Gallego

Xa están accesibles na Aula Virtual do CAFI parte das presentacións feitas na Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta

Xa se pode acceder na Aula Virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a parte das experiencias e traballos presentados polo profesorado e os responsables dos programas durante a Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta, que tivo lugar no IES Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña) o día 1 de decembro de 2012.

O resto de materiais iranse colgando neste mesmo espazo web conforme estean preparados para a súa publicación.

Para manterse informado diariamente de toda a información relacionada co Plan Proxecta, recoméndase unirse ao grupo deste plan na rede social do profesorado Redeiras.

 

 

 

Gallego
Aula Virtual Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta

Tema: 

Sección: 

IGACIENCIA convoca en colaboración con educaBarrié o V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica na Fundación Barrié de A Coruña

IGACIENCIA, en colaboración con educaBarrié, convoca o V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica na Coruña na Fundación Barrié do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013.

O obxectivo deste obradoiro "A maxia da robótica" é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida en tan só dunha hora, coa preparación previa dunha hora de introdución cos robots e a linguaxe da robótica. O alumnado debe organizarse en subgrupos de 4 ou 5 alumnos/as, tanto para participar no obradoiro como no concurso. Cada quenda terá un máximo de 40 estudantes que irán acompañados por 2 profesores/as.

Modalidades:

- Participando no obradoiro" a maxia da robótica":

Categorías:

  • a) Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO.
  • b) 2º, 3º e 4º da ESO.
  • c) Bacharelato ou FP da mesma idade

- Concurso libre:

  • Unha única categoría para os dez primeiros grupos inscritos (4 ou 5 membros).
Gallego
V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Sección: 

Tres alumnas do IES Plurilingüe de Ames gañan o segundo premio do XXV Certame “Jóvenes Investigadores” 2012

As alumnas do IES Plurilingüe de Ames (A Coruña) Alicia Frade Mato, Miriam López Pazos e Silvia García Oca acadaron o segundo premio do XXV Certame “Jóvenes Investigadores” 2012 na Área de Tecnoloxía e Enxeñería polo seu traballo “Modelos de profesor ou profesores modelo? Estudo dun caso: O IES de Ames”, coordinado pola súa profesora de filosofía Alicia Eva Garea Traba.

 

 

 

 

 

Gallego
Certame "Jóvenes Investigadores" 2012

Sección: 

Dúas profesoras en centros de Rois (A Coruña) e Pontevedra obteñen senllos Premios Nacionais eTwinning 2013

A profesora do CPI Plurilingüe dos Dices de Rois (A Coruña) Céline Benmessaoud Lareo obtivo un dos dez premios nacionales eTwinning co seu proxecto "Como é o teu colexio?", realizado conxuntamente co centro francés Collège René Cassin de L' Isle Jourdain. O proxecto obtivera a terceira posición dun total de 87 candidatos.

Por outra banda, a profesora do Colexio Inmaculada SEK-Atlántico de Pontevedra Susana Fontán acadou o "Premio Europeo ao mellor proxecto desenvolvido en español" —patrocinado polo Ministerio de Cultura, Educación e Deportes de España— co seu traballo "I tell you - You tell me a tale/ Cóntoche - Cóntasme un conto", realizado conxuntamente co centro italiano Circolo Didattico "Giovanni XXIII" di Corigliano.

O premio consiste na invitación á Conferencia Anual eTwinning, que na edición do ano 2013 terá lugar en Lisboa no mes de marzo.

Gallego
Premios Nacionais eTwinning 2013

Endesa Educa: programa educativo enfocado á educación energética

Este programa pretende fomentar un uso eficiente e racional da electricidade e promover a toma de conciencia sobre o valor da enerxía para unha mellor calidade de vida.
Ofrece unha serie de actividades educativas gratuítas dirixidas tanto aos centros educativos de España como ao público en xeral. O propósito é dar a coñecer o mundo da enerxía no seu sentido máis extenso, tratando desde o aforro enerxético no fogar, até o funcionamento das centrais eléctricas.

As actividades divídense en catro tipos:

  • Actividades en liña: na web de Endesa Educa, atópanse todo tipo de recursos e actividades virtuais. Únicamente cómpre rexistrarse gratuitamente.
  • Visitas á instalacións: pódense visitar centrais térmicas convencionais, térmicas de ciclo combinado e centros de control.
  • Actividades en Centros Informativos de Endesa: actividades sobre enerxía e eficiencia enerxética dirixidas por un docente e adaptadas aos diferentes niveis educativos nos Centros Informativos de Endesa en distintas cidades.
  • Obradoiros nas Escolas: un docente desprázase ao centro para impartir unha actividade sobre electricidade e  electromagnetismo baseada na experimentación.

 

Gallego
Endesa Educa

Sección: 

III Concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e transplantes: "a vida, o mellor agasallo"

Este concurso de curtametraxes dirixido aos escolares para o curso 2012/2013 ten como tema central a doazón de órganos e os transplantes. O seu principal obxectivo é achegar esta realidade á poboazón escolar da comunidade autónoma de Galicia.

Poderá participar no concurso o alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio de todos os centros educativos, tantos sostidos con fondos públicos coma privados, da comunidade autónoma galega.

Premios:

  • Primeiro premio: vale para o centro por valor de 1000 € para a adquisición de material escolar, vale para o alumnado por valor de 1000 € e un ordenador portátil para o profesor titor do traballo presentado.
  • Segundo premio: vale par o centro de 750 € para a adquisición de de material escolar, vale para o alumnado por valor de 750 € e un ordenador portátil para o profesor titor do traballo presentado.

O prazo de presentación das curtametraxes rematará o 12 de abril de 2013.

Gallego
III Concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e transplant

Sección: 

Cultura e Educación, a Fundación SM e as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo colaboran no VI Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado inmigrante

O encontro celébrase hoxe na Escola Galega de Administración Pública, e ten como obxectivo o intercambio de ideas e coñecementos para o impulso da investigación e a innovación neste eido

Gallego
O VI Seminario Nacional ‘Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, Experiencia
O VI Seminario Nacional ‘Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, Experiencia e innovación’, que se celebra hoxe e mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación SM e a Rede Inmigración, Educación e Sociedade (RIES) – formada pola USC e a UVigo- , colaboran na celebración do VI Seminario Nacional ‘Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, Experiencia e innovación’, que se celebra hoxe e mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela. Á fronte da organización está o grupo competitivo do sistema de I+D ‘ESCULCA’, da USC.

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, representou á Consellería na inauguración deste encontro, na que tamén estiveron presentes o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan casares Long; o decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Rodolfo Luis Ferradas Blanco;  o director da Fundación SM e o presidente do Comité Organizador do evento, Miguel Anxo Bastos Boubeta. Durante o transcurso do acto entregouse o Premio a Materiais Didácticos da Rede RIES a Concepción Varela Portela polo seu traballo A educación intercultural na aula de Lingua Castelá e Literatura.

O seminario ten como obxectivo o intercambio de ideas, experiencias e coñecementos entre os profesionais que se dedican á atención educativo do alumnado inmigrante, para o impulso da investigación e a innovación neste eido. Así, o encontro está pensado para a ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre eles, poñer en valor e proxectos a este respecto e axudar a difundir estas boas prácticas, co fin de acadar unha mellora organizativa e curricular nos centros de ensino. Desta forma búscase tamén favorecer novos enfoques de formación do profesorado neste ámbito, abrindo vías para a constitución de comunidades de aprendizaxe e para a conformación de grupos de investigación-acción.

Por outra banda, o seminario procura fomentar o establecemento de canles de conexión estables entre as escolas, as familias e os concellos arredor de programas socio-educativos para a integración e inclusión da inmigración.

A actividade será recoñecida con 10 horas de formación do profesorado, así como cun crédito de libre configuración para os estudantes de titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC

Debate e presentación de experiencias

O encontro comezará cunha ponencia de Agustín Godás Otero (USC) sobre o rendemento educativo do alumnado inmigrante en España. A primeira xornada pecharase coa mesa redonda, coordinada por Diana Priegue (USC), “As posibilidades dun proxecto social e intercultural desde os centros educativos e a sociedade civil”, na que participará o director do IES Carlos Casares (Viana do Bolo), Carlos Ferreiro; a presidenta de CONFAPA- Galicia, Helena Gómez; e do pedagogo do Concello de Vigo, Rafael Ojea.

O programa do domingo arrincará coa ponencia de Mª Jesús Agra Pardiñas (USC) “A educación artística no desenvolvemento intercultural da infancia”, tras a que se celebrarán catro obradoiros simultáneos. Neles, a experta en educación infantil Gena Borrajo afondará na xestión da diversidade cultural, Mar Lorenzo (USC) abordará a aprendizaxe cooperativa e a calidade na atención educativa ao alumnado inmigrante, e Mª Teresa Díaz (USC) presentará os materiais e recursos para o ensino de segundas linguas a este colectivo de estudantes. Pola súa banda, Raúl Portero (IES Porto do Son) tratará o cine como recurso educativo de carácter intercultural, e Beatriz Cebreiro será a responsable do obradoiro “Competencia dixital e proxectos educativos interculturais”.

A xornada da tarde será a quenda para a presentación de experiencias e boas prácticas, coordinada por Gerardo Nistal, do Centro de Formación e Recursos (CEFORE) da Coruña. Jose Luis Ruibal, do CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea), presentará a iniciativa do centro para a educación intercultural a través de curtas audiovisuais; mentres que Julia Camiña e Flora García amosarán os materiais interactivos que o CEIP A Carballeira (Lourizán) utiliza para a iniciación ao galego dos alumnado estranxeiro. Así mesmo, Juan Monte, do CEIP Paradai (Lugo), abordará a estimulación da linguaxe oral nestes estudantes.

O seminario pecharase coa conferencia do xefe do departamento de Desenvolvemento Docente e Políticas Educativas da UNESCO, Francesc Pedró, “Políticas Educativas en Europa e Xestión da Inmigración en España”.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Grupo de intercambio e colaboración do profesorado do Plan Proxecta en Redeiras

Vense de abrir o grupo de intercambio e colaboración do profesorado do Plan Proxecta na rede social Redeiras e invítase a todas as persoas participantes nesta iniciativa a formar parte del. Este espazo dixital está pensado para converterse no eixe central da rede de traballo colaborativo entre o profesorado, un lugar para o intercambio de experiencias e para a colaboración.

O Plan Proxecta está dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros mediante programas externos que fomenten proxectos enfocados no desenvolvemento das competencias e da educación en valores.

Para acceder á rede social do profesorado Redeiras so hai que utilizar o usuario e contrasinal do correo persoal EDU.

Login Redeiras

 

Unha vez se entra na aplicación, a persoa xa se converte automáticamente en usuaria da rede sen outra acción ou xestión. Na pantalla de inicio ou na pestana de Grupos accédese ao grupo Plan Proxecta pulsando na ligazón da listaxe. Unha vez dentro, só queda pulsar o botón Unirse ao grupo.

Unirse ao grupo

 

Gallego
Plan Proxecta en Redeiras

Sección: 

Está aberta a convocatoria do Selo "Boa Práctica Iberoamericana Leer.es", unha iniciativa que recoñece propostas didácticas innovadoras

O Selo “Boa Práctica Iberoamericana Leer.es” é unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Centro Virtual Leer.es que busca dar recoñecemento a propostas didácticas de todo o ámbito iberoamericano que estean contribuíndo, nas súas linguas oficiais, a desenvolver a competencia en comunicación lingüística, utilizando as TIC como ferramenta indispensable e a Rede para a súa difusión.
Valoraranse aquelas experiencias realizadas en cualquera área de aprendizaxe que integren todas as alfabetizacións (lectora, dixital, mediática) a través dunha variedade de textos en distintos soportes (impreso, dixital e audiovisual), así como aquelas dirixidas a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.

Modalidades

Existen cinco modalidades:

  1. Aulas de Educación Infantil e de Educación Primaria (idades comprendidas entre os tres e os doce anos).
  2. Aulas de Educación Secundaria (idades comprendidas entre doce e dezaoito anos).
  3. Traballos de colaboración entre centros.
  4. Bibliotecas escolares.
  5. Outros ámbitos (bibliotecas públicas, asociacións, fundacións, etc.).

Periodicidade

O Centro Virtual Leer.es outorgará mensualmente un “Selo Boa Práctica Iberoamericana Leer.es” a experiencias correspondentes ás cinco modalidades indicadas, e realizará a súa publicación dixital nos primeiros días de cada mes.

Gallego
Selo "Boa Práctica Iberoamericana Leer.es"

Sección: 

O repositorio de contidos de espazoAbalar incrementouse en 27 novos recursos procedentes de Licenzas de estudos

O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.164 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.

Nesta ocasión as aportacións proceden dunha primeira selección dos materiais producidos nas Licenzas de estudo do ano 2011/2012 por parte de: 
  • Elia Villamarín Díaz e Xoán Trigo Armesto co proxecto "Contamos do deporte" con Unidades didácticas en LIM para traballar as matemáticas en 5º de Primaria.
  • Nela Abella Cruz con Unidades didácticas en galego para a área de Coñecemento do Medio no 3º Ciclo de Primaria.
  • María Albarellos Codesido e Julia González Pérez con actividades para traballar a lectura comprensiva dentro do proxecto "Camiños de lectura".
  • Jesús Arribi Vilela con diferentes titoriais dentro do proxecto "Actividades Abalar para tecnoloxía".
  • Abraham Domínguez Cuña cunha Secuencia didáctica feita con Cuadernia sobre "Hábitos saudables e sostibles na escola".

 

Gallego
Repositorio do Espazo Abalar

Sección: