Gallego

L2301032 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación secundaria

Summary: 

20 horas de formación, 3 delas non presenciais.
A actividade terá lugar entre finais de novembro e principios de decembro
Gallego

Neste tramo final do primeiro trimestre, traemos a actividade L2301032 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación secundaria. 20 horas de formación (3 delas non presenciais) nas que se abordarán as programacións de Educación Secundaria con relatores de altísimo nivel como o inspector Íñigo Barreiro, as docentes do IES Valadares María del Carmen Boado e Silvia Pascual e perfís máis que contrastados como os de María Felisa Redondo e María Jesús Casado. O prazo de inscrición para este curso aínda se atopa aberto.

 

Datas

20/11/2023 17:00  -  20:00 3.0 horas

Íñigo Barreiro (Inspección Educativa): Marco legal e estrutura do currículo

 

24/11/2023 17:00  -  20:30 3.5 horas

Silvia Pascual e Carmen Boado (IES Valadares de Vigo): O traballo por ámbitos e o deseño de tarefas integradas

 

25/11/2023 09:30  -  13:00 3.5 horas

Silvia Pascual e Carmen Boado (IES Valadares de Vigo): O traballo por ámbitos e o deseño de tarefas integradas

 

30/11/2023 16:30  -  20:30 4.0 horas

Felisa Redondo (IES Ánxel Fole): Tarefas integradas e avaliación competencial

 

04/12/2023 17:00  -  20:00 3.0 horas

Mª Jesus Casado (ADIX): As programacións en PROENS

 

15/12/2023 17:00  -  20:00 3.0 horas

SESIÓN NON PRESENCIAL - Mª Jesús Casado: Creación dunha programación a través de PROENS. DATA LÍMITE DE ENTREGA DO TRABALLO

 

 

 

Obxectivos

1. Coñecer e analizar as características e estrutura do currículo de cara á elaboración da programación por ámbitos.

2. Adaptar a programación de cada área e nivel ás instrucións en vigor.

3. Establecer procedementos e instrumentos de avaliación acordes ao currículo.

 

Contidos

1. Marco legal. Estrutura do currículo.

2. A aprendizaxe interdisciplinar e competencial: programar por ámbitos:

   2.1. Deseño de tarefas integradas para o traballo competencial.

   2.2. Principios metodolóxicos: as metodoloxías activas.

3. Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.

4. Boas prácticas: propostas curriculares das diferentes áreas / materias / ámbitos.

5. Creación dunha programación en PROENS.

6. Posta en común.

programacion

L2302013 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Terá lugar o 30 de novembro no CFR Lugo.
Esta proba non serve como certificación oficial do idioma
Gallego

O próximo 30 de novembro terá lugar a actividade L2302013 - Proba de nivel para participar en cursos CALC, de dúas horas de duración (17:00-19:00 horas) no CFR Lugo. Con esta proba poderás acreditar o teu nivel do idioma e acceder aos cursos CALC. Ollo! Esta proba non serve como certificación oficial dun idioma, só permite o acceso á actividade de formación. Se estás interesado en apuntarte, o prazo de inscrición atópase aberto en FProfe.

 

Obxectivos

1. Acreditar o nivel do idioma.

 

Contidos

1. Acreditar o nivel do idioma.

calc

L2303004 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+

Summary: 

15 horas presenciais no CFR Lugo.
As inscricións de última hora poden realizarse no enderezo electrónico: fanipineiro@edu.xunta.gal
Gallego

O programa Erasmus+ é unha das liñas mestras do CFR Lugo para esta década. Por iso, este venres comezamos a actividade L2303004 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+. Este encontro terá lugar nos días 27 e 28 de outubro e 3 e 4 de novembro.  Os relatores serán Francisco Ávila, Gema Isabel Castro, Roberto Carlos Núñez e Lucía Penabad. As inscricións de última hora poden realizarse no seguinte enderezo electrónico: fanipineiro@edu.xunta.gal

 

Obxectivos

1. Coñecer a estrutura, accións e prioridades do Programa Erasmus+ e do proceso de acreditación plurianual de centros educativos.

2. Adquirir estratexias para a planificación e redacción da solicitude de acreditación Erasmus+ para centros educativos.

3. Promover o desenvolvemento dun plan de internacionalización nos centros educativos.

 

Contidos

1. Programa Erasmus+ 2021-2027: accións e prioridades.

2. Procedemento de diagnóstico e detección de necesidades no contexto da internacionalización.

3. Plan de Internacionalización de centro.

   3.1. Equipo de internacionalización e atribución de responsabilidades.

   3.2. Obxectivos.

   3.3. Avaliación, seguimento e difusión.

4. Criterios de elixibilidade de solicitudes.

erasmus

L2301028 - Normativa para a inclusión e a atención á diversidade

Summary: 

12 horas presenciais en Monforte de Lemos.
Impartidas pola Inspectora de Educación Branca Nazaré Guerreiro
Gallego

A actualización normativa é de suma importancia para o profesorado do noso ámbito. Por iso, levamos á nosa sección de Monforte de Lemos a actividade L2301028 - Normativa para a inclusión e a atención á diversidade. 12 horas presenciais impartidas pola Inspectora de Educación Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, que falarán de leis, decretos e atención á diversidade. Este curso terá lugar no propio CFR de Monforte de Lemos os días 23, 25 e 30 de outubro en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.

 

Obxectivos

1. Analizar as novidades normativas relacionadas coa atención á diversidade.

2. Reflexionar sobre as implicacións desta normativa para mellorar a inclusión no centro e na aula.

3. Contextualizar os aspectos fundamentais da normativa relacionada coa atención á diversidade e á realidade dos centros.

 

Contidos

1. Actualización normativa en relación á atención á diversidade.

2. Implicación da normativa na organización do centro.

3. A atención á diversidade na aula: novas perspectivas.

normativa

L2301005 A promoción de hábitos e estilos de vida saudables

Summary: 

Curso presencial de 10 horas para sensibilizar sobre a importancia da promoción dos hábitos saudables e coñecer o marco normativo que o regula.
Lugar de celebración: CFR de Lugo
Data límite de inscrición: 26 de outubro de 2023
Gallego

Curso

L2301005 A promoción de hábitos e estilos de vida saudables

 

Duración: 10 horas  

Lugar de celebración: CFR de Lugo

Datas: 15, 23 e 30 de novembro

Horario: 17 a 21h. (sesión 1) e de 17 a 20h. (sesións 2 e 3)

 

 

 

Relatores:

Ana María Martínez Lorente

Alberto Casal Lamas

 

CONTIDOS

- Hábitos de alimentación saudables.

- Actividade física e sedentarismo, impacto na saúde. Recreos activos.

- O coidado da persoa: seguridade vial e hixiene persoal.

- Mobilidade sustentable e segura como medio de transporte á escola e como medio de incrementar o nivel de actividade física.

- O plan de actividades físicas e hábitos saudables de centro.

 

Asesor: Camilo Conde Iglesias

Vida saudable
Hábitos e estilos de vida saudables

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Summary: 

OLLADAS caleidoscópicas
Gallego

G2301094 -  Proceso para a innovación de centro

Obxectivos: 

  1. Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
  2. Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
  3. Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

Contidos: 

  1. Marco de referencia das competencias en innovación e investigación.
  2. Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
  3. Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
  4. Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.

Información importante: 

Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios.

A actividade consta de:

  • 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
    • 21 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 25 de outubro de 16:30 a 19:30
    • 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 8 de novembro de 16:30 a 19:30
    • 15 de novembro de 16:30 a 19:30
  • 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
    • 18 de novembro de 10:00 a 13:00
  • 2 horas de traballo persoal
    • 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (o horario é orientativo)

Inscrición en Fprofe co código G2301094:

imaxe

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Summary: 

OLLADAS caleidoscópicas
Undefined

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Obxectivos: 

  1. Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
  2. Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
  3. Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

Contidos: 

  1. Marco de referencia da competencias en innovación e investigación.
  2. Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
  3. Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
  4. Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.

Información importante: 

Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios. 

A actividade consta de: 

  • 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
    • 21 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 25 de outburo de 16:30 a 19:30
    • 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 8 de novembro de 16:30 a 19:30
    • 15 de novembro de 16:30 a 19:30
  • 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
    • 18 de novembro de 10:00 a 13:00
  • 2 horas de traballo persoal.
    • 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (este horario é orientativo)

Inscrición en Fprofe co código G2301094. 

imaxe

L2301038 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas

Summary: 

16 horas presenciais no CEIP Rosalía de Castro (Lugo).
Dirixido a mestres da especialidade de Educación Física
Gallego

A Educación Física entra en escena neste trimestre. A través da actividade L2301038 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas, os mestres da especialidade de Educación Física poderán actualizar os seus contidos e metodoloxías no relativo a este tradicional deporte. Santiago Ferrer Alonso exercerá de mestre de cerimonias dun curso, de 16 horas presenciais, que se celebrará no CEIP Rosalía de Castro de Lugo os días 18, 19 e 26 de outubro (16:30 a 20:30 horas). A última das sesións desenvolverase neste trimestre, nunha data que se fixará na xornada inaugural, e co alumnado de cada docente participando da mesma.

 

Obxectivos

1.Coñecer o atletismo e as súas posibles adaptacións ao ámbito escolar.

2.Aprender as progresións didácticas de diferentes modalidades técnicas.

3.Implementar a práctica do atletismo en contextos deportivos escolares.

 

Contidos

1.Programa Xogade. Atletismo en pista.

2.Normativa básica do atletismo adaptada a alumnado de primaria.

3.Progresión didáctica de diferentes modalidades atléticas.

4.Propostas didácticas para a iniciación ao atletismo.

atletismo

G2302033 Xornadas de Lingua e Literatura

Summary: 

Xornadas autonómicas que axudan ao profesorado de ensino non universitario a recoller ideas e prácticas de interese arredor da Lingua e a Literatura, orientadas tanto á lingua propia coma á lingua cooficial do Estado. En concreto, a presente edición, parte da educación literaria.
Gallego

LUGAR, DÍA E HORARIO:

Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. 21 de outubro de 2023. 10.00-20.00h. (8 horas de certificación)

Apertura de portas ás 09.00 horas.

Inclúe xantar con buffet libre informal cortesía da CCEFPU.

 

PERSOAS RELATORAS:

Premios Nacionais 2023 Paula Carballeira e Yolanda Castaño . Nando López . Thibaut Deleval . Asís G. Ayerbe . María Solar . Piu Martínez . Raúl Vacas . Fran Guede . Rocío Romero.

 

OBXECTIVOS:

  • Promover a reflexión sobre o concepto de educación literaria.

  • Dar a coñecer pautas didácticas arredor da aprendizaxe e ensino da linguaxe literaria.

  • Revisar os conceptos de lectura, escritura e competencia dixital en relación coa educación literaria.

 

CONTIDOS:

 

  1. O enfoque da educación literaria fronte ao enfoque da literatura dos currículos de linguas.

  2. Cambios conceptuais e metodolóxicos.

  3. Novas ferramentas e novos usos na didáctica da educación literaria.

  4. Prácticas acordes co concepto de educación literaria.

 

COMPETENCIAS PROFESIONAIS:

Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar

Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe

 

CDD:

Deseña situacións de aprendizaxe nas que o uso específico e flexible dos recursos (espazos e materiais) físicos e virtuais responde ás necesidades metodolóxicas e promoven a inclusión e a equidade

Domina diversas estratexias organizativas e de xestión de recursos (espazos e materiais) físicos e virtuais variados e en diferente formato.

Incorpora diferentes códigos (visual, xestual, musical, dramático) fomentando a capacidade de conexión do alumado coa materia.

G2302033 Xornadas de lingua e literatura
G2302033 Xornadas de lingua e literatura

Prazas dispoñibles nos cursos do Plan Proxecta na Rede

Summary: 

Data límite de inscrición ata o 15 de outubro do 2023
Gallego

Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede do Plan Proxecta para este trimestre, todos eles dispoñen de prazas vacantes. A data límite de inscrición para estas actividades adiouse ata o 15 de outubro. En concreto os cursos son:

  • G2301107 - Consumo e xénero. A publicidade na escola. Plan Proxecta  - 30 horas
  • G2301110 -Estratexias para a promoción da igualdade nos centros educativos. Plan Proxecta - 30 horas

A inscrición realízase a través da aplicación Fprofe no enderezo www.edu.xunta.gal/fprofe na pestana de consulta/inscrición.

Cursos Plan Proxecta na Rede
Cursos Plan Proxecta na Rede