Materiais ESERO dispoñibles para o préstamo

Xa tedes á vosa disposición no CAFI a maleta cos materiais ESERO: Ingeniero de astronaves.
Lun, 29/10/2018 - 12:34
Materiais ESERO
Materiais ESERO

Xa tedes á vosa disposición no CAFI  a maleta cos materiais ESERO: Ingeniero de astronaves. Trátase dun recurso desenvolvido pola ESA (Axencia Espacial Europea) co que o alumnado poderá investigar sobre as propiedades dos materiais: condutividade, magnetismo, resistencia a impactos… e seleccionar os idóneos para as diferentes partes dunha nave espacial.  

A maleta pódese solicitar por períodos de dúas semanas enviando un correo dende a dirección do teu centro ao CAFI (cafi@edu.xunta.es) indicando as posibles datas solicitadas e unha persoa de contacto para xestionar con ela o préstamo en función da dispoñibilidade.

Para calquera consulta ou aclaración contacta connosco a través de: cafi.formacion@edu.xunta.es