Gallego

S2402001 A reanimación cardiopulmonar no eido educativo

Summary: 

Curso para o profesorado
Gallego

As causas da parada cardiorrespiratoria son diferentes nos nenos á dos adultos. Tamén as manobras de RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) básica varían se a vítima é un lactante, un neno ou un adulto.

Este curso está centrado en formar o profesorado dos nosos  centros escolares para que saiban actuar en situacións de emerxencia. 

Este curso ten consigo unha prarte práctica (14 de outubro) e outra teórica (18 de outubro) así como  6 horas presenciais e 2 horas non presenciais.

As prazas son limitadas, tendo prioridade o profesorado das especialidades e niveis aos que se dirixe prioritariamente o programa.

 

- .Datos importantes:

  • Data:
    • 14 de outubro18:00-20:00 horas (parte teórica)
    • 18 de outubro de 16:00-20:00 horas (parte práctica)
  • Código en  fprofe:  S2402001
  • Relator: Fundación 061
S2402001  A reanimación cardiopulmonar no eido educativo

Xornada de Benvida ao profesorado. Educación Secundaria e Postobrigatoria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Secundaria e Postobrigatoria. Curso 2024-2025
Gallego

Co esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  • Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  • Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  • Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  • Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2402012
  • Data: xoves, 5 de setembro de 2024.
Xornada de Benvia ao profesorado. Educación Secundaria e Postobrigatoria

Xornada de Benvida ao profesorado. Educación Primaria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Primaria. Curso 2024-2025
Gallego

Con esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  • Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  • Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  • Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  • Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2402013
  • Data: mércores, 4 de setembro de 2024.
Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Primaria. Curso 2024-2025
Undefined

Co esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  1. Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  2. Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  3. Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  4. Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.
Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Programa Observa_Acción

Summary: 

Resolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación Observa_Acción
Gallego

 

Segundo os termos establecidos no apartado Sexto. Destinatarios e criterios de selección, referido á RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional, a Comisión fai pública a resolución provisional da listaxe de centros candidatos á Fase 2, ordenados segundo a puntuación obtida da valoración final resultante da Fase 1.

O número de centros participantes na Fase 2, dependerá do número de socios europeos e das comunidades autónomas que se sumen ao programa.

A listaxe completa no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_de_centros_candidatos_para_participar_na_fase_2.pdf

Observa_acción

Ciclo de Cultura Científica - Laura Espido Freire

Summary: 

Esta nova sesión ‘Palabras e pensamento: a ciencia e o seu fío narrativo’ terá lugar o luns 22 de abril, ás 18,00 horas na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.
Gallego

A escritora Laura Espido Freire será a protagonista da segunda cita do Ciclo de Cultura Científica da Xunta de Galicia dirixido a público en xeral, comunidade educativa e docentes. Trátase dunha iniciativa que, nesta segunda edición, leva o título de Tecnoloxía con sentidiño e aborda temáticas como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

Esta nova sesión, que leva por título Palabras e pensamento: a ciencia e o seu fío narrativo, terá lugar o luns, 22 de abril, ás 18,00 horas, na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Nela, a escritora afondará na transformación do xeito de transmitir os contidos, os desafíos que iso xera e a oposición dos que identifican a seriedade dunha materia cun xeito determinado de comunicación. Neste senso, Espido Freire tamén abordará a divulgación dos contidos no eido da ciencia e as diversas canles polas que pode realizarse de xeito profesional ou como un complemento á vocación didáctica. 

A escritora Laura Espido Freire, nada en Bilbao, provén dunha familia de orixe galega. Licenciada en Filoloxía inglesa e diplomada en Edición e Publicación de Textos pola Universidade de Deusto, debutou como escritora no ano 1998 con Irlanda, unha novela que lle supuxo o Premio Millepages. Ano e medio despois fíxose co Premio Planeta pola súa obra Melocotones helados, sendo a gañadora de menor idade na historia deste galardón.

En total suma nove novelas publicadas, ademais de varios libros de contos, ensaios, poemas e libros ilustrados. Así mesmo, tamén é colaboradora habitual en diferentes medios de prensa nacional e realiza de xeito constante labores de divulgación cultural e intervencións en programas de animación á lectura a nivel nacional.

Laura Espido Freire

G2301031 Descubrindo os nosos talentos. O equipo de innovación

Summary: 

Dentro do Itinerario de Innovación, organízase a cuarta actividade do mesmo. Nesta ocasión trátase de descubrir os talentos dos/as nosos/as compañeiros/as para formar equipo con vistas a transformar o centro educativo dun modo innovador.
Gallego

O curso ten formato presencial e realizarase a través de videoconferencia con Webex.

O horario e as datas serán as seguintes:

Días 18 e 25 de abril. 17.00 a 20.00 horas

Día 2 de maio. 16.00 a 19.00 horas

Días 8 e 9 de maio. 17.00 a 20.00 horas

Esta actividade formativa ten como obxectivos:

1.Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

2.Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.

3.Presentar ao claustro o proceso deseñado para a transformación de centro.

E os contidos:

1.Análise grupal das necesidades derivadas do seu contexto.

2.Mapeado de talentos. Fortalezas e debilidades.

3.Elaboración e presentación dunha folla de ruta para dar resposta ás necesidades do centro.

cartel

G2302012 - Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores

Summary: 

Itinerario de Innovación
Gallego

OBXECTIVOS: 

  1. Crear un espazo de intercambio e construír unha comunidade de centros a prol da innovación.
  2. Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.
  3. Promover a creación dos equipos de innovación.

CONTIDOS: 

  1. Innovación educativa. Claves para a transformación.
  2. Creando comunidade. Boas prácticas innovadoras nos nosos centros.
  3. Programas e convocatorias de apoio á innovación.
  4. Folla de ruta para a innovación de centro.

DATA DE REALIZACIÓN:

  • Sábado, 9 de marzo do 2024.

LUGAR DE REALIZACIÓN: 

  • Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

 

imaxe

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Summary: 

OLLADAS caleidoscópicas
Gallego

G2301094 -  Proceso para a innovación de centro

Obxectivos: 

  1. Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
  2. Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
  3. Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

Contidos: 

  1. Marco de referencia das competencias en innovación e investigación.
  2. Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
  3. Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
  4. Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.

Información importante: 

Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios.

A actividade consta de:

  • 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
    • 21 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 25 de outubro de 16:30 a 19:30
    • 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 8 de novembro de 16:30 a 19:30
    • 15 de novembro de 16:30 a 19:30
  • 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
    • 18 de novembro de 10:00 a 13:00
  • 2 horas de traballo persoal
    • 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (o horario é orientativo)

Inscrición en Fprofe co código G2301094:

imaxe

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Summary: 

OLLADAS caleidoscópicas
Undefined

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Obxectivos: 

  1. Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
  2. Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
  3. Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

Contidos: 

  1. Marco de referencia da competencias en innovación e investigación.
  2. Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
  3. Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
  4. Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.

Información importante: 

Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios. 

A actividade consta de: 

  • 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
    • 21 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 25 de outburo de 16:30 a 19:30
    • 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 8 de novembro de 16:30 a 19:30
    • 15 de novembro de 16:30 a 19:30
  • 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
    • 18 de novembro de 10:00 a 13:00
  • 2 horas de traballo persoal.
    • 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (este horario é orientativo)

Inscrición en Fprofe co código G2301094. 

imaxe