L2302008 Introdución aos recursos de E-Dixgal

12 horas presenciais para aprender a manexar a plataforma E-Dixgal
O prazo de inscrición atópase aberto ata o 15 de setembro
Mar, 05/09/2023 - 11:53
edixgal

No próximo mes de outubro, darémosvos a oportunidade de descifrar o marabilloso mundo de E-Dixgal. A actividade L2302008  Introdución aos recursos de E-Dixgal​​​​​​​ é un primeiro manual de axuda para todo aquel profesor que se atope perdido neste novo mundo dixital. Ou para aqueles que debutan nesta aventura dos contidos dixitais.

Para as docencias contaremos con relatores de excepción como son Óscar Martínez Rama y Alejandro Pérez Prado. 12 horas no CFR Lugo en horario de 17:15 a 20:15 horas e que terán lugar os luns 2, 9, 16 e 23 de outubro. O prazo de inscrición para esta actividade atópase aberto ata o 15 de setembro.

 

Obxectivos

1.Familiarizar o profesorado co funcionamento do Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxecto E-Dixgal e coñecer as súas posibilidades para o desenvolvemento da avaliación formativa no proceso de ensino-aprendizaxe.

2.Publicar recursos e actividades, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial, aplicando criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade, etc).

3.Coñecer as posibilidades do EVA para lle prestar apoio ao alumnado en situacións de ensino-aprendizaxe, incluíndo o establecemento de comunicación de xeito efectivo e seguro.

 

Contidos

1.O Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) E-Dixgal. Funcionalidades xerais nas modalidades na online e offline.

2.Incorporación de contidos externos e propios nunha materia E-Dixgal.

3.Recursos.

4.Avaliación no EVA.

 

Indicadores de competencia dixital docente

1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.

2.1.A.2.1. Identifica, con asesoramento, os requisitos que debe cumprir un contido dixital para axustarse a unha situación concreta de aprendizaxe e aplica os criterios correspondentes para a súa busca e selección, incluíndo a compatibilidade coas plataformas virtuais establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro.

2.2.A.2.1. Aplica, con axuda, os criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade etc.), disciplinares e técnicos para a edición e creación de contidos dixitais dirixidos a un grupo de alumnos e alumnas concreto.

3.1.A.2.1. Integra de forma selectiva (adecuación aos obxectivos, aprendizaxes, alumnado etc.) os recursos dixitais dispoñibles no centro na programación didáctica con axuda doutros e doutras docentes, seguindo o modelo pedagóxico recolleito no P. E.

3.2.A.2.2. Configura e emprega, co asesoramento doutros e doutras docentes, as tecnoloxías dixitais proporcionadas pola A. E. ou polas persoas titulares do centro para recibir información sobre a aprendizaxe do alumnado durante o proceso.

4.1.A.2.1 Aplica, de forma guiada, as tecnoloxías dixitais de avaliación proporcionadas pola A. E. ou as persoas titulares do centro para a recollida de información sobre os indicadores fixados na programación didáctica.

5.1.A.2.1. Selecciona e utiliza, en contornos controlados ou con asesoramento, opcións básicas de accesibilidade coa tecnoloxía presente no centro.

5.2.A.2.1. Coñece os recursos dixitais dispoñibles no centro e utilízaos con axuda para atender ás necesidades persoais de aprendizaxe do alumnado aplicando un repertorio variado de estratexias seguindo criterios éticos e pedagóxicos.

6.5.A.2.3. Coñece e comprende o funcionamento das tecnoloxías dixitais proporcionadas pola A. E. ou as persoas titulares do centro e coñece estratexias didácticas para ensinar a outras persoas a resolver problemas vinculados co seu uso.

 

Menús CAFI node R

 

Sección