Gallego

A Consellería de Cultura e Educación participa na II xornada de novas tecnoloxías 'Educaclic'

O encontro, celebrado en Santiago de Compostela, entronca coa aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia pola integración das TIC no ensino

Gallego
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jos
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada no Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita, que entronca directamente coa aposta da Consellería pola integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino. Non en balde, cómpre recordar que o Proxecto Abalar ten chegado xa a chegou xa a 370 centros educativos, 1.465 aulas e preto de 32.000 alumnas e alumnos; e que o vindeiro curso está previsto que participen nel 550 centros educativos e 44.500 estudantes.

Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel clave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe. “Todas as posibilidades que abren a tecnoloxía, a comunicación e a conectividade non servirían de nada sen unha firme educación en valores, responsabilidade primeiramente das familias, por suposto, pero tamén de vostedes, profesoras e profesores”, dixo.

Neste sentido, valorou a achega de xornadas como ‘Educaclic’ para coñecer experiencias, ferramentas de traballo e casos de éxito na utilización da tecnoloxía da información e comunicación nas aulas, o que “axudará a potenciar o uso das TIC nos centros, permitindo o acceso á innovación pedagóxica ligada á tecnolóxica como vías para acadar o obxectivo desa excelencia educativa”.

Así mesmo, o director xeral reiterou a aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia pola aplicación das TIC no ensino, na procura sempre da excelencia educativa, “o horizonte cara o que se dirixe a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”.

Experiencias e boas prácticas

Durante o encontro de hoxe, dirixido a profesionais do ensino, formadores e educadores analizarán experiencias e casos de éxito e boas prácticas no uso das TIC nas aulas, co obxectivo de avanzar nas súas potencialidades didácticas.

Así, tras a inauguración, na que participaron o director do centro, Luis Peleteiro, expertos en global learning e un representante de Microsoft España; impartiranse varios relatorios. O primeiro deles, a cargo de Ovidi Barceló, do colexio bilingüe Julio Verne (Valencia), abordará as habilidades necesarias para a vida na sociedade do século XXI; mentres que Mª Dolores Martínez, do colexio Martí Sorolla (Valencia), analizará as aplicacións educativas para a aprendizaxe colaborativa e a motivación na aula.

Ademais, e tamén desde o colexio Julio Verne, Pablo García afondará nas posibilidades dos xogos nas TIC para desenvolver a creatividade e as habilidades dixitais dos estudantes. A xornada rematará co relatorio ‘Estender a aprendizaxe máis aló da aula. O novo caderno do profesorado’, a cargo de Ovidi Barceló.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

VI Xornadas da Axenda 21 Escolar de Galicia o 8 e 9 de xuño de 2012: "O desenvolvemento das competencias básicas coa educación ambiental"

Celébranse as VI Xornadas da Axenda 21 escolar de Galicia os días 8 e 9 de xuño na EGAP, en Santiago de Compostela.

Este ano estarán enfocadas a “O desenvolvemento das competencias básicas coa educación ambiental”.

A realización de accións de educación ambiental é pedagoxicamente moi recomendable para o desenvolvemento do alumnado como persoas e cidadáns. Pero non se trata tan só dunha cuestión de conciencia persoal: a realización de proxectos e actividades que vinculan coñecementos do entorno do alumnado e que provocan relaccións de colaboración e análise de controversias, sen dúbida estimulan o desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Para a aplicación práctica do profesorado, están desenvolvidas nos currículos educativos (primaria: Decreto 130/2007, secundaria: Decreto 133/2007, ...). Por iso, axudar ao desenvolvemento das CB do alumnado forma parte do traballo docente.

Estas xornadas, con 10 horas de recoñecemento de formación do profesorado, están pensadas para que sexan os propios docentes os protagonistas, mediante as comunicacións de experiencias e os debates para elaboración de propostas non ambiente participativo e construtivo: máis dun 60% do tempo será de intercambio de experiencias e debates propositivos entre os asistentes.

Os obxectivos das xornadas son:

  • Reforzar a importancia da educación ambiental no sistema educativo.
  • Reflexionar sobre como reflectir os resultados acadados no desenvolvemento das Competencias Básicas do alumnado nos documentos programáticos como as memorias anuais.

Todo o profesorado está convidado a comunicar a súa experiencia participando como poñente, (admitimos tamén comunicacións do profesorado alleo á Axenda 21 escolar de Galicia). Para isto, débese remitir un resumo da proposta de comunicación antes do 31 de maio conforme a ficha anexa a educacion.sostible@gmail.com

O enfoque das comunicacións centrarase nos resultados acadados sobre o desenvolvemento das CCBB do alumnado: que aspectos se desenvolveron, como foron reforzados, que dificultades houbo, que dinámicas se empregaron, que evidencias, anécdotas ou indicadores de resultados favorables se produciron, como reflectilos na memoria anual....

Tamén se realizarán debates (en grupos según nivel educativo e areas temáticas) para suxerir posibles formas de reflectir os resultados en competencias acadados coas actividades de educación ambiental.

 

Gallego
Axenda 21 escolar de Galicia

Sección: 

Convócase a primeira edición do Concurso "Imaxes con Fondo" do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convoca o concurso "Imaxes con Fondo". O concurso é unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.

Se es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e até gañar un premio.

E LEMBRA, A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA...

Categorías:

  • Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.
  • Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta.

Premios:

  • Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
  • Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración.

Cada participante poderá presentar até un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben até tres series compostas de tres fotografías cada unha. As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo.

Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos até o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

 

Gallego
"Imaxes con fondo"

Sección: 

Curso de verán da USC: "Química: A Ciencia que envolve a nosa vida"

A Universidade de Santiago xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizan dentro do marco dos cursos de verán 2012 o curso "Química: A Ciencia que envolve a nosa vida".

O obxectivo é dar a coñecer que é a Química no século XXI, e como se relaciona con outras ciencias, aportando exemplos que demostran que a maioría das actividades que forman parte da nosa vida diaria teñen un alto compoñente de Química.

Trátase dun curso teórico de 30 horas de duración, que inclúe sesións de conferencias, mesas redondas, obradoiros interactivos e visitas a industrias e institucións relacionadas coas temáticas tratadas. Esta actividade está recoñecida con dous créditos de libre configuración para alumnos da USC; e como actividade de formación do profesorado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Destinatarios: alumnos de Licenciaturas, Graos, e de Terceiro Ciclo; profesores da ESO, de Bacharelato e de Formación Profesional.

Datas de celebración: 16-20 de xullo de 2012.

Prazo de matrícula:

  • On line por internet, a partir do 15 de maio de 2012.
  • Presencial: a partir do 20 de xuño de 2012

Fin do prazo: 6 de xullo de 2012

 

Gallego
Universidade de verán 2012

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

A participación nos concursos "Educacómic" e "Tu experiencia crea escuela" está aberta ata o 30 de xuño de 2012

A Plataforma de Infancia de España en colaboración co Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad lanza dúas iniciativas dirixidas a reflexionar en positivo sobre o feito educativo.

A primeira, "Tu experiencia crea escuela", busca poñer nas mans de todos os axentes implicados no sistema educativo a posibilidade de darlle un xiro ás cousas e de recoñecer as experiencias positivas que estean en marcha para darlle valor á Educación. Patindo da pregunta "Que fas ti para mellorar a educación?" solicítase o envío de experiencias educativas transformadoras e positivas co obxectivo de dalas a coñecer mediante unha publicación, ademais de ofrecer un premio á mellor delas.

A segunda, "Educacómic", vai dirixida ao alumnado. As súas bases establecen 4 grupos de idade (• 6 - 8 anos • 9 - 11 anos • 12 - 14 anos • 15 - 17 anos) para o alumnado participante. O obxectivo é enviar un cómic feito a man ou dixital sobre calquera aspecto da educación en España, realizado en calquera das linguas oficiais do estado, que se colgarán na web http://www.creaescuela.org. Entre os máis votados escollerase un gañador por cada grupo de idade que será premiado cun obradoiro de cómic. Os traballos pódense enviar ata o vindeiro 30 de xuño.

 

Gallego
Concursos "Educacómic" e "Tu experiencia crea escuela"

Sección: 

Festa DIM no Museo de Arte Comtemporáneo de Vigo

Os días 18 e 19 de maio de 2012 celébrase unha festa DIM no museo MARCO de VIgo co gallo do Día Internacional do Museo. A programación especial de actividades vai dirixida a públicos de todas as idades e súmase ás exposicións que se mostran nas súas salas.

Actividades:

  • "Xabarín 18". Obradoiros infantís: obradoiros de ilustración en torno á maioría de idade de Xabarín, e proxección dos "xabarrelatos" con diferentes versións do personaxe realizadas por 21 ilustradores participantes no proxecto "xabarín 18".
  • Concertos de música de cámara: a cargo de alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
  • O MARCO por dentro: visitas guiadas ás exposicións.
  • Novo intento de récord de solo de guitarra: Gabriel Domínguez volve a activar a peza de Thom Kubli, Record Attempt.
  • Presentación videoclip Holywater: Presentación do último videoclip de Holywater e actuación do grupo en versión acústica.
  • "Reporteiros por un día": As mellores imaxes do DIM, vistas polos Amigos do MARCO.
  • Sorteo de dúas noites no Hotel MARCO: sorteo de dúas noites no Hotel MARCO entre os visitantes da fin de semana do DIM
  • Reapertura da tenda-librería Rescrómica: publicacións, catálogos e obxectos de agasallo.

 

Gallego
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo

Sección: 

O Congreso e-duca 2012: Aprendizaxes invisibles terá lugar do 2 ao 4 de xullo en Peñaranda de Bracamonte

O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas da Fundación Germán Sánchez-Rupérez celebra na súa sede de Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) o Congreso e-duca 2012: Aprendizaxes invisibles os días 2, 3 e 4 de xullo de 2012.

Entre as actividades do seu programa este encontro ofrece obradoiros, videoconferencias, comunicacións e mesas redondas nas que participarán especialistas como Fernando Trujillo, Félix Lozano, Cristóbal Suárez, David Álvarez , Lara Romero, Berta Lázaro, Max Oliva, Román Ontiyuelo ou Kathia Pittí.

 

 

 

Gallego
Fundación Germán Sánchez Ruipérez

Tema: 

Sección: 

Ábrese a inscrición para o III Congreso Internacional Menores nas TIC que se celebrará en Xixón o día 5 de xuño de 2012

Está xa aberta a inscrición gratuíta no III Congreso Menores nas TIC, que se celebrará en Xixón (Asturias) o 5 de xuño de 2012.

Entre os relatores atópanse profesionais de todos os ámbitos relacionados coas redes sociais e a seguridade en internet como Alberto Rodríguez, Chelo Abarca, Estella Cohen, Guillermo Cánovas, Janice Richardson, Larry Bensadon, Oscar Casado ou Ricard Martínez. O congreso contará tamén cun panel de 8 mozos e mozas entre 12 e 15 anos que debatirán e asesorarán aos adultos, transmitíndolles a súa perspectiva e facéndolle propostas para afrontar os distintos retos que supón a seguridade dos menores na rede.

 

 

Gallego
III Congreso Menores nas TIC

Tema: 

Sección: 

Queda aberta ata o 1 de xuño a inscrición no cuarto Concurso Audiovisual Olloboi 2012 organizado polo colectivo Marearte

O colectivo Marearte convida á comunidade educativa a participar no IV Concurso Audiovisual OlloBoi.

Bases do concurso:

  1. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido educativo ou fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.
  2. Aceptaranse traballos de vídeo-creación (curtametraxes, vídeo-denuncias, documentais...) de duración preferentemente non superior ós 10 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion...
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
  5. Os participantes consinten na divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.

Participación: Vías e prazos:

Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do 1 de xuño, incluído, indicando no formulario de inscrición (dispoñible na páxina de Olloboi) a dirección (URL) onde están albergados.

Fallo do tribunal e premios:

1. Os traballos de todos os participantes estarán enlazados dende o día 26 de maio no sitio web olloboi.com dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online ata o xoves 7 de xuño.

2. Establécense tres categorías con cadanseu premio, a contía dos cales se determinará en función das colaboracións e patrocinio acadados:

a. Premio OlloBoi ó mellor traballo

b. Premio OlloBoi Escolar ó mellor traballo realizado por alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

c. Premio OlloBoi do Público, de acordo cos votos recollidos online

3. Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos.

4. A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías.

5. A data e lugar de entrega de premios será na Gala OlloBoi 2012 que terá lugar o venres 15 de xuño na Casa da Cultura de Boiro.

Gallego
IV Concurso Audiovisual Olloboi 2012

Sección: 

Exposición temporal no MUPEGA: "A pedagoxía intuitiva"

O 11 de maio inaugurase no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) unha nova exposición temporal co título : “A pedagoxía intuitiva. As láminas educativas”, que permanecerá no centro ata o 31 de decembro de 2012, pasando despois a itinerar polos institutos históricos de Galicia que constitúen co MUPEGA a denominada REDE MUPEGA.

Esta exposición consiste nun medio cento de láminas de notables dimensións e considerable valor artístico realizadas case todas por fabricantes e editores europeos (alemáns, vieneses, franceses e italianos) que chegaron aos institutos provinciais na segunda metade do século XIX, xunto con outro riquísimo e variado instrumental científico, para a súa explicación nas aulas ou para descansar nos chamados Gabinetes de Historia Natural.

 


 

Gallego
Museo Pedagóxico de Galicia

Sección: