Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16

Obradoiro práctico para aprender a usar ferramentas dixitais útiles na biblioteca escolar: LibreOffice, Drupal, Moodle, blogs, infografías, Issuu, Slideshare, ThingLink etc Realizarase no CAFI entre o 20 de febreiro e o 28 de marzo.
Lun, 19/12/2016 - 10:05
Imaxe de portada do curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16
Imaxe de portada do curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16

Curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16.

Referencia:  S1601089

Competencias profesionais docentes:

  • Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC e ALFIN
  • Competente en TIC - Software.

Aula onde se celebrará o cursoDuración: 24 horas
Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
Prazas: 20

Obxectivos:

1.Implementar o novo modelo de biblioteca escolar, que integra materiais impresos e electrónicos.

2.Aproveitar todas as posibilidades das TIC e da Web 2.0 para a xestión e dinamización da biblioteca escolar, o fomento da lectura e ALFIN/AMI.

3.Contribuír desde a biblioteca escolar á integración das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe de todas as áreas e materias, dotando ao profesorado de formación e recursos suficientes e actualizados.

Aula onde se celebrará o curso

Entre o 20 de febreiro e o 30 de marzo celebraremos no CAFI o curso “Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16”.

Será unha actividade eminentemente práctica, activa e participativa; pensada para que as persoas asistentes, docentes de E. Infantil, Primaria, Secundaria ou FP, aprendan efectivamente a usar diversas ferramentas que consideramos de gran utilidade para a organización da biblioteca escolar, a Alfabetización Mediática e Informacional do alumnado, a realización de proxectos documentais e a visibilización da nosa biblioteca.