Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16 [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 19/12/2016 - 10:05Curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16.
Referencia: S1601089
Competencias profesionais docentes:
- Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC e ALFIN
- Competente en TIC - Software.
Duración: 24 horas
Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
Prazas: 20
Obxectivos:
1.Implementar o novo modelo de biblioteca escolar, que integra materiais impresos e electrónicos.
2.Aproveitar todas as posibilidades das TIC e da Web 2.0 para a xestión e dinamización da biblioteca escolar, o fomento da lectura e ALFIN/AMI.
3.Contribuír desde a biblioteca escolar á integración das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe de todas as áreas e materias, dotando ao profesorado de formación e recursos suficientes e actualizados.
Entre o 20 de febreiro e o 30 de marzo celebraremos no CAFI o curso “Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16”.
Será unha actividade eminentemente práctica, activa e participativa; pensada para que as persoas asistentes, docentes de E. Infantil, Primaria, Secundaria ou FP, aprendan efectivamente a usar diversas ferramentas que consideramos de gran utilidade para a organización da biblioteca escolar, a Alfabetización Mediática e Informacional do alumnado, a realización de proxectos documentais e a visibilización da nosa biblioteca.
