Gallego

Xornadas de educación viaria no Concello de Vigo

O Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo está a desenvolver as "II Jornadas de Educación Vial en los centros educativos de Vigo" co foco nas consecuencias da sinistralidade dos adolescentes. No seu desenvolvemento participan tamén a Policía Local de Vigo e a Delegación Provincial da Dirección Xeral de Tráfico.

Ao longo do curso 2012-13, desde novembro a abril, participarán nesta iniciativa 13 institutos do concello: IES Coruxo, IES do Castro, IES Ricardo Mella, IES Santa Irene, IES Os Rosais 2, IES San Tomé de Freixeiro, IES Politécnico de Vigo, IES de Beade, IES Álvaro Cunqueiro, IES A Guía, IES Castelao, CIFP Valentín Paz Andrade e o IES Alexandre Bóveda. O alumnado destinatario son rapaces e rapazas de 4º da ESO e bacharelato (16 a 18 anos).

O obxectivo destas xornadas é concienciar o alumnado da necesidade de revisar as súas prácticas viarias para contribuír á diminución da accidentalidade a través da prevención e poñer as bases de traballo da educación viaria nos centros participantes.  

Cada centro recibe un seminario de 2 horas e media no que unha responsable da DXT, un policía local de Vigo e un médico asistencial do Hospital de Fátima realizan unha exposición sobre os elevados índices de sinistralidade da provincia de Pontevedra, as causas dos accidentes de tráfico e mais sobre as repercusións destes na saúde das persoas afectadas. Simbolicamente, nas sesións de inicio e peche, participa tamén unha personalidade do ámbito da condución deportiva.

O Hospital de Fátima, pioneiro en formación para a prevención, atende desde a unidade de tratamento de lesionados 7000 persoas accidentadas cada ano, das cales arredor de 750 debe acudir diariamente a rehabilitación. As cifras de tratamento asistencial sitúan no 35 % a atención ás vítimas de accidentes de tráfico neste hospital, o que significa que máis dun terzo dos pacientes deste centro hospitalario acoden por causa dun accidente de tráfico.

Este é o segundo ano que se desenvolve esta iniciativa e xa recibiu o recoñecemento ao seu labor formativo a través do Premio Nacional do Diario Médico, outorgado recentemente en Barcelona.

Gallego
Hospital Nuestra Señora de Fátima (Vigo)

Tema: 

Sección: 

Educando en igualdade. Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros educativos

Co título "Educando en igualdade" circula pola rede un blog elaborado por docentes de diferentes niveis de ensino e especialidades da provincia de Pontevedra. A súa finalidade é contribuír a xuntar e difundir materiais e recursos de interese para a comunidade educativa arredor do tema da igualdade entre homes e mulleres.

Os recursos clasifícanse en distintas seccións segundo a etapa educativa para favorecer as buscas. Ademais, os distintos recursos veñen etiquetados tematicamente para orientar a súa explotación didáctica. Co fin de favorecer o fluxo de información inclúese tamén un apartado de "suxestións" e un correo electrónico de contacto.

 

 

Gallego
Blog Educando en igualdade

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Convocatoria de axudas para a participación no Programa de Cooperación Territorial Escolas Viaxeiras durante o período da primavera 2013

Resolución de 5 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar no Programa de Cooperación Territorial Escolas Viaxeiras durante o período da primavera de 2013.

O alumnado que desexe participar, deberá solicitalo a través de la dirección do seu centro, formando un grupo de 12 a 15 alumnos/as cun profesor que deberá ser o titor ou, se fora o caso, un profesor dos que habitualmente lles imparte clase, que se responsabilizará a todos os efectos da axeitada participación do grupo na actividade.
O profesorado acompañante será o responsable da elaboración do proxecto de participación dacordo coas orientacións xerais que figuran como anexo IV da convocatoria.

A xestión debe realizarse por vía telemática na ferramenta de xestión que está accesible na páxina de información sobre o programa do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes.

Gallego
Escolas Viaxeiras 2013

Sección: 

O conselleiro de Cultura e Educación en funcións felicita ao IES de Sabón pola obtención do premio da Fundación Telefónica de innovación educativa

Xesús Vázquez Abad visitou hoxe este centro, que obtivo un dos primeiros premios deste certame

Docentes do IES de Porto do Son, CEIP Manuel Sieiro, EEI de Milladoiro e Colexio Luís Vives resultaron tamén galardoados nesta edición dos premios

Gallego
Xesús Vázquez Abad visitou hoxe este centro, que obtivo un dos primeiros premios
Xesús Vázquez Abad visitou hoxe este centro, que obtivo un dos primeiros premios

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, felicitou hoxe en persoa á comunidade educativa do IES de Sabón (Arteixo, A Coruña) pola obtención dun dos primeiros premios concedidos pola Fundación Telefónica á innovación educativa. Durante a súa visita a este instituto estivo acompañado pola directora, Mª Isabel Pardo,  pola delegada da Xunta en funcións na Coruña, Camino Triguero; polo xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana; e polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso; Vázquez Abad salientou este recoñecemento como un impulso ao labor que docentes, alumnas e alumnos realizan a prol da busca de novas fórmulas metodolóxicas e didácticas arredor da práctica educativa e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.

O IES de Sabón resultou gañador do primeiro premio na categoría de 15 a 17 anos da modalidade B destes galardóns, a dirixida a traballos que responden ao uso pedagóxico de realizar tarefas de exercitación e práctica a partir de recursos interactivos dixitais. A viaxe de Alicia con e-adventure: coñece a túa cidade é un proxecto dirixido polos docentes Sonia Vivero Nogueiras, Pilar Martínez Souto e Agapito Muñíz Sánchez; no que o xogador axuda á personaxe da aventura gráfica a voltar á casa  explorando distintos escenarios da localidade da Coruña en distintas épocas, ao tempo fai unha viaxe paralela pola mitoloxía, arte, toponimia, xeografía e historia da zona. O xurado do premio salientou este traballo como unha proposta innovadora, motivadora e orixinal, no que combinan acertadamente a tecnoloxía e os obxectivos e metodoloxía didáctica. O proxecto pode atoparse no enlace web: http://jordipereda.com/alicia/alicia.htm .

Ademais do IES de Sabón, neste certame foron premiados proxectos nos que participaron os o IES de Porto do Son, o CEIP Manuel Sieiro, a EEI de Milladoiro e o Colexio Luís Vives.

Visita ao IES

O titular en funcións do departamento educativo da Xunta de Galicia aproveitou a súa estancia no centro para coñecer as instalacións nas que estudan o seus 243 alumnas e alumnos, e que a Consellería vén de mellorar coa construción durante o verán dunha rampla, o que supuxo un investimento de preto de 10.000 euros.

Ademais, Vázquez Abad felicitou á comunidade educativa do centro polo traballo realizado na biblioteca escolar para fomentar o seu uso como espazo de lectura, aprendizaxe e investigación por parte do alumnado. De feito, o centro ten recibido 20.150 euros para o desenvolvemento de actividades, entre as que destacan os clubs de lectura. O bo facer deste instituto neste eido viuse recoñecido este mesmo curso, coa súa integración no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería.

Tras o seu paso por este centro, o conselleiro en funcións visitou, no mesmo concellom as instalacións dos CEIP Ponte dos Brozos e CEIP de Arteixo.

Outras galardóns á innovación educativa

Os galardóns da Fundación Telefónica recoñeceron tamén o traballo de outros centros educativos galegos a prol da innovación educativa. Así, o MarinoFeQ, realizado por Francisco Mariño Domínguez, profesor do IES Porto do Son, resultou gañador do terceiro premio na modalidade A, dirixida a traballos que responden ao uso pedagóxico de dar soporte á clase a partir de recursos dixitais de 15 a 17 anos. Trátase dunha páxina para a integración das TIC no ensino da Física e Química en secundaria, que destaca pola súa fácil navegabilidade e accesabilidade, así como pola multitude de recursos, ferramentas, e material multimedia e colaborativo que ofrece.

Ilusionarte coas TIC é un blogue realizado por Concepción Villar Suárez, da EEI de Milladoiro, que obtivo o segundo premio na modalidade C, de  traballos dirixidos a alumnado de 3 a 8 anos, que responden ao uso pedagóxico de realizar produccións en pequeno grupo a partir de recursos dixitais. O blogue recolle as actividades que realizan as alumnas e alumnos do segundo ciclo de infantil na actividade de Linguaxe Audiovisual e Novas Tecnoloxías: debuxos, fotografías, vídeos, música, programas de radio... Ademais, queda patente a implicación das familias e o traballo en colaboración con escritores e compañeiros de outros colexios.

O proxecto que acadou o segundo premio na modalidade D, de traballos que responden ao uso pedagóxico en proxectos interescolares na aula de 3 a 8 anos, é froito da colaboración entre o CEIP Manuel Sieiro, a EEI de Milladoiro e o Colexio Luís Vives, coordinado polas docentes Patricia Doval Rodríguez, Concepción Villar Suárez e Belén Rodríguez González. Proxecta con nós ten como obxectivo  crear unha curta sobre a conservación do medio ambiente, dando a coñecer o morcego como especie animal favorecedora da conservación dos ecosistemas. Neste caso o xurado salientou a coordinación entre os centros, así como a participación activa das alumnas e alumnos en todas as fases do traballo.

Sección: 

Xa está aberto o prazo de solicitude do Programa de Cooperación Territorial "Rutas Literarias" para o curso 2012/2013

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de publicar no BOE a convocatoria de axudas para participar no Programa de Cooperación Territorial «Rutas literarias» durante o curso 2012/2013. Trátase dun programa educativo no que dous grupos de 24 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO de distintas Comunidades Autónomas conviven e coñecen unha das 17 rutas establecidas ao longo de todo o territorio español.

A través dunha serie de itinerarios, relacionados con autores ou textos literarios, búscase fomentar o hábito lector entre o alumnado ao tempo que se favorece o coñecemento e aprecio da riqueza cultural, lingüística, social e ambiental de España, así como a convivencia entre alumnado de diferentes comunidades.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de novembro de 2012. A xestión debe facerse a través da aplicación de xestión do portal web do Ministerio.

 

Gallego
Rutas Literarias

Sección: 

Convocatoria de axudas para participación no programa de cooperación territorial “Centros de Educación Ambiental” durante o ano 2013.

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado de centros docentes españois que cursen Educación Secundaria Obrigatoria.
Para participar nesta actividade, o alumnado interesado deberá solicitalo, a través da dirección do seu centro, formando un grupo de 20 a 24 alumnos/as cun ou dous profesores acompañantes, dos que habitualmente lles imparten clase, a ser posible o titor.
O prazo para presentación de solicitudes remata o 29 de novembro de 2012.

A xestión debe realizarse por vía telemática na ferramenta de xestión que está accesible na páxina de información sobre o programa na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

 

 

 

Gallego
BOE

Sección: 

O concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo "O Monte é a Nosa Vida" está dirixido a todo o alumnado da ESO de Galicia

Nova edición do concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo organizado por Confemadera Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Medio Rural e do Mar.

Este concurso está dirixido a alumnado da ESO dos centros educativos de toda Galicia que poderán presentarse de forma individual ou colectiva. Como novidade, este ano inclúese unha categoría colectiva para centros de Educación Especial da nosa comunidade.
Os participantes deberán plasmar nunha foto, debuxo, colaxe, vídeo... exemplos de montes reais do seu ámbito nos que se dean as tres vertentes de riqueza forestal, dende o punto de vista económico, social e ambiental. Os materiais enviados deberán estar acompañados por unha explicación escrita que describa estes tres valores do monte elixido.

En paralelo, técnicos de Confemadera Galicia realizarán charlas divulgativas sobre a importancia do monte galego nos centros interesados. A solicitude pode facerse enviando un mail a: omonteeanosavida@maderasdegalicia.com.

A data límite para enviar os traballos será o 30 de abril de 2013. O 30 de maio de 2013 darase a coñecer o nome dos gañadores.
Para máis información, descargar o arquivo anexo das bases do concurso.
 

Gallego
Concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo "O Monte é a Nosa Vida"

Sección: 

Concurso de Proxectos de Educación Viaria: 1ª Edición 2012/2013

A Dirección Xeral de Tráfico convoca este concurso co obxectivo de potenciar a Educación Viaria nos Proxectos Educativos dos Centros Escolares en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial, así como unha modalidade de Teatro para Persoas con Discapacidade, dentro do ámbito estatal, para o curso escolar 2012/2013.


Bases:
Poderán participar todos os Centros Educativos de España nos que se impartan ensinanzas non universitarias, conxunta ou separadamente, que presenten proxectos orixinais que foran levados á práctica real e convenientemente avaliados, así como os centros específicos dirixidos a persoas con discapacidade.


Modalidades de participación:

  • Modalidade A: elaboración de Proxectos de Educación Viaria.
  • Modalidade B: deseño e elaboración de materiais e recursos de Educación Viaria vinculados ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Modalidade C: dirixida unicamente a usuarios con algún tipo de discapacidade, escolarizados en centros específicos, integrados en aulas normalizadas, centros ocupacionais ou asociacións diversas. Consistirá na presentación dun guión teatral (escrito e representado).

 

Prazos de presentación: antes do 20 de xuño de 2013.
 

Premios:

  • Modalidades A e B: tres premios de 2000 €; tres accésits de 1000 €; 5 compensacións de 500 €.
  • Modalidade C: Primeiro premio de 2000 €, segundo premio de 1500 € e terceiro premio de 1000 €. Seis accésits de 500 €. Todos os participantes recibirán un pequeno premio.

Para máis información descargar o arquivo anexo.

Gallego
Concurso de Proxectos de Educación Viaria

Xornadas sobre Programas Europeos. O contexto actual. 2012-2013

Durante os días 16 e 17 de novembro celebraranse na EGAP, Santiago de Compostela, as Xornadas sobre Programas Europeos. O contexto actual. 2012–2013.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa considera os programas europeos como un factor clave para avanzar cara unha mellora do sistema educativo galego. As convocatorias de programas europeos forman parte desta estratexia mediante accións que buscan optimizar os recursos xa existentes, organizalos de xeito eficaz e darlle apoio e recoñecemento ao profesorado e aos centros que poñan en práctica unha ou varias das 21 accións que forman parte dela.

Código da actividade: G1202010

Gallego
Xornadas sobre Programas Europeos. O contexto actual. 2012-2013

Tema: 

O conselleiro de Cultura e Educación en funcións aposta pola biblioteca escolar como un espazo de creación e innovación

Vázquez Abad avogou por consolidar as competencias lectoras entre o alumnado na inauguración das IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, baixo o lema ‘Ler para ver’

Este encontro reúne a 1.100 profesores de toda a Comunidade Autónoma, e foi un éxito de convocatoria, con máis de 1.400 recibidas na Consellería

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesú
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe no Pazo de Congresos de Santiago as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia ‘Ler para ver’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad,  inaugurou hoxe no Pazo de Congresos de Santiago as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia ‘Ler para ver’, onde apostou pola biblioteca escolar como “un espazo de creación e pensamento crítico, de encontro e de cohesión social, de unión entre a innovación tecnolóxica e a pedagóxica”. Neste marco, e diante de 1.100 profesores de toda Galicia – o encontro foi un éxito, xa que máis de 1.400 profesores solicitaron asistir-, o titular en funcións do departamento educativo da Xunta de Galicia recordou as conclusións derivadas do congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito - celebrado o ano pasado en Santiago- , nas que quedaron patentes tanto o importante papel das bibliotecas e dos docentes que traballan con elas, como as áreas nas que é preciso mellorar o seu uso.

Para iso, Vázquez Abad avogou por consolidar as competencias lectoras. “Seguindo esa estela,- explicou-  as xornadas deste ano céntranse na alfabetización mediática e informacional, requisito previo imprescindible para o desenvolvemento sustentable de sociedades do coñecemento abertas, participativas e  inclusivas e das institucións, comunidades e individuos que as integran”. “Unha combinación de coñecementos, competencias e prácticas precisas para acceder e comunicar coñecementos de xeito creativo e ético, respectando os dereitos humanos”, salientou.

Docentes, o motor da biblioteca

Ademais, o conselleiro en funcións agradeceu o traballo dos docentes para converter progresivamente as bibliotecas escolares “en lugares centrais da vida de cada comunidade educativa”. “Vostedes - dixo- son, en definitiva, o seu motor, esforzados docentes que veneran o coñecemento e a súa transmisión, amantes dos libros, que desexan que os seus alumnos se convertan en lectores competentes, en usuarios eficientes e críticos das distintas fontes de información das que na actualidade poden dispoñer”.

Neste sentido, Vázquez Abad animounos a seguir traballando para espertar o gusto polo coñecemento entre o alumnado, así como a integración dos novos recursos e ferramentas na práctica educativa. Neste acto Vázquez Abad estivo acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jose Manuel Pinal Rodríguez; e polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reúne a 1.100 persoas na que é a cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. Logo da paréntese de 2011 (ocasionada pola celebración, nas datas acostumadas, do que fora o congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, con carácter estatal), reanúdase esta actividade que se desenvolve en Compostela.

O obxectivo deste encontro é que os asistentes poidan mellorar a súa formación en todo o relacionado coa lectura na actual sociedade da información, así como as estratexias necesarias para unha axeitada educación neste terreo, especialmente no que atinxe a uso da biblioteca como espazo para a información, a lectura e a aprendizaxe de forma transversal en todas as materias impartidas en colexios e institutos.

Lectura, medios e Internet

O lema destas xornadas, ‘Ler para ver’, recolle a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, dos medios polos que se transmite información na sociedade actual, máis aló de soportes ou xéneros discursivos.

Para afondar neste tema, desenvolveranse conferencias plenarias nas que Fabio Tropea e Tíscar Lara abordarán a lectura crítica na era de Internet; e as relacións entre os medios de comunicación, a aprendizaxe dixital e as bibliotecas escolares. Pola súa parte, Luis González impartirá a conferencia final Lectura no século XXI e biblioteca escolar.

O programa destas xornadas complétase con mesas de experiencias, coa participación de expertos en distintos medios, relacionándoos coa educación (prensa, radio, cómic, videoxogos, arte, audiovisuais, vídeo, cine, animación....) e responsables de bibliotecas escolares con boas prácticas nestes ámbitos.

A Consellería facilitará o seguimento das xornadas a todos os interesados, a través da retransmisión en streaming das sesións, que poderán seguirse desde o Portal educativo da Consellería, nas páxinas web do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) www.edu.xunta.gal/centros/cafi   e na de Bibliotecas Escolares http://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/ .

Colectivo: 

Sección: