Gallego

O Congreso Internacional EDUTEC 2012 "Canarias en tres continentes dixitais" terá lugar nas Palmas de Gran Canaria do 14 ao 16 de novembro

Do 14 ao 16 de novembro terá lugar nas Palmas de Gran Canaria, o congreso “Canarias en tres continentes dixitais: educación, TIC, NET-Coaching” EDUTEC 2012.
Este congreso ten como finalidade abrir un foro de debate sobre a presenza das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos diferentes contextos sociais para propiciar o intercambio de coñecemento e a información dixital entre África, América e Europa.
Preténdese tamén intercambiar entre os diferentes profesionais de diversos contextos, o papel das TIC na sociedade do coñecemento e impulsar a presentación de novas liñas de traballo coas TIC na educación formal e non formal.

 

 

 

Gallego
Congreso Internacional EDUTEC 2012

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Proxecto Napo: a seguridade e a saúde na educación

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) lanzou un proxecto destinado a sensibilizar ao alumnado de educación primaria sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo.
Utilizando o divertido personaxe de animación “Napo” creáronse unha serie de materiais educativos totalmente gratuítos para o profesorado. Estas ferramentas contan con vídeos e actividades para axudar o alumnado de entre 7 e 11 anos a entender e saber actuar ante cuestións básicas de seguridade.

O obxectivo é inculcar uns hábitos seguros desde a idade máis temperá.

 

 

Gallego
Proxecto Napo: a seguridade e a saúde na educación

Sección: 

VI Edición do Certame Xuvenil de Curtametraxes "¡No te cortes!"

O CILIJ (Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil) e a Fundación VOCES presentan a VI Edición do Certame Xuvenil de Curtametraxes “¡No te cortes!” co obxectivo de promover a creación artística audiovisual entre os nenos e nenas e a mocidade.
O prazo de admisión abriuse o pasado 15 de xuño, e finaliza o próximo 1 de novembro de 2012.
Poderán enviar os seus traballos todos aqueles rapaces menores de 18 anos, e alumnado menor de 22 anos que estea matriculado en Institutos de Educación Secundaria, Centros Integrados de Formación Profesional e centros docentes autorizados, que impartan Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao Superior.
As bases, e outros datos de interese, poden consultarse na web do certame.

 

Gallego
VI Edición do Certame Xuvenil de Curtametraxes "Non te cortes"

Sección: 

O 9 e 10 de novembro celebrarase en Bilbao o IX Congreso Internacional da Fundación Internacional Novas Claves Educativas "Obxectos perdidos"

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terá lugar en Bilbao o IX Congreso Internacional Novas Claves Educativas, que este ano terá por nome “Obxectos perdidos” e está dedicado ás altas capacidades e as dificultades específicas da aprendizaxe.

Neste congreso farase ver a importancia de identificar e potenciar as fortalezas que todo o alumnado posúe.

 

 

 

 

 

 

Gallego
IX Congreso Internacional da Fundación Internacional Novas Claves Educativas

Colectivo: 

Congreso Nacional de Contidos Educativos Dixitais: 4, 5 e 6 de outubro de 2012 en Mérida

Os días 4, 5 e 6 de outubro de 2012 ten lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Mérida o Congreso Contidos Educativos Dixitais. A liña principal que orienta o seu desenvolvemento é a presentación e análise de diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización destes tipos de contidos.
Ademais de intervencións institucionais, o programa contará coa participación de relatores de prestixio internacional, obradoiros temáticos, mesas redondas, comunicacións e experiencias educativas.
Está dirixido tanto ao profesorado dos diferentes niveis e etapas educativas como aos responsables e administradores do campo docente procedentes de todo o Estado.
Este congreso trata de brindar un marco de encontro no que os docentes de todas as autonomías, as administracións educativas competentes na materia e a industria do sector teñan ocasión de presentar os seus modelos, experiencias e resultados no campo dos contidos educativos en formato dixital.

Gallego
Congreso Nacional de Contidos Educativos Dixitais

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

O Concurso escolar de debuxos Defensor do Pobo sobre dereitos humanos abre o seu prazo de inscrición até o 20 de novembro

Co fin de promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois, a Defensora do Pobo, Fundar e a ONG Globalización dos Dereitos Humanos convocan o X concurso escolar de debuxos Defensor do Pobo 2012.

Participantes: alumnado de ensinanzas Primaria e Secundaria de España.

Cada alumno/a deberá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4.

Premios: cinco premios para Primaria e cinco para Secundaria, consistentes nun ordenador portátil netbook para cada gañador. Os premiados tamén recibirán do Defensor do Pobo unha axuda económica para o seu desprazamento a Madrid para recoller o premio.

Prazo: antes do 20 de novembro de 2012.

Para máis detalles consultar as bases do concurso.
 

Gallego
Concurso escolar de debuxo sobre dereitos humanos

Sección: 

O IES de Fontiñas ven de recibir o premio "European Language Label of the Labels Awards" polo seu proxecto EUROCATERING.ORG

O proxecto EUROCATERING.ORG, desenvolvido polo IES As Fontiñas e coordinado pola Asunción Acosta García, acaba de recibir o premio "European Language Label of the Labels Awards", concedido pola Comision Europea en Limassol, Chipre.

No ano 2009 publicouse en Internet o curso en liña EUROCATERING na páxina http://www.eurocatering.org, resultado dun proxecto do programa Leonardo da Vinci B de competencia lingüística. Eurocatering é un curso gratuíto pensado para o sector da hostalaría que se pode realizar en 7 linguas: esloveno, español, francés, galego, holandés, inglés e noruegués. Este proxecto, no que participaron distintos centros e profesorado de 7 países europeos, foi continuado noutro proxecto (Key Activities 2-Languages) de nome Eurocathos, no que se realizou unha ampliación do proxecto anterior a 12 linguas (as anteriores máis o alemán, finlandés, gaélico, italiano e polaco) e estase a elaborar outro curso en liña centrado na recepción de hotel, tamén en 12 linguas.

A presentación do proxecto e o lanzamento europeo de EUROCATERING en 12 linguas será o próximo día 5 de outubro, venres, ás 17:00  e terá lugar no IES as Fontiñas de Santiago de Compostela.

Gallego
Eurocatering.org

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha a terceira edición de “Navega con Rumbo” para a prevención do ciberacoso

As 200 accións previstas, incluídas no Proxecto Abalar, están dirixidas á formación do alumnado, profesorado e familias

Esta actuación realizarase, novamente, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Gallego
Web www.navegaconrumbo.es
Web www.navegaconrumbo.es

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha a terceira edición do programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo que se desenvolverá a través de 200 accións formativas. O programa ten como obxectivo á formación do alumnado nas boas practicas no uso das TIC, para previr o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e facer un uso responsable das redes sociais.

Esta formación, incluída dentro do Proxecto Abalar, levarase a cabo a través dun protocolo de actuación co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Ao abeiro desta colaboración, especialistas do Colexio achegaranse unha edición máis aos centros educativos para impartir charlas divulgativas de unha hora de duración nas que lles ensinarán aos escolares a navegar por Internet dun xeito útil e responsable, coa implicación tamén do profesorado.

As sesións divulgativas estarán apoiadas por Guías de Boas Prácticas dirixidas tanto ao alumnado coma ás familias e profesorado, que se poden descargar en formato electrónico, e de balde, da web www.navegaconrumbo.es, na que ademais existe a posibilidade de descargar ditas guías en formato electrónico, ofrece xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa.

Balance

Está é terceira edición de Navega con Rumbo tras a súa posta en marcha hai dous anos grazas a un convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o CPEIG. Na primeira edición déronse 90 sesións informativas en centros educativos de Galicia, e no curso 2011/12 chegaron a preto de 140, cifra que Cultura e Educación recorda que chegará esta terceira edición ás 200 accións e outros tantos colexios.

Así, a Consellería en colaboración coa Amtega e o CPEIG impulsaron o coñecemento e a difusión do Proxecto Abalar coa posta en marcha desta iniciativa complementaria dirixida a pais, alumnos e profesores, co obxectivo de ampliar as actividades previstas no proxecto Abalar, que permiten á comunidade educativa aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles ao seu alcance. Unha oportunidade que continuará nesta terceira edición a través do xa citado acordo de colaboración.

Sección: 

Proxectos galegos gañadores do Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa 2012

Esta semana anunciáronse os gañadores dos Premios Fundación Telefónica de innovación educativa 2012. Os traballos premiados poden verse no seguinte enderezo web:

http://premioeducacion.fundaciontelefonica.com/archives/5272

Noraboa aos catro proxectos realizados en centros de Galicia! Son os seguintes:
Terceiro premio na modalidade A: traballos que responden ao uso pedagóxico de dar soporte á clase a partir de recursos dixitais de 15 a 17 anos. O autor é Francisco Mariño Domínguez, profesor do IES Porto do Son.
Trátase dunha páxina realizada con Netvibes que enlaza numerosos recursos utilizados por Francisco nas súas clases de Física e Química: presentacións, vídeos exercicios, imaxes... A destacar os seus mapas conceptuais e a web Quen é quen? na que fai unha contextualización histórica dos avances da ciencia.
Primeiro premio na modalidade B: traballos que responden ao uso pedagóxico de realizar tarefas a partir de recursos interactivos dixitais de 15 a 17 anos. Aventura gráfica situada na cidade de A Coruña en distintas épocas. Para executala é necesario ter instalado Java.
Está creada por dúas profesoras e un profesor do IES de Sabón: Sonia Vivero Nogueiras, Pilar Martínez Souto e Agapito Muñíz Sánchez.
Segundo premio na modalidade C: traballos que responden ao uso pedagóxico de realizar producións en pequeño grupo a partir de recursos dixitais de 3 a 8 anos.
Blog no que a profesora Concepción Villar Suárez, da EEI de Milladoiro, recolle a evolución das actividades realizadas polo alumnado do 2º ciclo de educación infantil: contos, producións audiovisuais, programas de radio...
Segundo premio na modalidade D: traballos que responden ao uso pedagóxico de traballar en proxectos interescolares na aula de 3 a 8 anos.
Proxecto colaborativo coa participación de tres centros para crear varios cortos que teñen como protagonistas os morcegos co obxectivo de fomentar a lectura e concienciar na conservación do medio ambiente.
As coordinadoras deste proxecto son Patricia Doval Rodríguez (CEIP Manuel Sieiro), Concepción Villar Suárez (EEI de Milladoiro) e Belén Rodríguez González (CPR Luis Vives).
Gallego
Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa 2012

Sección: 

Novo curso na sección "Formación Aberta" da Aula Virtual do CAFI: Elaboración de materiais didácticos con eXe-Learning

"Formación Aberta" é a sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados  e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.

É importante sinalar que, como o fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, non se poderá solicitar titorización ou certificación a través destes recursos en aberto. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartino ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.

Nestas datas engadiuse un novo curso a esta sección:

Ademáis pódese ter acceso a outros cursos xa incluídos anteriormente:

Gallego
Aula Virtual do CAFI

Tema: 

Colectivo: 

Sección: