G2401146 Módulo ECO. Paneis dixitais interactivos

G2401146 Módulo ECO. Paneis dixitais interactivos
Ven, 25/04/2025 - 13:26
Módulo ECO

Aberta a inscrición en Fprofe da actividade G2401146 - Módulo ECO. Paneis dixitais interactivos.

Este curso desenvolverase en PLATEGA, dende o 14 de maio ao 2 de xuño de 2025, cunha duración de 10 horas.

Os obxectivos son: 

1. Adquirir coñecementos básicos sobre o uso de paneis dixitais interactivos na aula.

2. Descubrir ferramentas e aplicacións esenciais integradas no panel.

3. Aprender as funcións básicas de configuración, interacción e conectividade do panel dixital.