Título node Learning object
Publicación dos traballos galardoados nos Premios Nacionais Fomento da Lectura da Prensa 2011
Ven, 28/12/2012 - 14:47
O Ministerio acaba de publicar os proxectos que acadaron os Premios Nacionais Fomento da Lectura da Prensa 2011 e de poñelos a disposición da comunidade educativa.
Os resultados deste certame bianual foron particularmente positivos para o profesorado e os centros galegos, que acadaron o primeiro e o segundo premio, así como a 1ª e a 4º mención de honra, facendo estes proxectos particularmente atractivos para a comunidade educativa galega.
Os premiados foron:
- 1º premio: A arte e a imaxe a través da prensa, da profesora Gisela García Ron, do CEIP de Curtis (A Coruña)
- 2º premio: Prensa e construción de sentido nas escolas contemporáneas, do profesor Manuel Gil Labrador, do IES Valle-Inclán (Pontevedra)
- 1ª mención de honra: Proxecto Revista Entrepontes, dos profesores Mª Josefa Lorenzo Torea, Mercedes Rivas Vicente:, Rosa M. Conde Vieiro, Jesús Sánchez Bugallo, Juan Luis de la Sotilla Varela e Guillermo Hernández Rodríguez, do IES Campo de San Alberto (Noia - A Coruña)
- 4ª mención de honra: Fomentando a lectura de prensa desde a biblioteca, dos profesores Mª Raquel Arias Arias e Eduardo Rey Moure, do IES Gregorio Fernández. (Sarria - Lugo)