Gallego

VII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino no ámbito da Ensinanza Secundaria para o curso escolar 2011/2012

Anunciase a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios correspondentes ao VII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino para o curso escolar 2011/2012, co  fin de estimular e recoñecer o esforzo dos grupos de Teatro Clásico Grecolatino de centros docentes e grupos de teatro escolares para difundir a lectura e representación teatral das obras clásicas grecolatinas, os valores do mundo clásico e a súa vixencia no mundo actual.

Modalidades:

  • Modalidade A: Destinada á montaxe e representación de obras teatrais da tradición clásica grega e latina, con proceso de selección e posterior actuación dos grupos finalistas. Esta modalidade terá dúas categorías: traxedia grega/latina ou comedia grega e comedia latina.
  • Modalidade B: Destinada á promoción da cultura e do teatro clásico entre alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria mediante a montaxe de representacións breves, orixinais ou adaptadas, de fábulas, textos dramáticos, mitolóxicos ou históricos.

Premios:

  • Modalidade A:
    • Primeiro Premio na categoría de traxedia grega/latina ou comedia grega: 8.000 euros.
    • Primeiro Premio na categoría de comedia latina: 6.000 euros.

O xurado poderá conceder «Mencións especiais» ao grupo, actor/actriz, dirección ou montaxe se o estimara oportuno.

  • Modalidade B:
    • Primeiro clasificado: 2.000 euros.
    • Segundo clasificado: 1.500 euros.

Participantes:

Poderán participar neste concurso:

  • Modalidade A: Todos os grupos de teatro nos que só actúe alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas Profesionais tanto de centros públicos como privados.
  • Modalidade B: Poderá participar unicamente alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria tanto de centros públicos como privados.

O prazo para a presentación das solicitudes finalizará ás 18 horas do 28 de xuño de 2012.

Gallego
VII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino

Sección: 

Disciplinas: