Título node Learning object
Convócase o Premio Escolar Paz e Cooperación 2013 “El Arte, Lenguaje Universal-Creatividad para la Paz” para profesorado e alumnado de todo o mundo
Xov, 27/12/2012 - 13:54
A ONG “Paz y Cooperación” e a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) convocan o Premio Escolar Paz e Cooperación 2013 “El Arte, Lenguaje Universal-Creatividad para la Paz” para escolares e profesorado de todo o mundo coa pretensión de transmitir valores sociais e persoais a través de actividades para a educación para a paz e mellora das relacións humanas.
Categorías:
- Debuxo libre (ata os 6 anos)
- Debuxo con mensaxe escrita (de 7 a 12 anos)
- Mural ou traballo en grupo (de 12 a 15 anos)
- Arte libre (de 16 a 18 anos)
- Escola de Belas Artes
- Os docentes tamén contan
- Exposición Universal da Diversidade Cultural para o Diálogo
- Multimedia
Os traballos presentaranse en calquera das 6 linguas oficiais de Nacións Unidas (árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso).
O prazo de entrega dos traballos finaliza o 5 de xullo de 2013.
Premios:
- 6 diplomas en cada categoría
- 8 premios de 300 €