Gallego

L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta

Summary: 

12 horas presenciais á volta do Entroido, coa presenza de expertos na temática
Gallego

Se queres afrontar o desafío da mellora da eficacia educativa, esta é a túa actividade.

A través das xornadas L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta, coñeceremos a importancia de transformar os nosos espazos educativos baixo unha perspectiva inclusiva. Sempre da man de expertos neste eido como son Fermín González Blanco, Sabela Girón Gesteira, Paula Morales Pereira así como Judit Santos Almeida. Estas xornadas terán 12 horas presenciais de duración, que se distribuirán do seguinte xeito:

 

Sesión 1: venres, 24 de febreiro

Horario de 17:00 h a 20 h

Fermín González Blanco, Sabela Girón Gesteira e Paula Morales Pereira de Arquitectura sen Fronteiras Galicia

Sesión 2: sábado, 25 febreiro

Horario de 11:00 h 13:30 h

Judit Santos Almeida de Cooperativa Miudiño

Sesión 3: venres, 3 de marzo

Horario de 17:00 h a 20:00 h

Fermín González Blanco (Sistema Lupo)

Sesión 4: sábado, 4 de marzo

Horario de 10:30 a 14:00 h

Arquitectura sen Fronteiras, Sistema Lupo e Cooperativa Miudiño

 

Obxectivos

1. Formar a docentes de centros educativos para desenvolver propostas de transformación de patios escolares a través do coñecemento doutros colectivos e especialistas que están traballando actualmente neste eido.

2. Fomentar a mobilidade e autonomía infantil incluíndo os camiños escolares e os desprazamentos aos centros educativos.

3. Indagar en metodoloxías de dinamización deseñadas para favorecer a participación e inclusión de todo o alumnado e analizar as posibilidades espaciais do espazo educativo dentro e fóra da aula.

Contidos

1. Patios escolares inclusivos con especial atención ao xénero e á diversidade.

2. A autonomía e integración da infancia a e xuventude no espazo público a través dos camiños escolares e o eido escolar. A vulnerabilidade dos menores no espazo público.

3. A importacia da vexetación no espazo educativo e na vida das persoas máis novas.

4. A importancia do xogo ao aire libre.

5. A análise do sentir no espazo educativo: luz, cor, acústica, temperatura etc.

6. Propostas de transformación dos espazos educativos a través de metodoloxías participativas.

 

Se queres afrontar o desafío da mellora da eficacia educativa e participar en dita actividade aínda estás a tempo de facer a inscrición a través de Fprofe.

terra

L2202004 - A lectura e a escritura en educación infantil e educación primaria

Summary: 

A actividade desenvolverase na primeira quincena de febreiro no CFR Lugo. Contará coa presenza de Estela D'Angelo
Gallego

A escola que defenderemos é unha escola onde todos e todas teñan o seu lugar, unha escola onde a experiencia supoña a base necesaria para as aprendizaxes e sexa en verdade inclusiva. Apostaremos por un modelo inclusivo para educación infantil e educación primaria respectando os seus ritmos de aprendizaxe, atendendo as súas emocións, ás súas xeracións do discurso... para poñer en evidencia a diversidade e así favorecer o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe. Atendendo a estes preceptos, ofertamos a actividade L2202004 - A lectura e a escritura en educación infantil e educación primaria, que se desenvolverá os días 1, 2, 8 e 15 de febreiro no CFR Lugo.

Para as mesmas, contaremos coa presenza das seguintes relatoras: Estela D'Angelo Menéndez (Madrid), María Olga Teijeiro Díaz do CEIP Plurilingüe de Chancelas (Combarro) e Inmaculada Cortón Tesouro do CEIP Plurilingüe de Outes (Fene).

Obxectivos

1. Analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita.

2. Coñecer pautas metodolóxicas que favorezan o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe.

3. Adquirir a capacidade para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado.

Contidos

1. A lingua escrita dende un enfoque construtivista.

2. Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.

3. Técnicas para a mellora da expresión e comprensión oral e escrita.

lectura

L2201033 - Chinés A1.2

Summary: 

60 horas de formación a celebrar na EOI Lugo
Pino Alonso encargarase dos relatorios
Gallego

O idioma chino está cada vez máis de moda. E no CFR Lugo somos moi conscientes desta realidade. Por iso, este 2023 ofertamos a actividade L2201033 - Chinés A1.2. 60 horas de formación que se celebrarán na Aula 1B da Escola de Idiomas de Lugo (EOI Lugo) entre o 30 de xaneiro e o 24 de maio. A actividade terá lugar en luns e mércores, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas. Pino Alonso encargarase dos relatorios.

Obxectivos

1. Comprender e producir textos orais de nivel de lingua A1.2.

2. Comprender e producir textos escritos de nivel de lingua A1.2.

3. Adquirir coñecementos iniciais sobre a cultura chinesa.

Contidos

1. Contidos socioculturais e sociolingüísticos propios do nivel A1.2 (fórmulas de cortesía, relacións sociais, etc.).

2. Contidos estratéxicos, funcionais e discursivos propios do nivel A1.2 (felicitar, pedir e dar información sobre datos persoais, datas, etc.).

3. Contidos sintácticos e léxicos propios do nivel A1.2 (ampliación información persoal básica, actividades, etc.).

4. Contidos fonético-fonolóxicos e ortotipográficos propios do nivel A1.2 (fonemas, tons, pinyin, trazos, etc.).

chines

L2201019 - Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

Actividade de 25 horas, con fase presencial (16 horas) e en rede (9 horas). As sesións presenciais desenvolveranse en xoves durante e febreiro e marzo.
Gallego

A actividade L2201019 - Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo, en colaboración coa Fundación INGADA, xurde de coñecementos e fundamentación actualizada coa intención de dar resposta ás competencias requeridas aos docentes garantindo os pilares da educación inclusiva no alumnado que require necesidades, condicións, estilos e dificultades distintas para adaptarse ao seu entorno académico, familiar e social.

Así mesmo preténdese a súa comprensión e a capacitación para o deseño de estratexias e intervencións que contribúan de maneira máis efectiva nas dificultades de aprendizaxe que requiren un seguimento e diagnóstico máis complexo, abordadas en catro módulos, como son:

MÓDULO I

  • Aspectos clínicos do TDAH.

  • Prevención de accidentes.

MÓDULO II

  • Detección na aula do alumnado con TDAH.

  • Medidas de atención á diversidade.

  • Adaptacións pedagóxicas.

MÓDULO III

  • TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe.

  • Protocolo de consenso.

MÓDULO IV

  • Motivación no TDAH.

  • Familia e TDAH.

  • Manexo condutual.

As sesións presenciais (16 horas) desenvolveranse os xoves 9, 16, 23 de febreiro e 2 de marzo en horario de 17:00 horas a 21:00 horas a cargo de María Cristina Casal Pena, Marta Fariña, Octavio Susacasa Nodal e Ana Fátima Gómez Suárez no salón de actos do CFR de Lugo. Desde o 3 de marzo ata o 3 de abril desenvolverase a fase en rede (9 horas) para a entrega do proxecto/proposta didáctica, segundo o guión entregado. Bule e non quedes sen a túa praza! A inscrición, a realizar en Fprofe, remata nuns poucos días.

tdah

L2202006– Achegas das ferramentas dixitais para o DUA

Summary: 

12 horas presenciais da man de David González Gándara
A aproximación máis dixital ao DUA
Gallego

Desde hai uns anos, o DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) está de moda. No CFR Lugo somos moi conscientes delo. E por iso ofertamos L2202006– Achegas das ferramentas dixitais para o DUA, a aproximación máis dixital a este fenómeno emerxente. Da man do relator David González Gándara, traballaremos durante 12 horas presenciais, os principais aspectos do DUA. Esta actividade terá lugar os mércores 1, 8 e 15 de febreiro así como o 1 de marzo. Sempre en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Obxectivos

1. Analizar os principios do DUA como paso previo á selección de ferramentas dixitais.

2. Explorar as características das distintas ferramentas segundo o enfoque DUA.

3. Seleccionar distintas ferramentas para o desenvolvemento do DUA .

Contidos

1. Deseño Universal de Aprendizaxe. Aspectos xerais. Principios e pautas.

2. Criterios para a selección de ferramentas dixitais. Ferramentas institucionais e externas.

3. Achega e adecuación das ferramentas dixitais ao desenvolvemento dos principios do DUA.

4. Licenza de autor na creación de contidos.

5. Boas prácticas. Deseño dunha tarefa segundo o DUA.

DUA

L2202011– Fedellando polo espazo maker

Summary: 

12 horas presenciais para exprimir ao máximo un espazo maker
A actividade terá lugar o último mércores de febreiro e os tres primeiros de marzo
Gallego

Neste segundo trimestre, o CFR Lugo ten unha aposta clara: fortalecer as bases dos espazos maker. Por iso L2202011– Fedellando polo espazo maker é unha cita obrigada para todos os amantes deste curioso universo manipulativo e dixital. Da man de Diego García Lale, contaremos con 12 horas de pura práctica na Aula Maker do CFR Lugo. As mesmas terán lugar os mércores 27 de febreiro e 6, 13 e 20 de marzo en horario de 16:30 a 19:30 horas.

 

Obxectivos

1. Espertar a curiosidade, fomentar a creatividade.

2. Promover o modelo STEM nas aulas.

3. Explorar novas solucións e crear novos produtos de forma autónoma.

Contidos

1. Aprendizaxe inventando, experimentando e facendo.

2. Prototipando no día a día.

3. Proxectos colaborativos.

maker

L2201020 – Developing oracy in English

Summary: 

Esta actividade de 12 horas de duración celebrarase en catro mércores no CFR Lugo
Contará coa presenza de relatores de renome como Modesto Corderí, Anita Gail Demitroff e Elena Longo
Gallego

O CFR Lugo prepárase para unha actividade de linguas estranxeiras, L2201020 - Developing oracy in English, na que o aspecto oral adquire o seu máximo expoñente. Da man de Modesto Corderí, Anita Gail Demitroff e Elena Longo traballarase a competencia comunicativa do profesorado así como a mellora das súas prácticas educativas no desenvolvemento das destrezas de expresión e mediación oral en inglés. A actividade, de 12 horas de duración, celebrarase os dous últimos mércores de xaneiro. E os dous primeiros de febreiro. Todo elo en horario de 16:30 a 19:30 horas.

 

Obxectivos

1. Desenvolver a competencia comunicativa do profesorado e a súa autonomía investigadora.

2. Enriquecer as boas prácticas educativas con distintos recursos analóxicos e dixitais.

3. Actualizar a formación metodolóxica do profesorado a través da lingua inglesa.

Contidos

1. Análise de temáticas transversais e relevantes para o proceso de ensino-aprendizaxe.

2. Recursos para a mellora das prácticas educativas.

3. Estratexias para o desenvolvemento das destrezas de expresión e mediación orais en inglés.

oracy

A importancia do canto coral no ensino

Summary: 

O valor do canto coral como ferramenta didáctica
Gallego

S2201034 A importancia do canto coral no ensino

Obxectivos:

1.Adquirir conceptos básicos da técnica vocal aplicada ao canto na aula e ao canto coral escolar.

2.Adquirir nocións básicas de xesto na dirección coral.

3.Motar repertorio escolar de difrentes estilos e niveis de dificultade.

 

Datas:

28 de xaneiro, 11 de febreiro, 4 de marzo, 18 de marzo, 29 de abril e 20 de maio,

Horario:

10:00- 14:00 

Duración:

30 horas (24 horas presenciais, e 6 horas para estudio de partituras)

 

Localización:

Cidade da Cultura. Sala de eventos do Edificio Fontán. Santiago de Compostela

 

Más información en FProfe co código da actividade.

S2201034 A importancia do canto coral no ensino
S2201034 A importancia do canto coral no ensino

L2201023 - Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria  

Summary: 

Unha actividade de 20 horas para sacarlle o máximo partido á ciencia na aula
Terá lugar no segundo trimestre no CFR Lugo
Gallego

Neste segundo trimestre queremos levar ciencia ás aulas. Máis aínda; que os alumnos a entendan e lle saquen o máximo partido, a través das explicacións e actividades plantexadas polos seus docentes. O curso L2201023 - Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria, de 20 horas de duración, terá lugar no CFR Lugo nas seguintes datas: luns 16 e 23 de xaneiro, luns 13 e 27 de febreiro, luns 27 de marzo e mércores 29 de marzo.

Obxectivos

1. Presentar o kit básico de recursos e materiais, para desenvolver experiencias e proxectos do ámbito das ciencias, e poder así crear un entorno de ciencia na propia aula ou preto dela.

2. Afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades, baseada na indagación e evidencias, para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilizando as metodoloxías activas, coma elemento dinamizador, innovador e inclusivo.

3. Deseñar unha micro secuencia didáctica interactiva de ciencias, que fomente o desenvolvemento competencial e a aprendizaxe significativa, utilizando alomenos dúas metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.

Contidos

1. O espazo de ciencias na propia aula ou preto dela. O Kit básico de traballo nun laboratorio de aula. Iniciación ao método científico. Experiencias básicas. Todos podemos participar.

2. Integración de diferentes Metodoloxías activas: ABP, Cooperativo, Gamificación, Aprendizaxe baseado en investigación e evidencias, visual thinking, AR e VR ...en experimentos sinxelos de aula, en infantil e primaria.

3. Deseño dunha micro secuencia didáctica interactiva, dun contido do ámbito das ciencias, empregando polo menos 2 metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.

ciencia

Resolución definitiva PFPPs

Gallego

Resolución pola que se resolve a do 12 de setembro de 2022 na que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2022/23.

Resolución definitiva

Resolución definita PFPPs
Resolución definitiva PFPPs