Gallego

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Celebraránse o 26 de febreiro no CIFP "Compostela" Consulta o programa
Gallego

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Summary: 

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning"
Gallego

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning". Despois dunha ausencia máis longa do normal debido aos sucesivos cambios na plataforma, eTwinning volve ofrecer o seu curso de formación en liña para docentes, con materiais e metodoloxías totalmente renovadas e adaptadas aos últimos desenvolvementos da plataforma Queres coñecer mellor eTwinning e as súas posibilidades na aula? Gustaríache actualizar os teus coñecementos sobre o programa? Tes ata o 29 de xaneiro de prazo para rexistrarte.

Podes ler a descrición do curso neste documento. Atoparás as ligazóns á sede electrónica e ás instrucións para rexistrarse no curso aquí. Aqueles que completen satisfactoriamente as tarefas do curso recibirán unha acreditación equivalente a 70 horas.

Esperámoste!

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Summary: 

Curso presencial no CAFI
Gallego

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado

Curso presencial S1502028 Programación, robótica e impresión 3D

Summary: 

23 o 26 de Novembro Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) Santiago de Compostela
Gallego

Curso presencial de 12 horas de duración para iniciarse na programación, a robótica e na impresión 3D dirixido os profesores de Tecnoloxía. Os obxectivos do curso son:

1.Construir programas, por en marcha robots e orientar ao profesorado no deseño de sistemas interactivos básicos.

2.Coñecer as tecnoloxías para impresión 3D e orientar ao profesorado na utilización didáctica da robótica e impresión 3D.

Robótica
Robótica

Introdución á protección de datos

Summary: 

O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos".
Gallego

O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos" . O conferenciante, D. Víctor Salgado Seguín, especialista en Dereito Informático, abordou con éxito a temática relacionada coa protección de datos e respostou as cuestión que xurdiron entre os 70 participantes.

Introdución á protección de datos
Introdución á protección de datos

Material do defensor del pueblo

Summary: 

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Gallego

Novo recurso no apartado "Ferramentas" da web. Son dúas ligazóns para acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:

 

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores

Materiais do defensor del pueblo

Summary: 

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Undefined

Novo recurso no apartado "Ferramentas" da web. Son dúas ligazóns para acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores

Xornadas de Informática e Comunicacións

Summary: 

7 e 8 de setembro no IES San Clemente (Santiago de Compostela)
Gallego

Os días 7 e 8 de setembro tiveron lugar no IES San Clemente (Santiago de Compostela), as Xornadas de Informática e comunicacións 2015 nas que se abordaron, entre outros, temas relacionados coa situación actual e futuro da virtualización, da seguridade e comunicacións e da programación de dispositivos móbiles.

Xornadas de Informática e Comunicación
Xornadas de Informática e Comunicación