Gallego

Actualizado o repositorio do espazoAbalar con 30 novos contidos

O repositorio de contidos do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, co que na actualidade chégase aos 960 recursos educativos. Nesta ocasión incorporáronse 30 novos contidos,  procedentes fundamentalmente de licenzas por estudo de convocatorias anteriores, docentes que comparten material educativo segundo o procedemento aberto dentro do espazoAbalar e novos contidos do programa PALE 2011.

Así, dentro procedemento aberto para ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, están os recursos compartidos por Angélica Fernández Pernas e Encarnación Bermúdez Bellón do CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña):

E tamén de Isabel Blanco Pumar do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio:

A continuación, preséntase unha pequena selección de recursos procedentes de licenzas por estudo de varios docentes. En primeiro lugar, da docente Adela Leiro Lois, do IES Francisco Asorey de Cambados, no ano 2009/2010:

En segundo lugar, recursos procedentes da docente Mila Barcala Patiño do CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía,  no ano 2009/10. Trátase de 14 contos adaptados en inglés con debuxos da autora. Algúns deles contan ademais con video. Son os seguintes:

En terceiro lugar, recursos dunha Licenza por Estudos no ano 2009/2010 das docentes Julia Camiña Crespo e Flora García González: catro libros interactivos que formarían parte dun "Curso de iniciación ao galego para estranxeiros":

  • A rúa (NEAE – Educación Primaria)
  • A casa (NEAE – Educación Primaria)
  • O corpo (NEAE – Educación Primaria)
  • O cole (NEAE – Educación Primaria)

O seguinte bloque de contidos é a continuación da selección de recursos procedentes do Programa PALE 2011 e outras actividades formativas de linguas.

Por último, preséntase un xogo interactivo da Dirección Xeral de Protección Civil (Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza)

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.
Acceder ao procedemento

Gallego
Repositorio ABALAR

Sección: 

¡Científicos por un día! Talleres didácticos na Fundación Barrié

O día 13 de abril  celebrarase o Día da Ciencia na Fundacion Barrié, sede A Coruña (Cantón Grande, 9). Desde os máis pequenos ata os maiores terán a oportunidade de participar en talleres científicos e charlas sobre diferentes saídas profesionais.
Horarios:

  • 10:30h. - 12:00h. - Sesión para centros educativos.
  • 12:15h. - 13:45h. - Sesión para centros educativos.
  • 16:00h. - 17:30h. - Sesión para centros educativos e familas.
  • 17:30h. - 19:00h. - Sesión para familias.

Actividades:

  • Para alumnos de educación primaria:
    • Talleres científicos
      • Maxia na cociña
      • O mundo da cosmética e o champú
      • As posibilidades dun robot
      • O universo das cousas pequenas
      • Físicos en acción
      • De tal palo, tal astilla
      • Xoguetes solares
      • Por que voan os avións?
      • Dinosaurios, un paso atrás no tempo
      • Petroglifos. As pedras que falan do pasado
      • O momento constante
      • Mamá, quero ser artista
  • Para alumnos de ESO e bacharelato:
    • Charlas de orientación
      • Bioloxía
      • Informática
      • Física
      • Paleontoloxía
      • Arquitectura
      • Deseño gráfico
      • Nanotecnoloxía
      • Enerxía solar
      • Física de partículas
      • Xenética
      • Medicina
      • Desenvolvemento rural
      • Matemáticas
      • Neurociencia
      • Ciencia e Enxeñería Espacial
      • Neuroloxía
      • Física de partículas
Gallego
¡Científicos por un día!

Ensinanza: 

Sección: 

O Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa 2012 abre o seu prazo de inscrición do 9 de abril ao 20 de maio

O Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa, está dirixido a profesorado e alumnado de centros escolares de todo o mundo.  Consiste na realización de traballos coas TIC relacionados cos temas do currículo escolar. Hai catro modalidades de participación:

  • Modalidade A: Soporte á clase con recursos dixitais, multimedia, etc.
  • Modalidade B: Tarefas de exercitación interactiva para practicar na clase.
  • Modalidade C: Tarefas de produción de contidos e traballos en grupo.
  • Modalidade D: Traballos en proxectos colaborativos interescolares.

O prazo de presentación de proxectos vai do 9 de abril ao 20 de maio de 2012.

 

Gallego
Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa 2012

Sección: 

VII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino no ámbito da Ensinanza Secundaria para o curso escolar 2011/2012

Anunciase a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios correspondentes ao VII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino para o curso escolar 2011/2012, co  fin de estimular e recoñecer o esforzo dos grupos de Teatro Clásico Grecolatino de centros docentes e grupos de teatro escolares para difundir a lectura e representación teatral das obras clásicas grecolatinas, os valores do mundo clásico e a súa vixencia no mundo actual.

Modalidades:

  • Modalidade A: Destinada á montaxe e representación de obras teatrais da tradición clásica grega e latina, con proceso de selección e posterior actuación dos grupos finalistas. Esta modalidade terá dúas categorías: traxedia grega/latina ou comedia grega e comedia latina.
  • Modalidade B: Destinada á promoción da cultura e do teatro clásico entre alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria mediante a montaxe de representacións breves, orixinais ou adaptadas, de fábulas, textos dramáticos, mitolóxicos ou históricos.

Premios:

  • Modalidade A:
    • Primeiro Premio na categoría de traxedia grega/latina ou comedia grega: 8.000 euros.
    • Primeiro Premio na categoría de comedia latina: 6.000 euros.

O xurado poderá conceder «Mencións especiais» ao grupo, actor/actriz, dirección ou montaxe se o estimara oportuno.

  • Modalidade B:
    • Primeiro clasificado: 2.000 euros.
    • Segundo clasificado: 1.500 euros.

Participantes:

Poderán participar neste concurso:

  • Modalidade A: Todos os grupos de teatro nos que só actúe alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas Profesionais tanto de centros públicos como privados.
  • Modalidade B: Poderá participar unicamente alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria tanto de centros públicos como privados.

O prazo para a presentación das solicitudes finalizará ás 18 horas do 28 de xuño de 2012.

Gallego
VII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino

Sección: 

Disciplinas: 

Celébranse o 23 e o 24 de marzo de 2012 no CIFP Politécnico de Santiago as Xornadas "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro III"

Por terceiro ano consecutivo celébranse as Xornadas "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro", os días 23 e 24 de marzo de 2012 no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.

Este é un encontro dedicado ao profesorado de todas as áreas e materias do ensino non universitario, xa que o dominio da oralidade e da escrita das nosas linguas cooficiais, así como a utilizacion funcional de polo menos unha lingua estranxeira, lógrase esencialmente grazas ao traballo coordinado e colaborativo do profesorado dentro de cada comunidade escolar.

As actividades que se realizarán son:

  • Venres 23 de marzo:
    • 16:45-18:30 Conferencia: "Aprender a comunicar, comunicar para aprender...a actuar" (Artur Noguerol Rodrigo).
    • 19:00-20:00 Dous casos prácticos:
      • "En tempos de crise: exportamos lingua galega e literatura" (Anxos Rial) IES de Poio, Pontevedra.
      • "Aprendizaxe AICLE/CLIL nunha aula de sociais en inglés" (Clara Cristela) IES Xulián Magariños, Negreira, A Coruña.
  • Sábado 24 de marzo:
    • 09:30-11:00h. Conferencia: "O proxecto lingüístico de centro: como o facemos?" (Xabier San Isidro).
    • 11:00-12:30 Conferencia: "Falar, ler e escribir na clase de ciencias. Unha reflexión dende a didáctica das ciencias" (Anna Marbà Tallada).
    • 13:00-13:40h. Casos prácticos:
      • "Mellorar a competencia lingüística dende o Proxecto Educativo dun centro plural" (Marisol Louro).
      • "A interdisciplinariedade, educando dende a periferia e as competencias" (Eva Garea).
    • 13:40-14:05h. Caso práctico: "A comunicación lingüística a través de proxectos de investigación" (Ovidio Villar)
    • 14:05h.-14:30h. Caso práctico: "As redes sociais educativas e o seu uso na aula" (Esther Fernández)
    • 16:00-17:30h. Conferencia: "Ser dixital: aprender a comunicar en rede" (Tíscar Lara)
    • 18:00-18:45h. Mesa redonda

 

Gallego
Xornadas: "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro III"

Colectivo: 

Ábrese a convocatoria da décimo segunda edición do concurso de relato oral "Tíralle da Lingua"

"Tíralle da lingua" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) dirixido ao alumnado e profesorado de Galicia, co obxectivo de normalizar o uso oral da lingua galega e de converter o idioma en instrumento de comunicación normal e de creación e recreación de historias.

O concurso vai destinado a tres niveis académicos:

  • Primaria.
  • 1º Ciclo da ESO.
  • 2º Ciclo da ESO e ensino postobrigatorio.

Faranse dúas fases con carácter selectivo:

  • A nivel de centro de ensino.
  • A nivel autonómico.

A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 17 de abril de 2012.

A fase final celebrarase o 26 de abril en Santiago, no IES Rosalía de Castro.

 

Gallego
XII Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua"

Sección: 

XVI Certame de Poesía "Francisco Añón" do Concello de Outes (A Coruña)

Este certame creado en 1997 en memoria do insigne poeta de Outes Francisco Añón, ten como obxectivo ser un aliciente para a creación literaria en lingua galega, concretamente no ámbito da poesía. Este ano, ademais, cúmprese o bicentenario do nacemento do poeta.

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Categorías:

  • A: Nenos/as de 6 a 7 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 90 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • B: Nenos/as de 8 a 9 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • C: Nenos/as de 10 a 11 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • F: Maiores de 18 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: cheque por valor de 1200 € e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.

Para as categorías E e F, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos.

O prazo de presentación rematará o luns 9 de abril de 2012.

 

Gallego
XVI Certame de Poesía "Francisco Añón"

Sección: 

Fase autonómica do concurso Consumópolis 7 ("A publicidade: compras ou te compran?")

Convocatoria da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis 7.
Os equipos participantes deben ter rematada a fase de xogo en liña e subidos os carteis á plataforma:
http://www.consumopolis.es/concurso/

O prazo de solicitude  para a fase autonómica remata o día 26 de marzo

Así mesmo, tamén poderán presentar a documentación na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es, consultando o procedemento IN114A.
Concederanse 9 premios ( tres por categoría) para equipos que concursan en:

  • Ultimo ciclo de Primaria
  • 1º e 2º curso da ESO
  • 3º e 4º curso da ESO

Os traballos clasificados en primeiro lugar de cada categoría, concursarán representando á Comunidade Autónoma na fase nacional que se celebrará en Madrid.

Gallego
Consumópolis 7

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Mostra do Ensino Galicia 2012

Ábrese o prazo para inscribirse no Congreso "Formación e competencias na nova sociedade", que se celebrará paralelamente á Mostra do Ensino Galicia 2012 os días 11, 12, 13 e 14 de abril no recinto feiral de Expocoruña.

As temáticas serán:

  • 11 de Abril: Formación Profesional.
  • 12 de Abril: Tecnoloxías da información e a comunicación.
  • 13 de Abril: Idiomas.

O prazo para inscribirse remata o 27 de marzo de 2012 e deberá facerse a través de FPROFE.

Ademais, os días 12 e 13 de Abril de 2012 desenvolveranse actividades paralelas de 4 horas de duración cada unha para as 26 familias da Formación Profesional no CIFP Someso.

 

 

Gallego
Mostra do Ensino Galicia 2012

Sección: 

III Concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes: “A vida, o mellor agasallo”

Este concurso de debuxo e lemas dirixido aos escolares para o curso 2011/2012 ten como tema central a doazón de órganos e os transplantes. O seu principal obxectivo é achegar esta realidade á poboación escolar da comunidade autónoma de Galicia.
Poderá participar nel o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e o de 1º e 2º de ESO de todos os centros educativos de Galicia, tanto sostidos con fondos públicos coma privados.


Premios:

  • 1º premio: vale de 800 euros para o centro. Un ordenador portátil para o/a alumno/a e outro para o/a profesor/a.
  • 2º premio: vale de 500 euros para o centro. Unha cámara de fotos dixital para o alumno/a e outra para o/a profesor/a

O prazo de presentación das obras rematará o 15 de abril do 2012.
 

 

 

 

Gallego
III Concurso de debuxo e lemas

Sección: