Gallego

Proxecto experimental de formación profesional dual do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos no CIFP Politécnico de Santiago, en colaboración coa empresa Coremain, S.L.U.

Gallego

Xúntase a Orde do 10 de xaneiro de 2013 pola que se autoriza un proxecto experimental de formación profesional dual do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos no CIFP Politécnico de Santiago, en colaboración coa empresa Coremain, S.L.U.

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xaneiro ata as 13.00 horas do día 25 de xaneiro de 2013.

Sección: 

A Fundación Amancio Ortega convoca 100 bolsas para realizar primeiro de bacharelato nun instituto canadense durante o curso 2013/2014

As bolsas "Estudia en Canadá" da Fundación Amancio Ortega van dirixidas a alumnado que estea cursando 4º de ESO nun centro educativo español.

Trátase dun programa que ofrece a posibilidade de pasar o curso escolar 2013/2014 en distritos escolares de catro provincias canadenses angloparlantes: Alberta, British Columbia, Nova Escocia e Ontario. O alumnado convivirá durante 10 meses cunha familia de acollida, en poboacións de tamaño medio, e co obxectivo de integrarse totalmente na comunidade escolar, de xeito que poida mellorar o seu nivel de coñecemento do idioma e a súa formación.

As bolsas cobren o cento por cento dos gastos do curso académico e ofrecen seguimento e apoio continuo durante a estancia. Tamén se inclúen as viaxes de ida e volta, o aloxamento en familia, a manutención durante o curso e un seguro médico e de accidentes.

O prazo de solicitude vai do 14 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2013 e debe realizarse a través da plataforma informativa e de xestión do programa.

Gallego
Bolsas "Estudia en Canadá"

Tema: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2012/2013

Gallego

Xúntase a Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e se procede á súa convocatoria para o curso académico 2012-2013.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Portal Educativo e na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Colectivo: 

O prazo de presentación de traballos de alumnado de secundaria e ciclos medios para o Premio Xavier Domingo remata o 15 de xaneiro de 2013

O Premio Xavier Domingo é un concurso dirixido a alumnado de 4º de ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao medio matriculado durante o curso 2012/2013 en centros de ensino españois. O seu fin é fomentar o coñecemento de aspectos científicos e tecnolóxicos da vida cotiá dentro dos ámbitos da deterxencia e a cosmética.

O prazo de presentación de traballos remata o 15 de xaneiro e debe facerse enviando un correo electrónico a sae.futurs@ub.edu coa seguinte información:

  •     Asunto/Tema: Premio Xavier Domingo.
  •     Título do traballo e nome completo do/a autor/a.
  •     Adxuntar o traballo de investigación.
  •     Adxuntar a ficha cos datos do/a autor/a (descargar a ficha)
     
Gallego
Premio Xavier Domingo

Sección: 

Publicación dos traballos galardoados nos Premios Nacionais Fomento da Lectura da Prensa 2011

O Ministerio acaba de publicar os proxectos que acadaron os Premios Nacionais Fomento da Lectura da Prensa 2011 e de poñelos a disposición da comunidade educativa.

Os resultados deste certame bianual foron particularmente positivos para o profesorado e os centros galegos, que acadaron o primeiro e o segundo premio, así como a 1ª e a 4º mención de honra, facendo estes proxectos particularmente atractivos para a comunidade educativa galega.

Os premiados foron:

  • 1º premio: A arte e a imaxe a través da prensa, da profesora Gisela García Ron, do CEIP de Curtis (A Coruña)
  • 2º premio: Prensa e construción de sentido nas escolas contemporáneas, do profesor Manuel Gil Labrador, do IES Valle-Inclán (Pontevedra)
  • 1ª mención de honra: Proxecto Revista Entrepontes, dos profesores Mª Josefa Lorenzo Torea, Mercedes Rivas Vicente:, Rosa M. Conde Vieiro, Jesús Sánchez Bugallo, Juan Luis de la Sotilla Varela e Guillermo Hernández Rodríguez, do IES Campo de San Alberto (Noia - A Coruña)
  • 4ª mención de honra: Fomentando a lectura de prensa desde a biblioteca, dos profesores Mª Raquel Arias Arias e Eduardo Rey Moure, do IES Gregorio Fernández. (Sarria - Lugo)
Gallego
Premios nacionais Fomento de lectura da prensa 2011

Sección: 

Publícanse os traballos que recibiron os Premios Nacionais de Innovación Educativa 2011

O MECD acaba de poñer a disposición da comunidade educativa os traballos galardoados cos Premios Nacionais de Innovación Educativa 2011.

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) publica nun volume colectivo a versión resumida de diferentes proxectos premiados co obxectivo de que sirvan como modelo para acadar a innovación educativa nas aulas. Esta serie de experiencias están baseadas en proxectos cotiás nas aulas e ofrecen ao profesorado recursos innovadores que contribúan a mellorar a práctica docente, afrontando os retos que ten o sistema educativo na sociedade do século XXI.

Para aquelas persoas que estean interesadas nunha visión máis profunda das tres experiencias principais, o CNIIE ofrece por separado unha versión máis extensa e completa:

  1. Primeiro premio: "Enredados. 20 propuestas de aprendizaje cooperativo basadas en la web 2.0" (acceso á publicación)
    Enredados
  2. Segundo Premio: "Mujer y memoria: dos aspectos fundamentales de nuestra historia más reciente" (acceso á publicación)
    Mujer y memoria
  3. Terceiro premio: "Ecolenteja" (acceso á publicación)

Ecolenteja

Gallego
Premios Nacionais de Innovación Educativa 2011

Sección: 

O prazo de solicitude da Convocatoria para a provisión de postos de persoal docente no exterior comeza o 9 de xaneiro de 2013

Publícase a Orde ECD/2784/2012, do 19 de decembro de 2012, pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de persoal docente no exterior.
Poderán solicitar estes postos os funcionarios de carreira pertencentes aos Corpos de Catedráticos e Profesores de Ensinanza Secundaria e Mestres de calquera que sexa a Administración educativa da que dependan.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de quince días hábiles que comezará a computarse o día 9 de xaneiro de 2013.
Para máis información descargar o arquivo anexo da convocatoria.

 

 

Gallego
BOE

Colectivo: 

Sección: 

Convócase o Premio Escolar Paz e Cooperación 2013 “El Arte, Lenguaje Universal-Creatividad para la Paz” para profesorado e alumnado de todo o mundo

A ONG “Paz y Cooperación” e a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) convocan o Premio Escolar Paz e Cooperación 2013 “El Arte, Lenguaje Universal-Creatividad para la Paz” para escolares e profesorado de todo o mundo coa pretensión de transmitir valores sociais e persoais a través de actividades para a educación para a paz e mellora das relacións humanas.


Categorías:

  1. Debuxo libre (ata os 6 anos)
  2. Debuxo con mensaxe escrita (de 7 a 12 anos)
  3. Mural ou traballo en grupo (de 12 a 15 anos)
  4. Arte libre (de 16 a 18 anos)
  5. Escola de Belas Artes
  6. Os docentes tamén contan
  7. Exposición Universal da Diversidade Cultural para o Diálogo
  8. Multimedia

Os traballos presentaranse en calquera das 6 linguas oficiais de Nacións Unidas (árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso).
O prazo de entrega dos traballos finaliza o 5 de xullo de 2013.


Premios:

  • 6 diplomas en cada categoría
  • 8 premios de 300 €
Gallego
Premio Escolar Paz e Cooperación 2013 “El Arte, Lenguaje Universal-Creatividad p

Sección: 

III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos 2013 para alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca o III concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizadas para estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A participación pode ser individual ou en grupos (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado.

Categorías:

  • 1º e 2º da ESO
  • 3º e 4º da ESO
  • Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio (categoría educaBarrié)

Premios:

Concederase un premio a cada unha das categorías. A cada traballo premiado corresponderalle un diploma para o centro e material informático para o titor e os estudantes participantes.

Calendario:

  • Inscrición dos traballos: do 10/12/2012 ao 15/01/2013
  • Data límite de entrega dos traballos: do 01/04/2013 ao 15/04/2013
  • Fallo do xurado: do 23/05/2013 ao 31/05/2013
Gallego
III Concurso Incubadora de Sondaxes e e Experimentos 2013

Sección: 

O CEIP "Ponte dos Brozos", de Arteixo (A Coruña) acadou o 1º premio de carácter estatal do ano 2012 para centros docentes que desenvolvan boas prácticas

O GAL (Grupo de Adquisición de Linguas) do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo (A Coruña) recibiu o 1º premio de carácter estatal do ano 2012 para centros docentes que desenvolvan boas prácticas na categoría de acción dirixidas á compensación do alumnado que se atopa en entornos sociais desfavorables.

O título do traballo é "Español con iPad con alumnado extranjero" e pode descargarse no arquivo adxunto.

 

 

 

 

Gallego
"Español con iPad con alumnado extranjero"

Sección: