Título node Learning object

A convocatoria da primeira edición dos Premios Medio Ambiente APROEMA 2012 pecha o seu prazo de presentación o 28 de setembro
Xov, 14/06/2012 - 10:31
Premios Medio Ambiente APROEMA 2012

O obxectivo destes premios é destacar as accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente, coa intención de impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades na mellora do medio ambiente mediante o recoñecemento público a un labor meritorio realizado nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia.

En particular, a modalidade APROEMA Educa vai dirixida a proxectos realizados por grupos de alumnado galego de educación primaria, secundaria e formación profesional de grao medio e superior dirixidos por un profesor ou profesora do centro onde cursen os seus estudos.

Poderán optar ao premio os grupos de estudantes dos centros de ensino primario e secundario e dos centros de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia que realizasen os seus traballos dentro do obxecto desta convocatoria aplicando a metodoloxía científica ou utilizando medios técnicos auxiliares de acordo cos seus correspondentes niveis curriculares.
En todo caso, os traballos deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora do centro no que curse os seus estudos o alumnado, o/a docente presentará a solicitude como responsable e en representación do grupo e incluirá a autorización do director ou directora do centro.

O prazo de presentación de candidaturas irá do 1 de Xuño ao 28 de setembro de 2012, ambos incluídos. Os traballos ou proxectos que sexan obxecto de valoración enviaranse nun sobre pechado  ao seguinte enderezo postal:

Aproema
Avda. García Barbón 104, 1º andar
36201, Vigo, Pontevedra

 

 

Menús Learning object node R