Gallego

Curso online sobre "Aprendizaxe basada en proxectos" dentro da oferta de formación en rede do INTEF

A plataforma de Formación en Rede do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ofrece, entre outras actividades en rede, o curso "Aprendizaxe Basada en Proxectos".

A duración do curso é de dous meses e as persoas que o superen recibirán unha certificación de 70 horas.

O período de preinscrición remata o luns 4 de febreiro ás 14:00 horas.

As persoas interesadas teñen que realizar esta preinscrición a través da plataforma do INTEF.

 

Gallego
Formación en red INTEF

Sección: 

O 4 de febreiro de 2013 péchase o prazo de inscrición dos cursos de formación en rede do INTEF para o profesorado

Gallego
Formación en Rede do INTEF

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Ítems liberados de probas internacionais de avaliación (PISA, TIMSS, PIRLS e EECL) e Estudo Europeo de Competencias Lingüísticas

O Instituto Nacional de Avaliación Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ofrece para a consulta xeral as publicacións "Ítems liberados de probas internacionais de avaliación (PISA, TIMSS, PIRLS)" e "Estudo Europeo de Competencias Lingüísticas".

Por outra banda, pode consultarse toda a información sobre avaliacións do sistema educativo, tanto no ámbito autonómico, como nacional e no internacional, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

Gallego
INEE

Curso online sobre avaliacións internacionais dentro da oferta de formación dos docentes do MECD

Organízase un curso en rede sobre avaliacións internacionais dentro da oferta de formación dos docentes desenvolvida polo Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Todos os participantes que superen o curso recibirán unha certificación correspondente a 7 créditos (70 horas).

prazo de preinscrición remata o  luns 4 de febreiro.

As persoas interesadas deben preinscribirse deben dirixirse á páxina web do INTEF.

 

Gallego
INTEF

Sección: 

"Como debería ser a educación no século XXI?" Encontro Internacional de Educación 2012/2013

Estes días estanse levando a cabo en México D.F., dentro do programa do Encontro Internacional de Educación 2012/13 da Fundación Telefónica, unhas actividades presenciais que contan coa participación, entre outros, de Roger Schank e Alberto J. Cañas.

As actividades deste encontro pódense seguir en directo e, posteriormente, tamén na videoteca do seu espazo web. A interacción dos asistentes presenciais e virtuais é posible a través das redes sociais, tanto en tempo real como a posteriori.

Estas xornadas presenciais seguen as actividades virtuais dos meses de decembro 2012 e xaneiro 2013 dentro do Tema  5 "O Rol do Profesor: De Faro a Guía" e están encadradas no Encontro Internacional de Educación, que está tendo lugar ao longo de todo o curso 2012/2013. De xeito máis específico a temática desglósase nos seguintes eixes:

 

Gallego
Encontro Internacional de Educación 2012/2013

Sección: 

O conselleiro de Cultura e Educación asina contratos-programa con 35 centros educativos da provincia de Ourense

Xesús Vázquez Abad salientou o éxito da segunda convocatoria desta iniciativa posta en marcha pola Consellería, e na que participan 12 centros máis ca na primeira

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación asina contratos-programa con 35 centros edu
O conselleiro de Cultura e Educación asina contratos-programa con 35 centros educativos da provincia de Ourense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 35 centros educativos da provincia de Ourense, nun acto na delegación da Xunta na cidade das Burgas ao que asistiron máis de 70 membros das comunidades educativas destes colexios e institutos. Ademais, estiveron presentes o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e a xefe territorial da Consellería na provincia, Mercedes Gallego; así como inspectores dos centros participantes.

Vázquez Abad agradeceu aos representantes dos centros a súa participación na segunda convocatoria dos contratos-programa”A Consellería non pode estar máis satisfeita coa resposta dos centros educativos e coa implicación e alto compromiso dos 231 profesores da provincia que participades nesta segunda convocatoria”, salientou. “Queremos reiterarvos o noso máis profundo agradecemento por ese interese que amosades día a día polo voso alumnado, e que demostrades buscando de forma desinteresada novas vías para abrirlles as portas cara a un futuro máis próspero”, dixo.

Actuacións desenvolvidas

Neste sentido, o conselleiro explicou que este ano asinan contratos-programa 12 centros máis na provincia ca na primeira convocatoria, o que supón que desenvolverán un 22,2% máis de actuacións a prol da mellora do éxito escolar que o curso pasado. En total, os 35 colexios e institutos da provincia desenvolverán 44 actuacións, delas 33 na liña de reforzo, acompañamento e apoio, 8 para a mellora da lectura da escritura e do cálculo, 1 para a mellora da convivencia e 2 a prol da excelencia educativa. Dos centros participantes, 9 asinaron hoxe contratos-programa en 2 liñas de actuación.

O obxectivo é que máis de 4.300 alumnas e alumnos da provincia poidan acadar, un incremento de máis de 2.400 estudantes beneficiados na provincia máis respecto do curso pasado.

Profesores de reforzo

Vázquez Abad destacou o esforzo económico realizado pola Consellería “nestes tempos de crise, investindo máis de 3,27 millóns de euros para respaldar estas actuacións, dos que máis de 324.000 euros se destinan a centros da provincia de Ourense”.

Así mesmo, salientou que este curso se mantén a dotación de profesorado a maiores para o desenvolvemento dos contratos-programa, un total de 65 docentes en Galicia, 6 deles na provincia ourensá.

Éxito da iniciativa

A Consellería de Cultura e Educación asinará contratos-programa cun total de 289 centros educativos de toda Galicia. Deste xeito quedou confirmado o éxito da segunda convocatoria desta iniciativa, á que se presentaron 314 centros, con propostas para o desenvolvemento de 527 actuacións, o que supuxo duplicar o número de solicitudes do ano anterior, mostra do interese da comunidade educativa.

Os centros participantes no curso 2012/2013 desenvolverán un total de 417 actuacións, 256 delas para o reforzo, orientación e apoio; 91 de mellora da lectura, escritura e cálculo; 34 para a mellora da convivencia; 6 dirixidas á redución do abandono escolar; e 30 para favorecer a excelencia educativa. Un total de 99 colexios e institutos asinaron contratos-programa con 2 ou máis liñas de actuación.

O obxectivo é que se beneficien destes contratos-programa preto de 35.800 alumnas e alumnos de toda Galicia, grazas á implicación de 2.950 docentes, dos que 65 foron contratados a maiores pola Consellería, que inviste nesta iniciativa máis de 3,27 millóns de euros.

Tema: 

Está aberto ata o 13 de marzo de 2013 o prazo de presentación de candidaturas para o Premio Evens de Educación para a Paz 2013

Nesta semana que entra celébrase o mércores 30 o  Día escolar pola paz e a non violencia. Coincidindo con esta data a Fundación europea Evens fai pública a convocatoria do Premio Evens de Educación para a Paz 2013, dotado dun único premio de 25.000 euros.

Este certame vai dirixido a centros de primaria de toda Europa co obxectivo de recoñecer o traballo de integrar e poñer en marcha na organización e na filosofía educativa dos centros os principios de educación para a paz. Especialmente naqueles centros que fagan un énfase particular na resolución positiva dos conflictos.

A data límite de entrega dos proxectos realizados é o 15 de marzo de 2013 e deben estar escritas en inglés.

 

 

Gallego
Evens Prize for Peace Education 2013

Sección: 

Italiano al dente

Italiano al dente é un sitio web dirixido a todas as persoas que queiran achegarse á aprendizaxe da lingua italiana como L2; contén actividades de variada tipoloxía, organizadas segundo os niveis do MCERL e distribuídas por temática e destrezas.

Este espazo, que ten recibidas máis dun millón de visitas, recibiu un dos premios á innovación educativa concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


 

 

 

Gallego
Italiano al dente

Dúas mestras da EEI Milladoiro acadan o Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa

Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca, mestras de segundo ciclo de Educación Infantil da Escola de Educación Infantil Milladoiro (Ames - A Coruña), acadaron o Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa polo seu proxecto "InnovArte Educación Infantil", segundo aparece publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado.

Este premio único para a etapa de segundo ciclo de Educación Infantil está dotado con 15.000 euros e está encadrado dentro da modalidade de "traballos ou experiencias pedagóxicas de Profesor ou equipo de Profesores".

O blog "InnovArte Educación Infantil" está concibido como un espazo de reflexión e recursos dirixido a todo o profesorado de educación infantil. Na súa "Presentación" as autoras caracterízano do seguinte xeito: "Educar é unha 'arte'  que require da innovación; porén queremos que InnovArte sexa a nosa consigna, que precisa  doutras 'artes'". Na sección "Acerca de IEI" ofrécese unha autodefinición máis completa:

InnovArte non é un blog de aula, nin de centro, senón un blog profesional con vertente formativa (autoformación), que recolle as reflexións e experiencia educativa de dúas mestras de infantil, que deciden compartilas traspasando o reducido ámbito escolar grazas ás posibilidades que nos brindan as ferramentas web 2.0

 

Gallego
InnovArte Educación Infantil

Sección: 

O repositorio do espazoAbalar incrementouse en 31 novos contidos educativos

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 31 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.195 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:

  • Da licenza de formación de José Manuel Blanco Guimarey cunha completa unidade didáctica en galego e castelán con 64 actividades guiadas para coñecer o programa de edición de imaxes GIMP.
  • Da licenza de Manuel Luis Blanco Pinedo con dúas secuencias didáctica feitas co Constructor formada por 9 Obxectos Dixitais Educativos (ODEs) nos que aprenderán a falar en inglés cos compañeiros e co docente e sobre os sons da lingua inglesa.
  • Da licenza de José Antonio Cartelle Cudilleiro con unidades didácticas de inglés sobre cuestións culturais de EEUU e Reino Unido.
  • Dunha unidade didáctica dentro do proxecto "Contamos co deporte" da licenza de Xoán Trigo e Elia Villamarín.
  • De ODEs en flash feitos pola docente Nani Lima para traballar cuestións de música e educación infantil utilizando o protocolo de cesión de dereitos.
  • Das Unidades didácticas en inglés sobre Grecia e Roma feitas co exeLearning por Fernando Domènech Rey durante o período de licenza de formación.
  • Das coleccións didácticas de peixes, moluscos e crustáceos de Galicia cedidas polo docente César J. Pais Balsalobre do IES Chan do Monte de Marín.
  • Dunha secuencia didáctica sobre a luz e o son feita con Cuadernia durante a licenza de formación de Iria García de la Fuente.
  • De tres xogos de preguntas-resposta feitos coa aplicación de Fran Macías BrincaLetras, un deles axeitado para traballar o Día da Paz.

 

 

Gallego
espazoAbalar