Gallego

Documentación

Innova-Lab 2024/25

Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de proxectos admitidos no programa Innova-Lab, conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de proxectos admitidos no programa Innova-Lab, conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

 

CP-Innova | Documentación

 

 

Gallego
Logo FSE
Logo Gobierno de España

File: 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Preguntas frecuentes

1. Que centros poden participar?

Só centros públicos dependentes desta consellería (EEI, CRA, CEIP, CEE, CEP, CPI, EPAPU e IES).

 

2. Cantas modalidades se poden incluír nun mesmo Plan de Mellora?

Ata un máximo de dúas, sendo obrigatoriamente unha delas 1. Mat-Lab ou 2. Leo-Lab.

 

3. Cando remata o prazo para presentar as solicitudes e o proxecto da convocatoria 2023/24?

O prazo rematará o 13 de novembro de 2024.

 

4. Como se solicita a participación?

Primeiro, a persoa responsable da dirección do centro deberá entrar na aplicación informática habilitada para tal fin introducindo as súas credenciais.

A continuación, no apartado "Aplicativo" deberá seleccionar a opción Programas de éxito educativo; no apartado "Convocatoria" seleccionará o curso correspondente (2024/2025), e no apartado "Programa" deberá premer Innova-Lab 2024/25. Finalmente premerá o botón SELECCIONAR.

Unha vez dentro do aplicativo deberá premer no apartado Detalles programa na columna da esquerda. Na parte inferior aparecerá a pestana laranxa SOLICITAR. Deberá premer nela e completar os datos básicos da solicitude. A continuación premerá a pestana laranxa CREAR, na parte inferior da páxina.

Creada a solicitude, seleccionará as modalidades nas que desexa participar. Debe recordar que, como máximo, o centro educativo soamente poderá participar en dúas modalidades, tendo que ser obrigatoriamente unha delas 1. Mat-Lab ou 2. Leo-Lab. Seleccionadas as modalidades, premerá GARDAR e posteriormente PRESENTAR.

A continuación premerá na columna da esquerda Listar solicitudes, e verá ao lado da solicitude creada o botón "Editar proxecto solicitude". Unha vez cubertos os apartados, premerá ENVIAR. Durante os períodos habilitados, deberá introducir o profesorado e o alumnado participante.

 

5. Onde se publicará a información da Resolución desta convocatoria?

Na sección de Anuncios do Portal Educativo e no sitio web de Innova-Lab.

 

6. Como se pode realizar unha reclamación?

Unha vez rematado o proceso de selección, a comisión fará pública a resolución provisional, que se publicará no Portal Educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/).

A publicación da resolución provisional abrirá un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias que deberán presentarse no enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es

Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, se é o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e/ou renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta definitiva á persoa titular da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa que resolverá a relación final dos proxectos seleccionados.

 

7. Como se pode renunciar despois de realizar unha solicitude?

As renuncias realizaranse a través dunha certificación da dirección do centro na que figure de xeito explícito a renuncia á concesión de Innova-Lab e, se é o caso, as causas que motivan esta renuncia. Deberán remitirse ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es

 

8. Quen elabora o proxecto en materia de innovación educativa que se vai desenvolver?

O equipo directivo.

 

9. Que duración ten o programa Innova-Lab?

O curso escolar para o que se convoca, isto é, 2024/25.

 

10. Ten algún tipo de recoñecemento a participación do profesorado participante no programa Innova-Lab?

Certificarase como actividade de innovación educativa (20 h) para o profesorado do centro que participe directamente no desenvolvemento das actuacións. Emitirase unha única certificación independentemente do número de modalidades nas que se participe e do rol que se desempeñe nelas.

 

11. Contarán os centros educativos con recursos extraordinarios para o desenvolvemento do programa?

Poderán contar con recursos económicos extraordinarios -gastos de funcionamento- para cada unha das modalidades concedidas en función das necesidades detectadas polo centro.

 

12. Xustificación dos recursos económicos recibidos para o curso 2024/25.

Os recursos económicos recibidos a través de Innova-Lab xustificaranse a través da aplicación XECOCENTROS. Os gastos deberán realizarse, preferentemente, durante o curso académico correspondente. No caso de que por distintas razóns isto non fose posible e se tivesen que realizar no primeiro trimestre do curso seguinte, as facturas resultantes deberán recoller o seguinte texto: “Gastos de funcionamento derivados da participación en Innova-Lab do curso __/__.”

 

13. Memoria das actuacións desenvolvidas no curso 2024/25.

Tras o remate do programa, os centros participantes deberán cubrir na aplicación informática a memoria das actuacións desenvolvidas ao abeiro do programa Innova-Lab, tal como establece a convocatoria no apartado 14.3. A memoria deberá incorporar (a través de ligazóns, imaxes ...) mostras do produto final acadado que permitan constatar o desenvolvemento axeitado do proxecto en materia de innovación educativa. Non será necesario enviar a memoria por ningún outro medio.

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Que é Innova-Lab?

Innova-Lab é unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional enmarcada dentro do Programa para o Impulso de Centros Referentes que persegue proporcionarlles aos centros educativos públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino.

Os destinatarios son EEI, CRA, CEP, CEIP, CEE, CPI, EPAPU e IES públicos de Galicia.

O programa poderá desenvolver como máximo dúas das liñas descritas a continuación, sendo unha delas obrigatoriamente a liña 1. Mat-Lab ou a 2. Leo-Lab.

1. Mat-Lab: O centro educativo como promotor do razoamento científico e do uso das novas tecnoloxías, con especial fincapé na competencia matemática

1.1. Descrición da modalidade

Esta modalidade busca fomentar o pensamento crítico e o razoamento científico, a creatividade e a resolución de problemas a través de proxectos interdisciplinarios e actividades prácticas para desenvolver especialmente a competencia matemática. Así, os e as estudantes teñen a oportunidade de traballar en proxectos colaborativos que aborden desafíos do mundo real, promovendo tanto a aprendizaxe teórica coma a súa aplicación práctica. Ademais, o proxecto Mat-Lab pon énfase o uso de tecnoloxías emerxentes e de ferramentas dixitais para mellorar a experiencia educativa e preparar os estudantes para un futuro nun mundo cada vez máis tecnolóxico e interconectado.

1.2. Obxectivos

  1. Promover dinámicas para a mellora da competencia matemática do alumnado dende un punto de partida innovador e cun marcado carácter experimental a través de actividades, obradoiros, etc.

  2. Desenvolver e aplicar a perspectiva e o razoamento matemático co fin de resolver problemas diversos en diferentes contextos.

  3. Ofrecerlle ao alumnado metodoloxías didácticas diversificadas e activas para garantir o desenvolvemento máximo do seu potencial e a personalización da aprendizaxe nun mundo tecnolóxico e dixital.

  4. Comprender o mundo utilizando os métodos científicos, o pensamento e representación matemática, a tecnoloxía, os métodos da enxeñaría e mais a reflexión humanística para transformar a contorna de forma comprometida, responsable e sostible.

     

2. Leo-Lab: O centro educativo como promotor da mellora da comprensión lectora da comunidade escolar.

2.1. Descrición da modalidade

A comprensión lectora é a competencia básica do alumnado, e a súa consecución debe ser unha das máximas prioridades do sistema educativo actual; polo tanto, resulta imprescindible recoñecer o papel da lectura como unha das portas de inclusión á vida social e cultural ás que todas as persoas deben acceder logo de teren superadas as diferentes etapas educativas. Leo-Lab procura impulsar unha serie de actuacións destinadas a favorecer máis e mellores experiencias de lectura para todas as persoas integrantes da comunidade escolar.

Así mesmo, búscase promover a evolución dos plans de lectura nos centros como recursos para a planificación de iniciativas a prol da lectura, da escritura e dos multialfabetismos en relación estreita coas áreas e materias do currículo escolar.

2.2. Obxectivos

  1. Promover actividades innovadoras e integrar ferramentas tecnolóxicas para mellorar a comprensión lectora do alumnado.

  2. Fomentar a investigación docente sobre a lectura como alfabetización múltiple e o traballo coa ficción dixital para identificar e aplicar as prácticas educativas máis efectivas.

  3. Fomentar o tratamento da información a través do traballo con textos tanto de ficción coma de non ficción.

  4. Involucrar a comunidade educativa na promoción da lectura, reforzando iniciativas para sectores menos predispostos e incentivando a participación das familias.

 

3. Inter-Lab: O centro educativo como promotor da competencia en comunicación lingüística, da competencia plurilingüe e da internacionalización do seu alumnado.

3.1. Descrición da modalidade

A competencia en comunicación lingüística é o fundamento para o pensamento propio e para a construción do coñecemento. Esta competencia iníciase coa lingua materna e compleméntase coa aprendizaxe doutras linguas ambientais e estranxeiras, sendo un medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural. Por outra banda, tal e como recolle a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, “As mobilidades e intercambios de alumnado e de profesorado inciden directamente na mellora da súa competencia comunicativa, ao tempo que favorecen a internacionalización do sistema educativo.” Deste xeito, o incremento na oferta de mobilidades e intercambios semella unha vía de acadar esta mellora.

Esta modalidade trata de favorecer, por unha banda, o contacto dos centros educativos galegos con centros educativos de Europa, o que implica alumnado e profesorado e permite fomentar un maior interese por outras culturas e realidades; e, por outra banda, a promoción de actividades ou proxectos centrados no coñecemento e uso por parte do alumnado das distintas linguas, orais ou signadas.

3.2. Obxectivos

  1. Promover proxectos que impliquen o alumnado nos que o emprego das linguas sexa o eixe principal, cunha duración mínima dun curso escolar. Priorizaranse aqueles proxectos que impliquen alumnado de diferentes niveis.

  2. Favorecer iniciativas dos centros educativos no eido da internacionalización que lles ofrezan oportunidades tanto ao alumnado coma ao persoal docente para ampliaren o seu dominio lingüístico e o coñecemento doutras culturas.

  3. Establecer redes de traballo internacionais que integren a Educación para o Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Mundial.

  4. Favorecer os intercambios virtuais entre alumnado de distintos centros educativos galegos ou doutros países, cunha duración mínima dun curso escolar.

 

4. Sosti-Lab: O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

4.1. Descrición da modalidade

A transición ecolóxica constitúe un dos núcleos centrais da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e doutros organismos internacionais, tal como se recolle nos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU para os vindeiros anos. A transformación cara a unha economía sostible dende o punto de vista ambiental, circular e climaticamente neutra ten un carácter transversal, polo que depende do compromiso de todos os colectivos da sociedade. Neste sentido, débese garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible e, paralelamente, fomentar a sensibilización, a concienciación e a educación de calidade, xa que son fundamentais de cara a formar unha cidadanía que participe activamente para afrontar o cambio climático e garantir un desenvolvemento sostible.

Esta modalidade consistirá nun conxunto de medidas organizativas e metodolóxicas ou de actividades deseñadas para que os centros educativos evolucionen cara a un funcionamento ambientalmente responsable e desenvolvan unha educación práctica para o desenvolvemento sostible, que impulse a concienciación e a adquisición de hábitos no alumnado, encamiñados a construír unha sociedade futura próspera, ambientalmente sostible e comprometida contra o cambio climático.

4.2. Obxectivos

  1. Poñer en práctica conceptos educativos sobre desenvolvemento sostible e cambio climático, a fin de capacitar o alumnado para adquirir un comportamento ambientalmente responsable.

  2. Familiarizar o alumnado coas fontes de enerxía sostibles e non contaminantes, imprescindibles para combater o cambio climático e que proporcionan beneficios de carácter económico e medioambiental.

  3. Contribuír, dende os centros educativos, a lograr que as cidades, vilas e aldeas sexan espazos inclusivos, seguros, resilientes e sostibles, atendendo especialmente á calidade do aire e mais á xestión de residuos para intentar reducir o seu impacto negativo, minimizar posibles desastres e protexer o patrimonio cultural e natural.

  4. Concienciar o alumnado sobre a necesidade de conservar e protexer os ecosistemas tanto mariños coma terrestres, reducindo a contaminación, restaurando os ecosistemas danados, evitando a perda de diversidade biolóxica ou promovendo unha xestión sostible dos recursos que nos proporcionan.

  5. Fomentar o traballo en rede xunto a outras institucións ou centros educativos que estean a desenvolver proxectos centrados na sostibilidade e na educación contra o cambio climático, e que sexan referentes de boas prácticas neste eido.

 

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Innova-Lab

Acceso á aplicación

Co fin de enfrontar os desafíos do século XXI, a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, que modifica a Lei Orgánica 2/2006 de educación, introduce obxectivos fundamentais para transformar o sistema educativo. Este marco lexislativo busca garantir o éxito educativo de todo o alumnado mediante a mellora continua dos centros educativos e a personalización da aprendizaxe, promovendo a investigación, a experimentación e a innovación.

O Plan de Mellora Educativa de Galicia (Plan MEGA), dirixido a centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para os cursos 2024-25, 2025-26, 2026-27 e 2027-28 establece unhas medidas estruturais destinadas á mellora da calidade educativa, ao incremento do nivel das competencias básicas adquiridas polo alumnado e á mellora da atención educativa para o alumnado con necesidades educativas especiais. Ademais, o Plan MEGA acolle o Programa para o Impulso de Centros Referentes, que convida os centros a desenvolveren proxectos educativos e a promoveren prácticas e metodoloxías que os convertan en centros de referencia e exemplo de boas prácticas dentro dos contextos da inclusión e a innovación educativa.

Ao abeiro do Plan MEGA e partindo do Programa para o Impulso de Centros Referentes desenvólvese o programa Innova-Lab, que busca mellorar os centros escolares mediante a implementación de proxectos de innovación educativa, enfocándose na mellora da competencia matemática e da comprensión lectora, na internacionalización do alumnado e mais na sostibilidade. Para logralo, os centros educativos participantes promoverán métodos de ensino dinámicos e innovadores a fin de mellorar os resultados académicos da competencia matemática. Do mesmo xeito, propiciarán a implementación de estratexias que redunden nunha mellora da comprensión lectora do alumnado. Por outra banda, a internacionalización fomentarase a través de intercambios estudantís e proxectos colaborativos con escolas doutros países, o que mellorará as habilidades lingüísticas e proporcionará unha comprensión máis ampla do mundo. Por último, cómpre que os centros educativos promovan prácticas sostibles para concienciar o alumnado da necesidade dun comportamento respectuoso co medio ambiente.

Innova-Lab oferta 4 liñas de participación. Destas catro modalidades poderánse escoller como máximo dúas, tendo que pertencer obrigatoriamente unha delas ao Bloque 1 (Mat-Lab ou Leo-Lab):

Bloque 1 Bloque 2
1. Mat.Lab 2. Leo-Lab 3. Inter-Lab 4. Sosti-Lab

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 16 de outubro ata o 13 de novembro, e serán presentadas unicamente a través do aplicativo de programaseducativos.

Acceso á publicación no Portal Educativo

Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de proxectos admitidos no programa Innova-Lab, conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de proxectos admitidos no programa Innova-Lab, conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

 

 

Gallego

Peso: 

42

A UIMP convoca axudas para participar na Aula de verán de 2012 "Ortega y Gasset"

A  Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca e organiza a Aula de Verán «Ortega y Gasset», que se levará a cabo no Palacio da Magdalena de Santander.
Esta convocatoria está dirixida a los estudantes con mellores expedientes no bacharelato ou no ciclo formativo de grao superior de formación profesional, que vaian a comezar os seus estudos universitarios no curso académico 2012-2013.

 

 

 

 

Gallego
BOE

Sección: 

A convocatoria da primeira edición dos Premios Medio Ambiente APROEMA 2012 pecha o seu prazo de presentación o 28 de setembro

O obxectivo destes premios é destacar as accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente, coa intención de impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades na mellora do medio ambiente mediante o recoñecemento público a un labor meritorio realizado nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia.

En particular, a modalidade APROEMA Educa vai dirixida a proxectos realizados por grupos de alumnado galego de educación primaria, secundaria e formación profesional de grao medio e superior dirixidos por un profesor ou profesora do centro onde cursen os seus estudos.

Poderán optar ao premio os grupos de estudantes dos centros de ensino primario e secundario e dos centros de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia que realizasen os seus traballos dentro do obxecto desta convocatoria aplicando a metodoloxía científica ou utilizando medios técnicos auxiliares de acordo cos seus correspondentes niveis curriculares.
En todo caso, os traballos deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora do centro no que curse os seus estudos o alumnado, o/a docente presentará a solicitude como responsable e en representación do grupo e incluirá a autorización do director ou directora do centro.

O prazo de presentación de candidaturas irá do 1 de Xuño ao 28 de setembro de 2012, ambos incluídos. Os traballos ou proxectos que sexan obxecto de valoración enviaranse nun sobre pechado  ao seguinte enderezo postal:

Aproema
Avda. García Barbón 104, 1º andar
36201, Vigo, Pontevedra

 

 

Gallego
Premios Medio Ambiente APROEMA 2012

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación impulsa a educación inclusiva co concerto ‘Arte pola igualdade’, no Conservatorio Profesional de Musica da Coruña

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu hoxe ao recital, interpretado por alumnos con necesidades educativas especiais do CEE María Mariño

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a apostar pola educación inclusiva, desta vez a través da organización da gala Arte pola Igualdade, celebrada hoxe no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu a este concerto, interpretado por alumnos con necesidades educativas especiais do Centro de Educación Especial María Mariño (A Coruña) que realizaron o curso preparatorio para o exame de acceso ao Grao Elemental que se vén desenvolvendo dende o mes de marzo no Conservatorio herculino. Ao concerto asistiu ademais o xefe territorial da Consellería na provincia da Coruña, Indalecio Cabana.

No recital os alumnos do CEE María Mariño interpretaron O Velorio. A continuación un grupo de profesores e alumnos do Conservatorio Profesional de Música interpretaron Ce heures la, de D. Dene Cheau; Cumbia, de Catiplana; La route des avaloirs, de B. Le Tron; Canción de Berce, de Celso Emilio Ferreiro con música de Bieito Romero; e Troquemos, canción tradicional. Finalmente, houbo unha actuación conxunta do conservatorio Profesional de Música e os alumnos do CEE María Mariño, os que interpretaron Redonda de Bande, Ribeirana, Fandango de Redondela e Danza entrelazada de Allariz.

Atención á diversidade

Deste xeito a Consellería pon manifesto o seu compromiso coa atención á diversidade do alumnado galego, á súa integración social e laboral, poñendo á súa disposición os mesmos servizos educativos e formativos cos que conta o resto da cidadanía, entre eles e neste caso, as ensinanzas reguladas de música.

Neste sentido cómpre salientar o labor do CEE María Mariño para facilitar a integración social e laboral dos seus 37 alumnas e alumnos alumnado, fomentando que cada un dos estudantes acade o máximo nivel de autonomía posible. Para acadar estes obxectivos de normalización e inclusión educativa, o CEE promove valores como a tolerancia, o respecto ás diferenzas e as actitudes de colaboración e axuda, para o que é imprescindible a profesionalidade dos 19 mestres que traballan no centro.

O curso preparatorio supuxo unha aposta pola innovación educativa, así como polo nivel de autonomía dos centros escolares. Así, este proxecto significou a incorporación de once estudantes, de entre 12 e 18 anos, con necesidades educativas especiais, tales como síndrome de Down ou síndrome de Williams, a sesións de formación musical de cara á proba de acceso ao Grao Elemental que se realiza o 21 deste mes. Un exame no que se avalían as aptitudes auditivas e vocais, rítmicas e psicomotrices dos alumnos,  aptitudes que estes alumnos desenvolveron ó longo deste cursiño.

Colectivo: 

Gañadores do III concurso para escolares relacionado coa Doazón e Transplantes: "A vida, o mellor agasallo"

A Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) organiza todos os anos o concurso para escolares "A vida, o mellor agasallo" co obxectivo de achegar a doazón e os transplantes á poboación escolar da comunidade autónoma de Galicia.

Este ano, os gañadores das 2 categorías foron:

 

 

Categoría 5º e 6º de Educación Primaria:

  • Primer Premio:
    • Lema: “Camiña cara á doazón”
    • Nome do rapaz/a: Martín Barros Vidal
    • Nome do profesor/a: Susana Vidal Buján
    • Nome do centro: CPR Montesol. Vigo
  • Segundo Premio:
    • Lema: “Doar?”
    • Nome do rapaz/a: Alberto Sánchez Fernández
    • Nome do profesor/a:  Carlos Regojo Solla
    • Nome do centro: CPI Vicente Otero Valcárcel. Carral
  • Accésit:
    • Lema: “Segue ti”
    • Nome do rapaz/a: Sara García Insúa
    • Nome do profesor/a:  Carlos Regojo Solla
    • Nome do centro: CPI Vicente Otero Valcárcel. Carral
  • Accésit:
    • Lema: “Únete á vida. Doa!”
    • Nome do rapaz/a: Silvia González Álvarez
    • Nome do profesor/a:  Mª Elena Iglesias Canto
    • Nome do centro: CEIP Rebordáns. Tui

Categoría 1º e 2º de Educación Secundaria:

  • Primer Premio:
    • Lema: “Multiplica o valor da túa vida. Doa”
    • Nome do rapaz/a: Alberto Alonso Alonso
    • Nome do profesor/a: Almudena Lacomba Maruri
    • Nome do centro: IES Carlos Casares. Vigo
  • Segundo Premio:
    • Lema: “Co teu labor podes salvar moitas vidas. Doa”
    • Nome do rapaz/a: Martín Curty Abreu
    • Nome do profesor/a: Almudena Lacomba Maruri
    • Nome do centro: IES Carlos Casares. Vigo
Gallego
III concurso para escolares relacionado coa Doazón e Transplantes

Sección: 

Resolución do 10 de maio de 2012 pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria de novos programas para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, con carácter experimental, os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

O programa que elaboren os centros poderá recoller unha ou varias das actuacións que se relacionan a continuación, considerando as necesidades e intereses dos seus destinatarios:

1. Reforzo, orientación e apoio.

2. Mellora da lectura, escritura e cálculo.

3. Mellora da convivencia.

4. Redución do abandono escolar.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Colectivo: 

O Proxecto Abalar, impulsado pola Consellería de Cultura e Educación implicará o vindeiro curso a máis de 44.000 alumnos

O conselleiro adiantou hoxe que a rede de centros Abalar incrementarase en 165 centros no 2012/2013 chegando a 535 colexios e institutos, o que significa o 50% dos centros educativos galegos con educación primaria e secundaria obrigatoria

O espazoAbalar acumula máis de 650.000 visitas e máis de medio millón de descargas desde o Repositorio de Contidos Dixitais

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou en rolda de prensa os últimos datos do Proxecto Abalar

O proxecto Abalar, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria implicará o vindeiro curso no proxecto Abalar a máis de 44.000 alumnas e alumnos de 535 centros escolares, dos que 165 se incorporaran a partir do mes de setembro así o anunciou hoxe o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, na rolda de prensa na que presentou as últimas novidades sobre este plan.

Nesta rolda de prensa, na que estivo acompañado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; o conselleiro lembrou que o proxecto Abalar, que o vindeiro curso consolida as súas actividades, completa a introdución das TIC nos centros educativos a través doutras accións. Así, e a través dun convenio con Red.es, o presente cursos foron instalados 782 kits de aula dixital en 645 colexios que non forman parte do Abalar, e que beneficia a outros 15.000 estudantes.

O profesorado, piar fundamental

Vázquez Abad puxo en valor a figura dos docentes e a súa implicación  no Abalar. “Sen a súa colaboración e sen o seu interese pola innovación na metodoloxía educativa non tería sido posible chegar con estes resultados ao terceiro ano de implantación deste proxecto”, dixo.

Para apoiar aos docentes, tal e como indicou, a consellería “vai continuar apostando pola formación do profesorado como unha das claves fundamentais do éxito do Abalar”. Así, para os vindeiros meses programaranse 97 cursos de formación, o que suporá 2.975 horas de formación para 2.000 docentes e 230 coordinadores Abalar. Cómpre lembrar que nos dous anos de implantación do proxecto téñense impartido xa 26.461 horas e 697 actividades de formación, das que se beneficiaron 12.234 docentes e coordinadores.

Nesta mesma liña, a Consellería ten posto en marcha hai dous meses Redeiras, unha rede social para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa. “Redeiras xa conta con preto de 5.500 usuarios rexistrados, e máis de 150 grupos activos, cunha importante actividade, que se reflicte nos vídeos e ficheiros subidos a rede, as entradas de blogs, marcadores e envío o muro, así como as mensaxes intercambiadas entre usuarios”, sinalou Vázquez Abad.

Recoñecemento internacional

Tanto a acollida dos centros e docentes como a das familias poñen de manifesto o valor do proxecto Abalar, posto en marcha polo actual Goberno galego para a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no sistema educativo de Galicia. Pero, tal e como sinalou o conselleiro, “o Abalar xa é un programa contrastado a nivel internacional”.

A este respecto, explicou que Galicia recibiu o pasado mes de marzo a visita de estudo de docentes e profesionais da educación de 14 países europeos, no marco das Study Visit que selecciona o CEDEFOP (European Centre for Development of Vocational Training),que teñen como obxectivo analizar as boas prácticas educativas, neste caso sobre a aplicación das TIC na Educación.

O informe de conclusións do grupo de expertos internacionais sinala que o proxecto Abalar é un proxecto “ben organizado, transparente, claro e transferible”. Ao mesmo tempo, os expertos salientan a grande cantidade de ferramentas web 2.0 que se poden usar dun xeito gratuíto na docencia polos profesores; a posibilidade que teñen de compartir entre eles contidos dixitais e grande cantidade de información a que teñen acceso os docentes mediante o espazoAbalar e outras bases.

Ademais, o devandito informe cualifica como unha práctica “efectiva e anovadora” a posta en marcha dun centro como o Centro Autonómico de Innovación e Formación (CAFI) para formación de profesores en TIC.

Cultura da avaliación

Vázquez Abad fixo fincapé, por outra banda, no exercicio que está a facer a Consellería para aplicar a cultura da autoavaliación aos proxectos que está a desenvolver. Neste sentido indicou que os informes realizados a través da información facilitada polos centros participantes no Abalar permiten concluír a satisfacción das direccións do centro e o apoio do profesorado ao proxecto, patente no seu interese por se formar en materia de TIC.

Ademais, as coordinacións do proxecto son de grande calidade, segundo os datos recollidos. “De feito -sinalou o conselleiro-, o 20% dos coordinadores recibiu algún premio relacionado coa integración das TIC na aula; o 78% elaborou materiais didácticos para uso TIC e o 69% participan en proxectos para innovar as metodoloxías”.

Con todo, Vázquez Abad quixo salientar como o dato máis relevante “que a información facilitada polos centros pon de manifesto que o 98% do alumnado responde positivamente á nova metodoloxía”, o que constitúe o máis importante dos valores do Abalar.

espazoAbalar

Pola súa banda Mar Pereira destacou a gran acollida entre a comunidade educativa que está a ter o espazoAbalar, a plataforma do proxecto a través da cal se favorece a intercomunicación entre familias, docentes e alumnado, e dixo que “no último ano fixéronse preto de 650.000 visitas ao portal e máis de medio millón de descargas de materiais didácticos do Repositorio de Contidos Dixitais”.

Ademais destacou que o espazoFamilias, a través do cal nais e pais poden presentar consultar e presentar xustificación das faltas de asistencia ás clases dos seus fillos, ou as cualificacións, entre outras ferramentas, está a recibir preto de 5.000 visitas mensuais, o que dá conta da funcionalidade das devanditas ferramentas para as nais e pais. As familias tamén son as destinatarias das 131 charlas do Plan Navega con Rumbo que se levan desenvolvido nos centros de ensino.

Respecto do Repositorio de Contido Dixitais, explicou que este espazo continúa a medrar, e conta xa con 1.052 recursos, dos que máis de 350 se engadiron no 2012, máis do 33% do total.

Introdución das TIC

O conselleiro amosou a súa satisfacción por estes resultados e comprometeuse a seguir traballando para dar “pasos importantes na dixitalización dos centros educativos galegos”, a través da incorporación de centros educativos, mellorando a conectividade dos centros e a formación dos docentes.

Neste senso o Vázquez Abad destacou que a introdución das TIC na aulas complétase coa innovadora experiencia piloto na que os contidos das diferentes materias están a ser impartidas en libros dixitais.

Unha incursión na que participaron, de forma voluntaria, dez centros galegos e 410 estudantes de 6º de primaria e 1º da ESO, e no balance do primeiro ano o conselleiro sinalou que “todos implicados valoran a experiencia positivamente. Así na valoración global realizada polas familias, alumnos e profesores a experiencia obtivo unha puntuación media dun 3,8 sobre cinco puntos, sendo a dos profesores dun 4,27”.

Para rematar o titular de Cultura e Educación da Xunta sinalou que “seguimos traballando para que esa gran comunidade escolar  que é o espazoAbalar continúe a medrar e a afondar na súa intercomunicación, con ferramentas como a rede social Redeiras. Unha relación que, sen dúbida, redunda nunha mellora da calidade do sistema educativo galego e que non sería posible sen a achega e as forzas unidas de todas e todos os que o conforman”.

Tema: 

Sección: