L2302002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais

10 horas de formación no mes de abril
Rosalía Fernández Rial será a relatora
Ven, 22/03/2024 - 11:05
teatrais

No mes de abril, abordaremos a eficacia da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica e lúdica para as clases de linguas. Axudando así, ao desenvolvemento da competencia comunicativa ao tempo que favorecemos a inclusión. Será a través da actividade L2302002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais, de 10 horas de duración e que terá lugar no CFR Lugo. Os días elixidos son: 3, 10 e 17 de abril. Os relatorios correrán a cargo de Rosalía Fernández Rial. Se estás interesado/a, estás a tempo de inscribirte na plataforma Fprofe.

 

Obxectivos

1. Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal. 

2. Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación. 

3. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.

 

Contidos

1. Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado. 

2. Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística. 

3. Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe. 

4. Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena. 

Menús CAFI node R

 

Sección