Gallego

A Rede CeMIT abre un Espazo Multimedia de Aprendizaxe para realizar cursos de formación dixital online

A Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) vén de poñer en marcha unha aula virtual na súa web, que permitirá aos usuarios formarse en novas tecnoloxías desde calquera punto con acceso a internet. O novo “Espazo Multimedia de Aprendizaxe” ten xa dispoñibles nove cursos de teleformación sobre diferentes categorías temáticas de capacitación dixital.

Os novos cursos en liña estarán abertos todo o ano, polo que non é necesaria a matriculación ou reserva de praza antes da realización do curso. Desta forma bastará con entrar no “Espazo Multimedia de Aprendizaxe”, identificarse como usuario da rede CeMIT e, unha vez dentro, premer no curso desexado para acceder aos seus contidos e poder comezar a formación.

Na web CeMIT atópase un titorial que, de forma breve, explica como se realiza o proceso de inscrición como usuario na rede CeMIT e a utilización do “Espazo Multimedia de Aprendizaxe”.

Temática
Os 9 cursos dispoñibles online formarán aos usuarios e usuarias na utilización de recursos, ferramentas e programas informáticos e abordan diferentes temáticas relacionados coas novas tecnoloxías. O catálogo de cursos en liña dispoñible é o seguinte :

  1. Como manexar os nosos datos persoais. Lei orgánica de protección de datos.
  2. Prevención de riscos laborais no uso das TIC.
  3. GIMP. Unha ferramenta en software libre para o deseño dixital.
  4. Audacity: edición de son en software libre.
  5. Openshot: unha ferramenta en software libre para a edición de vídeo.
  6. Klavaro. Unha ferramenta para mellorar a mecanografía.
  7. AbanQ: Xestión empresarial.
  8. Elaboración de carteis e folletos: Scribus, Inkscape.
  9. Xogos de adestramento mental: Gbrainy, Pezas e mini-aplicacións.
Gallego
EMA. Espazo Multimedia de Aprendizaxe

Sección: 

Convócase o II Premio "José Manuel Esteve" ao mellor artigo publicado en revistas científicas de educación durante o ano 2011

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Málaga convoca o II Premio “José Manuel Esteve”, co fin de recoñecer e recordar o seu labor docente e investigador no campo da Pedagoxía do que foi catedrático de Teoría da Educación desta Universidade e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Oviedo.
Poderán concorrer ao premio todos aqueles artigos foran publicados en castelán, en revistas científicas de educación no transcurso do 2011.
A extensión máxima será de 15.000 palabras.
As persoas concorrentes presentarán un só artigo para a súa estimación.
Prazo de presentación: antes do 31 de xullo de 2012.
O premio está dotado con 3.000 €.

 

 

Gallego
II Premio "José Manuel Esteve"

Colectivo: 

Sección: 

Fundación Promete

Esta fundación sen ánimo de lucro está dedicada especificamente a contribuír a un mellor desenvolvemento do talento da xente moza a nivel estatal.
O proxecto de Fundación Promete é un proxecto de innovación social e educativa co obxectivo de dinamizar o cambio na comunidade educativa cara a un novo modelo baseado no desenvolvemento do talento mediante a personalización e a autonomía da aprendizaxe, a atención á diversidade e o desenvolvemento das comunidades educativas.
Fundación Promete desenvolve proxectos no ámbito educativo (O meu Colexio Promete ou A miña Aula Promete), no ámbito familiar (Comunidade Promete ou Ti Prometes), e de ámbito global, unindo a todos os axentes (O meu Territorio PrometeO meu Colectivo Promete ou Escola Corporativa Promete), así como proxectos específicos como Campus Talentia, un campus de verán de desenvolvemento do talento creativo, ou Ágora Talentia, evento anual de presentación, debate e reflexión sobre boas prácticas para o desenvolvemento do talento.

 

Gallego
Fundación Promete

Sección: 

ineveryCREA: unha comunidade de creatividade educativa

Este portal vai dirixido a todos os colectivos que teñan unha relación coa educación e que busquen un espazo para compartir recursos e ideas en torno á creatividade do alumnado e do profesorado.

ineveryCREA é un portal que supón un punto de encontro onde compartir, debater e reflexionar en torno á educación 2.0.

 

 

 

 

 

Gallego
ineveryCREA

Sección: 

A Asociación "Mejora tu Escuela Pública" convoca o III Concurso "Buenas Prácticas Educativas MEP" para proxectos realizados durante o curso 2011/2012

A Asociación "Mejora tu Escuela Pública (MEP)" convoca a III edición do concurso de boas prácticas en colaboración coa obra social "la Caixa" e "Editex", co obxectivo de promover e valorar as boas prácticas da comunidade educativa dos centros públicos.
Quérense dar a coñecer as experiencias pedagóxicas traballadas nas aulas durante o curso 2011/2012; que os profesionais da educación conten o que están a facer para que se recoñeza, se comparta e se difunda; que os bos resultados sexan exemplo dunha boa práctica con impacto nos procesos de aprendizaxe.

Categorías:

  • Primeira: para centros de Educación Infantil, Primaria, Educación Especial e Aulas específicas de Educación Especial.
  • Segunda: centros de Educación Secundaria, Formación Profesional, Bacharelato, centros de Formación de Adultos e Escolas de Idiomas.

Premios:
Cada unha das categorías terá un primeiro premio de 2.000€ e un segundo 1.000€, respectivamente.


O 31 de outubro de 2012 finaliza o prazo de entrega das experiencias.


Formulario de inscrición

 

 

Gallego
"Mejora tu Escuela Pública"

Colectivo: 

Sección: 

O departamento TIC do CAFI e a Comisión TIC da rede permanente de formación ofrecen un Itinerario Formativo de Competencia Dixital para a docencia

Para axudar ao profesorado a acadar o nivel de competencia que precisa para unha correcta integración das TIC nas aulas da nosa Comunidade Autónoma, o Departamento TIC do CAFI, en coordinación coa Comisión TIC da rede permanente de formación, elaborou un Itinerario de Formación de Competencia Dixital para a docencia.
O itinerario consta de cinco cursos, deseñados para cubrir as necesidades formativas do profesorado dende un nivel básico inicial ata outro máis avanzado.Os dous primeiros cursos (básico inicial e básico) programaranse en todos os CFR e no CAFI a partir de setembro. Os tres últimos (medio inicial, medio e avanzado) son cursos en rede que se desenvolverán en Platega.

Para un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita, o profesorado dispón dunha ferramenta de autoavaliación de competencia TIC con cinco cuestionarios.

A inscrición nos cursos do itinerario TIC realízase a través da aplicación Fprofe, unha vez realizado o cuestionario de autoavaliación e de acordo cos seus resultados.

Gallego
Itinerario formativo de competencia dixital docente

Tema: 

Sección: 

8 alumnas e 2 alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia ganan o concurso de xornalismo escolar "El País de los Estudiantes"

O comité de redacción da revista Entrepontes do IES Campo de San Alberto de Noia (A Coruña), formado polas alumnas Alba Patiño Díaz, Paula Martínez Moledo, Míriam López Romero, Sara Molinos Lago, Celia Agra Gándara, Desiré Méndez Brito, Ana María Insua Lago e Mariluz Montes Araque e os alumnos Martín García Pais e Daniel Suárez Pazos ven de acadar o primeiro premio no XI concurso de xornalismo escolar "El País de los Estudiantes", organizado polo diario El País en colaboración con diferentes entidades públicas e privadas. Este equipo estivo coordinado pola profesora María Josefa Lorenzo Torea coa participación do profesor Marcos Calaza Montes.

Este xornal realizado nunha plataforma dixital conta cunha crónica sobre o movemento solidario en torno á nena boirense Paula, unha reportaxe sobre o marisqueo a pé das mulleres da ría de Noia e con entrevistas en profundidade a Luz Casal, Chus Lago e a pedagoga Antía Cal.

A publicación pódese consultar pulsando aquí.

Gallego
Entrega de premios de El País de los Estudiantes

Sección: 

Plan anual de formación do profesorado 2012/2013

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2012/2013. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación da listaxe dos novos centros que se incorporarán no vindeiro curso 2012/2013 á Rede Abalar

Gallego

Publícase a listaxe dos novos centros que se incorporarán no vindeiro curso 2012/2013 á Rede Abalar.

 

Tema: 

Sección: 

Convócase o concurso europeo Xeración 1992 organizado pola Dirección Xeral de Mercado Interior da Unión Europea

Dentro dos actos programados para a celebración do XX aniversario do mercado único e, en concreto, a Semana do Mercado Único, a Dirección Xeral de Mercado Interior organiza o concurso «Xeración 1992», dirixido a mozos e mozas de 20 años. O obxectivo é sensibilizar á xente moza europea sobre o mercado único e promover a reflexión e o debate sobre como inflúe o mercado único nas súas vidas cotidianas.

Poden participar neste concurso todas as persoas que sexan cidadás da Unión Europea e que naceran entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1992.

Os concursantes deben elixir un tema:
• Educación e cidadanía.
• Emprego e espírito emprendedor.
• Cultura e ocio.
• Consumo e medio ambiente.
E un formato creativo:
• Artigo (texto).
• Vídeo.
• Fotografía.
• Cómic.
• Aplicación para teléfonos intelixentes.
Cada concursante pode presentar un máximo de dúas contribucións, que deberán ter dous formatos creativos distintos. Poden presentarse tamén contribucións en grupo.

Aparte dos premios (InterRail Global Pass para dúas persoas, cámara réflex dixital (híbrida) Olympus EP-M, iPod Touch 8GB e vales de compra), os 20 finalistas seleccionados serán invitados a participar na Semana Europea do Mercado Único que se celebrará en Bruxelas en outubro de 2012.

O límite de envío dos traballos participantes será o 9 de setembro de 2012 ás 24:00 h. (hora de Europa Central).

Gallego
Generation 1992

Sección: