Gallego

Recursos didácticos para a mobilidade infantil na web do CENEAM

No seu sitio web, o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ofrece unha carpeta de recursos didácticos de moi distinto tipo para traballar a mobilidade sostible na infancia.

 

 

Gallego
CENEAM

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Cine e educación: película de animación “O Apóstolo”

Artefacto Producións e TRIBU 2.0 acaban de asinar un pioneiro acordo de colaboración, no que, a través da película de animación O APÓSTOLO, se pretende educar o futuro espectador. Trátase dunha proposta dentro da liña de traballo que une Educación e Cine, seguindo a longa tradición de colaboración entre TRIBU 2.0.  e os distintos centros educativos. ( http://ceroenconducta.ning.com/page/tribu-2-0.)


Desenvolveranse unidades didácticas e actividades na aula ao longo do mes de novembro, que teñen como punto de partida unhas XORNADAS MATINAIS o 31 de OUTUBRO, nas que se intentará recuperar a nosa propia cultura a través do cine de animación. Esta actividade coordinarase a través do blog:

http://animasoapostolo.blogspot.com.es/


Os requisitos que deben reunir os centros educativos son posuír un espazo apropiado para realizar a proxección e aboar 20 € para participar na campaña 'LUCES, CINE e ANIMACIÓN'.

O pagamento inclúe:

  • Envío da copia da película, con gran número de contidos extras exclusivos e a cesión dos dereitos de proxección da devandita copia en todas as actividades que o centro queira organizar ao longo do tempo e cun número  ilimitado de pases. A copia pasaría a ser propiedade do centro educativo e podería utilizarse en calquera outro tipo de actividades organizadas por este, como conferencias, ciclos de cine, actividades xuvenís.... Poderíanse realizar gratuitamente varios pases no fin de semana de Defuntos, tras as xornadas matinais.
  • Deseño da cartelería para anunciar todos pases e actividades relacionadas coa película  'O APÓSTOLO'.
  • Participación nas XORNADAS MATINAIS de cine o día 31 de outubro.
  • Coordinación de actividades nos centros por parte de TRIBU 2.0 e “Cero en conduta”, que ademais se ocupan do deseño dos contidos pedagóxicos e unidades didácticas.
Gallego
O Apóstolo

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación convoca a fase autonómica do Concurso Hispanoamericano de Ortografía para o ano 2013

O gañador desta etapa representará a Galicia na fase nacional do certame

O prazo para a inscrición de candidatos estará aberto ata o vindeiro 21 de outubro

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a segunda fase do Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2013 na que poderá participar o alumnado que no curso 2013-2014 está a cursar segundo curso de Bacharelato. O obxectivo é que desta etapa saia o representante de Galicia na fase nacional, convocada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Os centros que desexen participar deberán seleccionar unha alumna ou alumno que estea a realizar o segundo curso de Bacharelato. O prazo para a inscrición de candidatos na fase da Comunidade Autónoma estará aberto ata o vindeiro 21 de outubro.

O alumnado seleccionado por cada centro participará nas probas que se celebrarán o día 24 de outubro no IES de Sar (Santiago de Compostela). O/a aspirante que quede no primeiro posto representará a Galicia na fase nacional, acompañado/a por un profesor ou profesora. Os interesados poden consultar a convocatoria no portal educativo da Consellería, no enlace web /portal/concursoortografia .

O obxectivo deste certame é promover e estimular a excelencia e o rendemento académico do alumnado. Neste mesmo sentido, hoxe remata o prazo de presentación de candidaturas aos premios de ESO ao rendemento e mais ao esforzo e superación; e nos próximos días publicarase a resolución dos premios extraordinarios de Bacharelato.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Dous proxectos de centros galegos finalistas da novena edición do Premio á "Acción Magistral 2013"

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción” (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, e BBVA convocaron a novena edición do Premio á “Acción Magistral”, co fin de resaltar a importancia do labor educativo que exerce o profesorado.
Rematada a fase de selección estatal, seleccionáronse 16 proxectos educativos dos 62 que superaron a fase autonómica anterior. De entre estes 16 proxectos sairán os que finalmente acadarán os premios.

Resaltar que dous destes proxectos pertencen a centros galegos, que son:
Categoría A (Educación infantil/Primaria):

Categoría B (Educación Secundaria/Bacharelato):

Gallego
Premio á Acción Magistral 2013

Colectivo: 

Sección: 

XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2013

Gallego

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación: "Reflexión sobre as competencias básicas e a súa relación co currículo"

Obra que acaba de publicar o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e proposta polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), e trata de axudarnos para establecer o peso que ten cada Competencia Básica nas áreas ou materias que impartimos na aula.
Esta obra parte da experiencia concreta do “Proxecto de Integración Curricular das Competencias Básicas”, que desde o ano 2010 o Ministerio levou a cabo en cooperación con 15 Comunidades Autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla e que promoveu unha reflexión-acción en torno á integración curricular das CCBB na actividade da aula.
As autoras son: Ana María Turrado López, Estrella López Aguilar e Natalia Bernabeu Morón.

 

 

Gallego
"Reflexión sobre as competencias básicas e a súa relación co currículo"

Cultura e Educación convoca as novas edicións dos programas pedagóxicos “Cine en curso” e “Fotografía en curso”

O CGAI coordina ambas as iniciativas, pensadas para alumnos de 6 a 18 anos e inseridas no Plan Proxecta para centros educativos dependentes da Consellería

Os colexios e institutos públicos teñen de prazo ata o 30 de setembro para solicitar a súa participación

Seleccionaranse oito centros para cada un destes programas, que se desenvolverán durante o curso 2013/2014 a través de obradoiros con profesionais, prácticas temáticas e sesións formativas para o profesorado, entre outras actividades

Gallego
Cultura e Educación convoca as novas edicións dos programas pedagóxicos “Cine en
Cultura e Educación convoca as novas edicións dos programas pedagóxicos “Cine en curso” e “Fotografía en curso”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantén abertas as novas convocatorias dos programas pedagóxicos Cine en Curso e Fotografía en Curso que, baixo a coordinación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), se desenvolverán durante o curso 2013/2014 no marco do Plan Proxecta para fomentar a innovación educativa nos centros escolares.

Ambas as iniciativas están pensadas para alumnos de primaria, secundaria e bacharelato co obxectivo de achegarlles diferentes perspectivas do cine e a fotografía como arte, creación e cultura, ademais de explorar con eles as potencialidades pedagóxicas destas dúas disciplinas.

Os colexios e institutos públicos interesados nas novas edicións destes programas poden formalizar a súa solicitude ata o 30 de setembro a través da aplicación telemática do Plan Proxecta, á que se accede desde a web da Consellería no enderezo www.edu.xunta.gal/programaseducativos. De entre todas as solicitudes recibidas, a organización seleccionará oito centros escolares para cada un dos cursos e baixo diferentes fórmulas de participación: obradoiros con profesionais do cine e da fotografía ou prácticas temáticas co profesorado do centro que recibirá previamente unha formación específica.

Creación de novos públicos para o cinema

Cine en Curso combina o rigor cinematográfico e o valor pedagóxico de acordo cunha metodoloxía de traballo avalada pola traxectoria deste programa, que botou a andar en 2005 en Cataluña e que agora é xa unha experiencia internacional con diferentes entidades asociadas en España e Arxentina. No caso de Galicia, o CGAI encárgase da organización, apoio e seguimento das diferentes actividades e recursos desta iniciativa, cuxa prioridade é a creación de novos públicos e a formación de espectadores activos e con espírito crítico.

Baixo o título Cine en Curso documental, a primeira modalidade de participación neste  programa articúlase en catro obradoiros trimestrais con profesionais do sector durante os que os estudantes –desde 5º de primaria a 2º de bacharelato– realizarán as súas propias películas. Os filmes resultantes estrearanse na sala do CGAI na Coruña, ademais de formar parte do proxecto Atlas en curso, no que actualmente participan centros educativos españois e arxentinos e que pode visualizarse na web www.cineencurso.org.

A segunda fórmula, Experiencias Cine en curso, comezará coa asistencia dos alumnos a un ciclo especial de proxeccións no CGAI, trala que levarán a cabo diferentes prácticas cos seus profesores seguindo as propostas ideadas polo equipo de Cine en Curso. Neste caso, a actividade está pensada para escolares a partir de 3º de primaria.

Retrato do territorio

Pola súa banda, Fotografía en Curso celébrase desde 2012 como programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica cun obxectivo triplo: transmitir ao alumnado o valor artístico, creativo e cultural desta disciplina; propiciar o descubrimento do patrimonio fotográfico e da fotografía contemporánea; e xerar un retrato do territorio a través de prácticas creativas compartidas. Ademais da formación específica, os docentes implicados no proxectos contarán co apoio e o asesoramento do equipo do Centro Galego de Artes da Imaxe.

Tamén para este curso existen dúas opcións de participación. Na primeira delas, ideada para estudantes a partir de 5º de primaria, organizaranse diferentes obradoiros con fotógrafos profesionais como apoio aos proxectos fotográficos que os nenos e mozos realizarán baixo a tutela dos seus profesores. O blog de www.fotografiaencurso.org dará visibilidade a todos os procesos de traballo e nesta mesma web publicaranse, así mesmo, as fotografías finais.

A segunda modalidade consiste en prácticas comúns de fotografía para alumnos de 1º de primaria a 2º de bacharelato, que traballarán xunto cos seus profesores a partir de varias propostas: espazos baleiros, retratos e meteoroloxías. Os procesos e as obras resultantes tamén serán publicadas na web do proxecto.

Todas as actividades e recursos de ambos programas están dispoñibles para a súa consulta na web do Plan Proxecta no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta), onde se especifican tamén os requisitos e criterios para a selección dos centros.

Tema: 

Sección: 

Publicación: “A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo no contexto das necesidades específicas de apoio educativo”

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) editou a obra “A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo no contexto das necesidades específicas de apoio educativo”.
Constitúe o primeiro estudo propio da Rede Eurydice España-REDIE. Pretende ser un acercamento ao sistema educativo español das dificultades específicas de aprendizaxe en xeral, e da dislexia en particular, cunha visión vertebrada e de conxunto das diferentes actuacións das Administracións educativas españolas.

Pódese descargar esta publicación nos seguintes enlaces:

Gallego
“A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo no contexto das necesi

Cultura e Educación emitiu durante a pasada lexislatura máis de 119.000 certificados de formación ao profesorado que participou nas preto de 7.000 actividades organizadas

O conselleiro fixo hoxe balance da aplicación do Plan de Formación Permanente dos docentes, “unha peza clave na mellora da calidade educativa”

Neste período impartíronse un total de 254.607 horas de formación, emitíronse 119.430 certificados a docentes e concedéronse 4.084 licenzas por formación

A Consellería investiu preto de 60 millóns de euros nos últimos catro anos nestas actuacións, que son gratuítas para os docentes

A valoración xeral das actividades organizadas pola Consellería tense incrementado ata os 4,11 puntos sobre 5, fronte aos 3,94 do curso 2008/2009

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na Xornada de Avaliación do Plan Permanente de Formación do Profesorado,

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na Xornada de Avaliación do Plan Permanente de Formación do Profesorado, un encontro no que fixo balance das actuacións desenvolvidas neste eido polo departamento educativo da Xunta de Galicia. Neste encontro, estivo acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e contou coa participación de asesores de formación e dos directores do Centro Autonómico de Formación e Innovación e do Centros de Formación e Recursos da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Xesús Vázquez explicou que, ao abeiro dos plans de formación da Consellería, na pasada lexislatura realizáronse preto de 7.000 actividades organizadas, con carácter totalmente gratuíto para os docentes. Delas, 6.639 foron actividades presenciais, con 187.732 prazas ofertadas, e 340 foron actividades en rede, con 18.154 prazas a disposición dos docentes. Desta forma, a día de hoxe, é a Consellería a que oferta o  90% do total de actividades formativas para os docentes en Galicia, moi por diante das que ofrecen universidades, sindicatos e outras entidades. “En termos de prazas – explicou o conselleiro- estamos a cubrir con creces a demanda: hai máis dunha praza en actividades para cada profesor, en concreto, 1’32 prazas en actividades por profesor , fronte ás 1,26 do curso 08/09”. De feito en cada día lectivo do curso que acaba de rematar estiveron en marcha 10 actividades.

Investimento e calidade

En total, nos últimos catro cursos impartíronse ao abeiro dos plans de formación da Consellería un total de 254.607 horas de formación para o profesorado, e emitíronse  119.430 certificados a docentes. Ademais nos últimos catro anos Cultura e Educación concedeu un total de 4.084 licenzas por formación a docentes.

Segundo explicou Xesús Vázquez estes datos poñen de manifesto que, malia ao complicado da situación económica, o noso compromiso coa formación dos docentes é indiscutible. Non obstante, o investimento continúa a ser moi forte, e ascendeu na lexislatura pasada a preto de 60 millóns de euros.

Ademais, tal e como explicou Vázquez Abad, a oferta ten incrementado claramente a súa calidade. De feito, a valoración xeral das actividades organizadas pola Consellería (en canto a contidos, idoneidade, etc) é hoxe de 4,11 puntos sobre 5, fronte aos 3,94 do curso 2008/2009.

TIC e linguas estranxeiras

Respectos dos contidos das actividades, o conselleiro salientou a aposta pola formación en rede para cubrir a forte demanda de cursos online, que supera 4 veces á das actividades presenciais. Neste sentido explicou que nos últimos catro cursos "case triplicamos o número de actividades ofertadas en rede, e incrementamos nun 86% o número de prazas nas mesmas". No total da lexislatura ofertáronse 340 actividades en rede, cun total de 18.154 prazas a disposición dos docentes.

Así mesmo, sinalou como prioridade do seu departamento a formación do profesorado para dar resposta ao reto que supuxo a introdución das TIC e o plurilingüismo no sistema educativo, a través do Proxecto Abalar e mais do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Para iso a Consellería organizou un total de 578 actividades específicas no relativo ás TIC, ofertando nelas preto de 16.000 prazas nos últimos catro anos. No que atinxe ás linguas estranxeiras, o número total de actividades específicas neste período ascendeu a 747, con preto de 30.500 prazas ofertadas. “Só no curso que acaba de rematar ofrecéronse 162 actividades e 5.247 prazas, o que supón duplicar tanto o número de actividades como de prazas do curso 2008/2009”, salientou Xesús Vázquez.

Plans de formación en centros

Por outra banda, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo facer fincapé na importancia da posta en marcha no curso 2012/2013 do proxecto piloto dos plans de formación en centros, “unha iniciativa moi demandada polos docentes”. No seu primeiro ano de funcionamento participaron xa 68 centros, e tal e como explicou, "o éxito da iniciativa vén claramente avalado polas inscricións de cara ao vindeiro curso: un total de 310 centros que solicitaron participar”.

Esta iniciativa supón unha aposta máis da Consellería pola autonomía dos centros educativos á hora de analizar as súas fortalezas e eivas e plantexar estratexias de reforzo, un eido que tamén se está a traballar desde os contratos-programa. Non en balde a propia OCDE recoñece que a formación permanente feita a medida do profesorado no marco dos centros educativos está chamada a ser unha das ferramentas máis útiles para a mellora da calidade do ensino.

Unha rede de formación para o futuro

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu á Rede de Formación do Profesorado, co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) á cabeza, “o seu traballo e o esforzo para enlazar ao profesorado e á administración educativa, achegando aos centros educativos o asesoramento preciso para proporcionar a formación demandada e necesaria para os docentes“. Non en balde, este labor valeulle á rede hai un ano puidemos celebrar a consecución da certificación de calidade UNE-EN ISO 9001:2008.

“Ao inicio da lexislatura pasada - recordou o conselleiro- impulsamos unha reestruturación da rede para fortalecela, creando o CAFI, ao abeiro da publicación dun novo decreto para regular a formación do profesorado. Agora acabamos de publicar a nova orde que regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado, que pecha o desenvolvemento normativo neste eido, normativa que ten por finalidade fixar as condicións e o marco estable que dea resposta ás necesidades formativas, de xeito que se alineen baixo uns mesmo parámetros estratéxicos e de calidade todos os axentes que traballan na formación dirixida aos profesionais do ensino“. Neste sentido, Xesús Vázquez  comprometeuse a seguir traballando na mesma liña, e sobre todo apostando por fortalecer a formación en rede e os plans de formación en centros.

“Podo afirmar, sen temor a equivocarme, que temos creado unha estrutura para o futuro, quen de responder aos novos retos que a sociedade globalizada e competitiva na que nos tocou vivir nos demanda. Sei que o camiño non foi fácil. Pero tamén sei que merece a pena, porque os seus froitos recíbense nos centros educativos aos que vai destinado este esforzo”, rematou.

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación abre o prazo para que os centros públicos soliciten participar o vindeiro curso na convocatoria de contratos-programa

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria para que os colexios e institutos públicos se sumen a esta iniciativa de innovación educativa, na que está previsto que participen máis de 300 centros de ensino

Este curso incorpórase unha 6ª actuación para a mellora da xestión da calidade dos centros

Nesta terceira convocatoria, amplíase o prazo ata o 13 de setembro para favorecer a incorporación de novos centros

Preto do 92,5% dos centros de ensino que asinaron contratos-programa consideran positivos ou moi satisfactorios os resultados desta iniciativa, na que Galicia foi Comunidade Autónoma pioneira

Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación abre o prazo para que os centros públicos
A Consellería de Cultura e Educación abre o prazo para que os centros públicos soliciten participar o vindeiro curso na convocatoria de contratos-programa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continuará o vindeiro curso 2013/14 impulsando a mellora da calidade educativa a través da nova convocatoria de contratos-programa, na que está previsto que se impliquen máis de 300 centros de ensino, e na que Galicia foi pioneira. Os centros participantes no curso 2013/2014 poderán solicitar ata 6 actuacións, entre elas, PROA; mellora da lectura, escritura e cálculo; mellora da convivencia; redución do abandono escolar e mellora da excelencia educativa. A estas cinco actuacións que se viñan desenvolvendo ata este curso que remata, engádese agora unha sexta de especial interese para aqueles centros que procuren a mellora da calidade da súa xestión.

Os destinatarios de contratos-programa son os colexios e institutos públicos de Galicia interesados en desenvolver iniciativas que procuren a mellora do éxito escolar a través da introdución de metodoloxías innovadoras.  

O éxito deste programa quedou demostrado, non en balde preto do 92,5% dos centros de ensino que asinaron contratos-programa consideran positivos ou moi satisfactorios os resultados desta iniciativa. No caso concreto das liñas de actuación referidas á redución do abandono e á mellora de coñecementos para acadar a excelencia a valoración é positiva ou moi satisfactoria no 100% dos centros. De feito, e de cara á convocatoria do próximo curso, a práctica totalidade dos 289 centros participantes nesta iniciativa nos transmitiron o seu interese por continuar con ela o próximo ano.

Novidades

Outra das novidades que se presenta para este novo curso é a xestión da convocatoria a través dunha aplicación informática específica que facilitará a introdución e a xestión dos datos das solicitudes dos centros.

O prazo de solicitude para concorrer nesta convocatoria estará aberto desde o 6 de xullo ata o vindeiro 13 de setembro. Con esta medida procúrase facilitar o proceso de solicitude dos centros de nova incorporación.

Neste curso 2012/13 que remata, un total 289 centros contaron con contratos-programa, o que supuxo que 3 de cada 10 centros públicos de ensino obrigatorio de Galicia se beneficiasen desta iniciativa.

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: