L2201023 - Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria
Neste segundo trimestre queremos levar ciencia ás aulas. Máis aínda; que os alumnos a entendan e lle saquen o máximo partido, a través das explicacións e actividades plantexadas polos seus docentes. O curso L2201023 - Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria, de 20 horas de duración, terá lugar no CFR Lugo nas seguintes datas: luns 16 e 23 de xaneiro, luns 13 e 27 de febreiro, luns 27 de marzo e mércores 29 de marzo.
Obxectivos
1. Presentar o kit básico de recursos e materiais, para desenvolver experiencias e proxectos do ámbito das ciencias, e poder así crear un entorno de ciencia na propia aula ou preto dela.
2. Afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades, baseada na indagación e evidencias, para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilizando as metodoloxías activas, coma elemento dinamizador, innovador e inclusivo.
3. Deseñar unha micro secuencia didáctica interactiva de ciencias, que fomente o desenvolvemento competencial e a aprendizaxe significativa, utilizando alomenos dúas metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.
Contidos
1. O espazo de ciencias na propia aula ou preto dela. O Kit básico de traballo nun laboratorio de aula. Iniciación ao método científico. Experiencias básicas. Todos podemos participar.
2. Integración de diferentes Metodoloxías activas: ABP, Cooperativo, Gamificación, Aprendizaxe baseado en investigación e evidencias, visual thinking, AR e VR ...en experimentos sinxelos de aula, en infantil e primaria.
3. Deseño dunha micro secuencia didáctica interactiva, dun contido do ámbito das ciencias, empregando polo menos 2 metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.