Gallego

Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se regulan os contratos-programa con centros educativos e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria e selección de programas para o curso 2013/2014

Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2013/14, os contratos-programa con centros educativos e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 13 de setembro de 2013.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Materiais en aberto: Cursos do Itinerario formativo de Competencia dixital docente

Dende hoxe atópanse na sección "Formación Aberta" da Aula Virtual do CAFI os materiais relativos aos 5 niveis do Itinerario formativo de Competencia dixital docente, amplamente demandado polo profesorado galego. Este itinerario impartiuse na súa totalidade por primeira vez ao longo deste curso 2012/2013. Foi avaliado moi positivamente polos docentes que asistiron ás formacións en tódolos CFR e CAFI.

Pódense consultar facendo click aquí ou accedendo á seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/category.php?id=50.

O profesorado interesado en ampliar información sobre este Itinerario, pode consultar igualmente o seguinte enderezo: /portal/competenciaTIC.

 

 

 

Gallego
Cursos do Itinerario formativo de Competencia dixital docente

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación abre unha nova convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2013/2014

Esta iniciativa busca o fomento da innovación educativa nos centros a través de programas que fomenten o traballo cooperativo e a aprendizaxe por proxectos

Deste xeito a Xunta recoñece o traballo realizado polo profesorado no desenvolvemento das competencias básicas e a educación en valores

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación abre unha nova convocatoria do  Plan Proxec
A Consellería de Cultura e Educación abre unha nova convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2013/2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases para a participación no Plan Proxecta, unha iniciativa que busca fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores mediante estratexias metodolóxicas activas e cooperativas centradas no desenvolvemento dun proxecto.

O Plan Proxecta busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado que participa neles. Deste xeito, o plan busca construír modelos de traballo que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no centro que os impulse como no resto da comunidade educativa mediante a súa publicación das boas prácticas nos medios dixitais da Consellería.

Obxectivos

O principal obxectivo do Plan Proxecta é fixar uns criterios organizativos e metodolóxicos comúns que optimicen a eficacia innovadora dos programas educativos nos centros. Deste xeito a Consellería establece un marco xeral de colaboración entre os organismos con programas dirixidos aos centros educativos e fixa unha serie de eixes e liñas estratéxicas compartidas. Isto busca mellorar a integración dos programas na planificación anual dos centros e do profesorado participante, crear unha necesaria rede de traballo cooperativo, recoñecer o traballo e o esforzo desenvolvido polo profesorado e divulgar as súas boas prácticas profesionais.

Programas

Esta iniciativa publicada no DOG ofrece por segundo ano ao profesorado dos centros galegos 25 programas da Presidencia e da Vicepresidencia da Xunta, así como das Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Economía e Industria, Sanidade, Traballo e Benestar, Medio Rural e do Mar e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A súa duración pode estenderse durante medio curso ou ao longo dun curso escolar completo e van dirixidos a todos os niveis educativos. A solicitude realizase mediante a aplicación telemática Plan Proxecta ( http://www.edu.xunta.gal/programaseducativos ), aloxada na sección de servizos da páxina web da Consellería, onde tamén se pode obter máis información no enderezo /portal/planproxecta .

Participación

O curso pasado participaron na primeira edición do plan 3925 profesores e profesoras de 337 centros públicos de toda Galicia cun número total de 764 proxectos. Este ano algúns programas ábrense tamén á participación dos centros concertados e ofrécense 10 novos programas con temáticas que van da medioambiental á igualdade pasando polo uso creativo do galego mediante a creación de curtametraxes.

Deste xeito amplíase a oferta de programas educativos en máis dun 55% e esténdese o prazo de solicitude para favorecer a participación e a integración dos proxectos de innovación educativa na planificación curricular do profesorado e dos centros.

Tema: 

Colectivo: 

Aulas do século XXI: retos educativos

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través do CIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) editou esta obra e que pon a disposición de toda a comunidade educativa.
Esta publicación, na que se abordan temas tratados nos cursos de verano sobre competencias e retos educativos na Educación Secundaria, ten como finalidade ofrecer ao profesorado desta etapa suxestións e propostas para a aula desde un enfoque competencial. Froito da súa propia experiencia, como docentes e investigadores, os autores que colaboran nos distintos capítulos que integran o libro parten da base de que as propostas metodolóxicas innovadoras estimulan a aprendizaxe e favorecen o dominio do coñecemento comprensivo. Aporta, ademais, elementos de traballo que invitan a repensar unha nova forma de educar máis acorde coa escola do século XXI.

Artigos:

  • Tratamento da información e competencia dixital
  • Desenvolvemento de competencias lingüísticas na ensinanza bilingüe en Secundaria: o enfoque CLIL
  • Planificación dunha secuencia didáctica desde a materia de Lingua Castelán para o desenvolvemento das competencia básicas
  • Expresión e escritura: as múltiples mutacións da palabra
  • A competencia científica: do currículo ao aula
  • Competencias básicas e resolución de problemas en Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
  • Experiencias didácticas con TIC na área de Xeografía e Historia
  • Traballando a prensa para lograr competencias
  • Extra de color, graciñas
  • Adoptar un música
  • Dos IES con cortinas. Unha proposta de aula

 

 

Gallego
Aulas do século XXI

Colectivo: 

Resolución do 24 de maio de 2013 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2013/14

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2013/14.

  • A aplicación de xestión estará accesible para cubrir e enviar a solicitude desde o día 18 de xuño ata o 30 de setembro de 2013 ambos os dous incluídos

Servizo relacionado: 

Tema: 

FIAPAS: Confederación Española de Familias de Persoas Xordas

FIAPAS xurde en 1978 para dar resposta ás necesidades que se plantexan ás familias de persoas con discapacidade persoas con discapacidade auditiva e aos propios afectados. Trátase dunha confederación de ámbito nacional, integrada por 46 entidades confederadas, que constitúen a maior plataforma de representación das familias de persoas xordas en España.
A misión de FIAPAS é a representación e defensa dos dereitos e os intereses globais das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, tanto a nivel nacional como internacional.
Entre os seus obxectivos prioritarios están:

  • Promover e ofrecer asistencia ás persoas con discapacidade auditiva e ás súas familias
  • Representar e xestionar as demandas das persoas con discapacidade auditiva e ás súas familias
  • Coordinar e fortalecer o Movemento Asociativo de Familias
  • Estimular a formación e a participación das familias no proceso habilitador e educativo do seu fillo ou filla con xordeira e no propio movemento asociativo
  • Promover a diagnose e o tratamento precoz da xordeira
Gallego
FIAPAS: Confederación Española de Familias de Persoas Xordas

Formación Aberta: catro novos cursos de Platega na Aula Virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

"Formación Aberta" é unha nova sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.

É importante sinalar que, como o fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, non se poderá solicitar titorización ou certificación a través destes recursos en aberto. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartindo ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.

Novos cursos:

Pódese acceder tamén aos seguintes cursos:

Gallego
Centro Autonómico de Formación e Innovación

Colectivo: 

Sección: 

Participa na votación dos mellores modelos 3D realizados no I Campionato de España de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil "d3mobile Metrology League”

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca a I Edición de España de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil “d3mobile Metrology League”.
Este proxecto pretende que os estudantes participen nun campionato por equipos no que se estimule a súa capacidade investigadora. Para iso preténdese o uso dun instrumental con que todos eles actualmente están moi familiarizados: o seu teléfono móbil e un ordenador persoal. Deberán aprender, coa guía dalgún dos seus profesores e o software que se lles proporcionará, a técnica fotogramétrica básica, unha metodoloxía que lles permitirá facer modelos tridimensionais a escala de obxectos sinxelos.

Ata 16 de junio pódense votar os modelos 3D que realizaron os equipos participantes. Entre todos os votantes se sortearán varios regalos e o equipo que reciba máis votos tamén recibirá un premio.

Gallego
I Campionato de España de modelado 3D de precisión co teu móbil

Sección: 

As Nacións Unidas convocan o Premio Europeo da Xuventude 2013

Co obxectivo de conseguir os Obxectivos do Milenio das Nacións Unidas, o concurso The European Youth Award-EYA (Premio Europeo da Xuventude) busca aos mellores creadores de contido dixital para apoiar os seus proxectos e promocionalos en todo o mundo.

EYA selecciona e promove as mellores ideas en e-Content (contido dixital) desenvolvidas por mozos e estudantes menores de 30 anos. Esta iniciativa quere demostrar o potencial dos europeos á hora de crear proxectos que unan o social co dixital e que tamén poidan servir de plataforma para novos emprendedores que queiran embarcarse en negocios relacionados con internet como ferramenta humanitaria.

Os proxectos poden rexistrarse na páxina web do concurso ata o 1 de xullo en calquera das seguintes categorías:

  • Loita contra a pobreza, a fame e as enfermidades
  • Educación para todos
  • Poder para a muller
  • Crea a túa cultura
  • Protexe o medio ambiente
  • Busca a verdade

 

Gallego
European Youth Award

Sección: 

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería, para desenvolver no curso académico 2012/2013

Gallego

Xúntase a Resolución da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para desenvolver no curso académico 2012/2013

Colectivo: