear contextos que inviten a ler, escribir, falar e escoitar?

  • Como se respecta a diversidade do alumnado ante o difícil reto de mellorar a competencia lectora e escrita?.

Adxúntovos Programa da Xornada para difusión ao claustro por si fora do voso interese.

Aberto o prazo de inscripción en Fprofe co código G2402024:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do

HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA
HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

Boletín do CFR de A Coruña

Summary: 

Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
Gallego
Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
É esta unha publicación que se emite periódicamente. Xeralmente son dous números por ano e no que se poden atopar múltiples referencias a publicacións significativas e de impacto sobre temáticas variadas relacionadas co mundo da innovación, da formación, da didáctica...
Nesta publicación participa o persoal asesor do centro e, mesmamente, contamos con colaboracións externas de profesorado de toda as etapas educativas: educación infantil e primaria, secundaria, e Universidade.
Pretendendemos que sexa unha publicación actualizada e cun enfoque innovador e práctico e agardamos que sexa do seu interese.
 
 

 

Publicacións:

 
imaxe boletín CFR Coruña
Boletín CFR Coruña

Inscrición en cursos CALC

Summary: 

Prazas vacantes en cursos CALC
Gallego

Anúnciase a dispoñibilidade de vacantes nas seguintes actividades polo que se amplía o período de inscrición:

  • C2301015 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2301056 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2301057 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

 

Consultar a data límite de inscrición, requisitos, lugares de celebración e outra información nas respectivas fichas de cada unha das actividades.

 

Inscrición en FPROFE https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

cursos CALC 2024
Cursos CALC 2024

S2201035 - A orientación e a escalada como actividades físicas no medio natural

Gallego

Nesta actividade traballaremos aspectos como:

  • Conceptualización. Xeolocalización. Recursos
  • Manexo de programas específicos para a elaboración de mapas de orientación. Elaboración dun mapa da contorna do meu centro
  • Xogos e actividades de orientación no centro educativo. Manexo do mapa e brúxula (práctica).
  • Orientación deportiva. A carreira de orientación.
  • Principios básicos a ter en conta na práctica da escalada. Xogos de trepa e actividades de escalada no centro educativo.
  • Xornada práctica de escalada.
  • Realización da achega do mapa do meu centro na aula virtual do curso.

Datas: 25 e 27 de maio, 1, 6, 8 e 10.

Código en fprofe: S2201035

Lugar: as xornadas terán lugar en Santiago de Compostela, combinando sesión no CAFI, en centros educativos da zona en montes cercanos e en rocódromo indoor.

Contidos: A xeolocañización analóxica e dixital, recursos na orientación, elaboración de mapas, xogos e acyividades de orientación e escalada no centro, a carreira de orientación e práctica de escalada en rocódromo.

A orientación e a escalada como actividades físicas no medio natural

Xornadas galegas de linguas estranxeiras

Summary: 

Aberto o prazo de inscrición para asistir ás Xornadas galegas de linguas estranxeiras.
Gallego

As Xornadas galegas de linguas estranxeiras celebraranse o sábado 25 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
Para poder participar é necesario formalizar a inscrición na plataforma FPROFE (referencia G2202131)

Xornadas galegas de linguas estranxeiras
Xornadas galegas de linguas estranxeiras