Título node Learning object
Programa ACTÚA. Acción Xuvenil de Conciencia Social Positiva
Ven, 07/02/2014 - 12:36
ACTÚA é un novo programa da Fundación María José Jove, en colaboración coa asociación Participa, dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, que ten como obxectivo xerar entre eles unha conciencia social positiva, mediante a participación en actividades con grupos de persoas nunha situación de risco social ou dificultade social.
Este programa organízase en tres fases:
- Sesións de coñecemento: sábados 22 de febreiro e 15 de marzo de 2014 na Sede da Fundación María José Jove ( Rúa Galileo Galilei, nº 6, Edificio Work Center, 15008, A Coruña) de 11 a 14 h.
- Sesións prácticas: sábados 10 e 24 de maio de 2014. Punto de partida en autobús: sede da Fundación María José Jove, de 11 a 14 h. Os mozos e mozas participantes tomarán contacto, acompañados do titor coa realidade social en cuestión (un centro de menores, un piso tutelado, unha residencia, un comedor social, un proxecto medioambiental ...).
- Sesión final de posta en común: sábado 14 de xuño de 2014 na Sede Fundación María José Jove de 11 a 13 h.
Trátase dunha actividade gratuíta, previa inscrición (prazas limitadas) na páxina web indicada máis abaixo. Ademais accédese a información máis detallada.