Gallego

L2102017 - Introdución ao Sistema Lupo

Summary: 

O próximo sábado 4 de xuño terá lugar esta actividade no Salón de Actos do Concello de Xove
A transformación de espazos, o traballo cooperativo e as metodoloxías activas serán os eixes principais desta xornada
Gallego

O próximo sábado 4 de xuño celebrarase a actividade L2102017 - Introdución ao Sistema Lupo no Salón de Actos do Concello de Xove. Unhas Xornadas presenciais de 8 horas co relator Fermín González Blanco.

Obxectivos

1.Sensibilizar ao profesorado nos procesos de transformación de espazos.

2.Xerar dinámicas de traballo cooperativo de toda a Comunidade Educativa.

3.Formar ao profesorado en procesos creativos incidindo en metodoloxías activas.

Contidos

1.Visualización e análise de experiencias de boas prácticas xa executadas noutros centros educativos; e das que se atopan en proceso.

2.Procedementos e ferramentas para ler a Arquitectura e os espazos educativos interiores e exteriores.

3.Educación ambiental en desenvolvemento sostible, a través da xestión responsable dos recursos que teñamos dispoñibles, fomentando a reutilización de materiais e/ou espazos.

lupo
lupo

L2102001 - A prevención do absentismo e fracaso escolar no alumnado de especial vulnerabilidade

Summary: 

Xornadas de 8 horas para analizar a situación actual do alumnado de especial vulnerabilidade (poboación xitana entre outros) e coñecer estratexias de organización de centro e aula para a prevención do absentismo e abandono escolar
Data límite de inscrición: 10 de maio de 2022 Lugar de celebración: CFR de Lugo e videoconferencias
Gallego

Xornadas L2102001 - A prevención do absentismo e fracaso escolar no alumnado de especial vulnerabilidade

Data límite de inscrición:  10 de maio de 2022

Duración: 8 horas

Lugar de celebración: CFR de Lugo e videoconferencias

Sesión 1 (PRESENCIAL): Mércores 25 de maio (17 a 21h.)

Sesión 2 (VIDEOCONFERENCIA): Xoves 26 de maio (17 a 19h.)

Sesión 2 (VIDEOCONFERENCIA): Martes 31 de maio (17 a 19h.)

Relatoras:

Olga Alvite Engroba (Fundación Meniños · Lugo)

Olalla Radio García (Fundación Secretariado Xitano · Lugo)

Rosa Mª Llorente / Amparo Jiménez (C.P. RAMIRO SOLANS · Zaragoza)

CONTIDOS

  • Situación e perfil de alumnado desfavorecido ou de especial vulnerabilidade.
  • Protocolos de actuación interinstitucional para a prevención do absentismo.
  • A escola inclusiva. Estratexias de organización de centro e de aula.

Asesor: Camilo Conde Iglesias

Absentismo
Hai un baleiro na escola ...

L2101076 O poder da educación nos Museos

Summary: 

Data límite de inscrición: 10 de maio de 2022
Lugar de celebración: diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo. A última sesión será online
Gallego

Encaramos a recta final do curso cunha das actividades máis interesantes deste terceiro trimestre. L2101076  O poder da educación nos Museos terá lugar entre o próximo 25 de maio e 2 de xuño.

Aínda estades a tempo de formar parte dela. A data límite de inscrición é o 10 de maio. A actividade, de 20 horas de duración, levarase a cabo en diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo. A última sesión será online.

Obxectivos

1.Promover a educación en valores humanizadores e as estratexias necesarias para o desenvolvemento de sociedades sostibles, inclusivas, equitativas e xustas a través dos museos.

2.Potenciar a dimensión relacional da educación máis alá do espazo físico a través das visitas virtuais e os recursos do territorio.

3.Dar a coñecer redes, proxectos, axentes implicados e novas propostas inspiradoreas da Rede Museística Provincial para toda a comunidade educativa.

Contidos

1.Marco da educación para o desenvolvemento sostible.

2.Rumbo 2030. Os ODS a través das coleccións dos catro museos.

3.Propostas multidisciplinares transformadoras dos museos da Rede Museística.

4.O territorio e a comunidade como recurso educativo para traballar a igualdade, a inclusión e a sustentabilidade.

5.Proxectos vencellados as mulleres rurais: Recolectoras, Memoria e Terra.

6.O valor da educación. Repensando conxuntamente: museos, familia e profesorado.

7.As novas tecnoloxías como ferramentas educativas dos museos.

museos

Xornadas L2102002 A xestión do talento na aula

Summary: 

Xornadas de 8 horas para recoñecer diferentes estratexias e ferramentas para o desenvolvemento do talento
Data límite de inscrición: 8 de abril de 2022
Gallego

Xornadas L2102002 - A xestión do talento na aula

Data límite de inscrición:  8 de abril de 2022

Duración: 8 horas

Lugar de celebración: CFR de Lugo

Sesión 1: Xoves 28 de abril

Sesión 2: Mércores 4 de maio

Horario: 17 a 21h.

Relatora: Miriam Fernández Barreiros (LATENTO Altas Capacidades)

Asesor: Camilo Conde Iglesias

CONTIDOS

SESIÓN 1:

  • Variables implicadas no desenvolvemento das calidades e talentos do alumnado
  • Como podo coñecer mellor ao meu alumnado?
  • Estratexias de xestión do talento na aula

SESIÓN 2:

  • Modelos teóricos de xestión do talento na aula
  • Deseño de actividades para promover a potenciación do talento na aula
  • A teoría levada a práctica: É posible infusionar o curriculum nas metodoloxías que poñen o foco nos talentos do alumnado?

 

talento
"Sculpture: Deadly Sins (Snowglobes), Pure Products USA, by Nora Ligorano and Marshall Reese, Eyebeam Open Studios Fall 2009 / 20091023.10D.55572.P1.L1 / SML" by See-ming Lee (SML) is marked with CC BY-SA 2.0.

Cursos de ferramentas con prazas dispoñibles

Summary: 

Data límite de inscrición: 18 de abril.
Gallego

Os seguintes cursos de ferramentas para traballar na aula virtual teñen prazas dispoñibles: 

Teñen unha duración de 15 horas e realízanse na Aula Virtual do CAFI do 26 de abril ao 26 de maio de 2022.

Data límite de inscrición: luns, 18 de abril de 2022 a través de Fprofe

Cursos ferramentas
Cursos ferramentas

L2101015 Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe competencial

Summary: 

20 horas de formación para coñecer diferentes metodoloxías innovadoras e inclusivas
Inscrición aberta ata o 31 de marzo
Gallego

No terceiro trimestre terá lugar uno dos cursos máis solicitados: L2101015 Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe competencial. 20 horas de formación para coñecer diferentes metodoloxías innovadoras, e por suposto, inclusivas, e a maneira na que son levadas a cabo en centros públicos de diferentes contextos.

O prazo de inscrición atópase aberto ata o 31 de marzo.

 

OBXECTIVOS

  1. Identificar estratexias de xestión de aprendizaxe na aula e instrumentos de avaliación das metodoloxías activas.

  2. Fomentar a inclusión do alumnado a través do uso de metodoloxías activas.

  3. Deseñar e implementar unha proposta didáctica innovadora con metodoloxías activas para fomentar o desenvolvemento competencial e a inclusión.

 

CONTIDOS

  1. Reflexión sobre a necesidade de innovar metodoloxicamente na práctica docente, tendo en conta as achegas da neurociencia.

  2. Formación do profesorado nas metodoloxías activas para fomentar a innovación e a inclusión na práctica docente, a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura do alumno-titor.

  3. Planificación, deseño e implementación dunha proposta didáctica innovadora e inclusiva, na que estean presentes o traballo colaborativo, a docencia compartida e a figura do alumno-titor.

  4. Instrumentos e procedementos de avaliación aplicados ás metodoloxías activas.

  5. Posta en común, feedback e avaliación da proposta didáctica.

metodologías

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do segundo e terceiro trimestre do curso 2021/22.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Segundo e terceiro trimestre

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento.

Data: 

22/03/2022 - 31/07/2022

Áreas-CAFI: 

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do segundo e terceiro trimestre do curso 2021/22.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Segundo e terceiro trimestre

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento

Actividades formativas FP_2_3_trimestre
Actividades formativas FP_2_3_trimestre

L2103001 - Biblioteca escolar. Centro creativo de aprendizaxes.

Summary: 

8 horas de formación sobre bibliotecas creativas a través da creación de recursos inclusivos variados
As xornadas celebraranse en sábado e a inscrición atópase aberta ata o 31 de marzo
Gallego

No terceiro trimestre terán lugar as xornadas sobre biblioteca creativa. A sesión realizarase durante un sábado, para facilitar a asistencia de todos os interesados. 8 horas de formación para aprender a enfocar unha verdadeira biblioteca creativa a través da creación de recursos inclusivos variados.  O prazo de inscrición atópase aberto ata o 31 de marzo.

Obxectivos

  1. Avanzar no modelo de biblioteca escolar do s.XXI, deseñado como laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar promovendo multialfabetismos, creatividade, expresión, comunicación e colaboración.

  2. Deseñar recursos que contemplen os multialfabetismos e sexan inclusivos no contexto dun proxecto documental integrado ou outros proxectos colaborativos dirixidos a toda a comunidade educativa.

  3. Procurar estratexias para a integración plena dos recursos de biblioteca escolar nos procesos de ensino e aprendizaxe.

Contidos

  1. Espazo creativo na biblioteca escolar. A biblioteca escolar como espazo creativo aberto ao deseño, creación, experimentación e aprendizaxe colaborativa.

  2. Coordinación de proxectos colaborativos destinados a reforzar os multialfabetismos e as competencias crave do alumnado, así como a participación activa da comunidade escolar. Experiencias de calidade.

  3. Outros obxectivos, recursos e actividades a ter en conta na biblioteca creativa: radio e creación de produtos audiovisuais, xogos manipulativos, creatividade, investigación e exploración.

biblioteca creativa

L2102020 Propostas curriculares para traballar o desenvolvemento sostible

Summary: 

O próximo 27 de abril dará comezo esta actividade do CFR Lugo
O desenvolvemento sostible, como epicentro desta actividade
Gallego

inscrición pódese realizar a través de FProfe.  Deixámosvos por aquí os obxectivos e contidos desta actividade, que comeza o próximo 27 de abril.

Obxectivos

1. Analizar o concepto de desenvolvemento sostible e a súa influencia desde diferentes perspectivas e disciplinas.

2. Identificar os elementos do currículo relacionados co desenvolvemento sostible.

3. Deseñar propostas de aprendizaxe para traballar co alumnado o desenvolvemento sostible.

Contidos

1. O desenvolvemento sostible desde diferentes perspectivas e disciplinas.

2. A Axenda 2030.

3. Elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible.

4. Boas prácticas.

5. Deseño de propostas de aprendizaxe sobre desenvolvemento sostible.

sostible