Gallego

Nova actualización do repositorio de contidos do espazoAbalar

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 47 novos contidos educativos en formato dixital, procedentes de materiais migrados do anterior portal de contidos e, especialmente,  de docentes que comparten as súas producións seguindo o procedemento aberto dentro do espazoAbalar. Desta forma, fan que este repositorio medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.052 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. Proximamente incluirase unha nova selección de materiais creados por docentes en diferentes cursos de ferramentas de autor realizados neste curso 2011/12 dentro da oferta formativa do Platega.

Os novos recursos publicados por orde alfabética son os seguintes:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.

Gallego
espazo Abalar

Sección: 

V Congreso CLMNTK dos estudantes do proxecto Climántica

O proxecto Climántica abriu o prazo para que os usuarios de www.climantica.org poidan votar os traballos dos estudantes que participaron no seu V Congreso CLMNTK. Nesta edición superouse o número de traballos recibidos na edición pasada e incorporáronse centros educativos de 4 países iberoamericanos e de 3 comunidades autónomas. A variedade de estilos e competencias de comunicación, xunto co potencial de moitos traballos para estimular a aprendizaxe entre iguais, configuran un portal de recursos didácticos.

 

 

 

 

Gallego
V Congreso CLMNTK dos estudantes de Climántica

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación recibiu de colexios e institutos 39 solicitudes de incorporación á rede de centros plurilingües de Galicia

Nas vindeiras semanas publicarase o listado provisional de incorporacións

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de recibir 39 solicitudes de colexios e institutos que desexan incorporarse á Rede de Centros Plurilingües de Galicia no vindeiro curso 2012/2013. Deste xeito, un curso máis, confírmase o éxito da iniciativa posta en marcha polo actual Goberno galego, grazas á cal Galicia conta por primeira vez con 110 centros plurilingües.

Nas vindeiras semanas, e tras a avaliación das solicitudes, a Consellería fará público o listado de novos centros plurilingües, que comezarán a impartir ata un terzo do horario lectivo na lingua estranxeira da súa escolla no primeiro curso de primaria ou da ESO, segundo se trate dun colexio ou instituto. Ademais, nos vindeiros cursos as materias en lingua estranxeiras estenderanse, progresivamente, aos seguintes cursos académicos -2º, 3º, e así, sucesivamente-.

Así mesmo, os centros plurilingües que xa funcionan en Galicia desde o curso 2010/2011 comezarán a impartir materias en linguas estranxeiras este curso en 3º de primaria e 3º da ESO – ao tempo que continúan a facelo en 1º e 2º de primaria e da ESO-; e os que se incorporaron no presente ano académico á Rede impartirán materias non lingüísticas en outros idiomas en 2º de primaria e 2º da ESO – mentres seguen impartíndoas en 1º curso de ambas as dúas etapas-.

Cómpre lembrar ademais que continúa aberto ata o vindeiro 31 de maio o prazo apra que os centros educativos soliciten seccións bilingües.

Auxiliares de conversa

Unha vez se coñeza o número total de centros plurilingües que funcionarán o vindeiro curso, a Consellería realizará os trámites para a incorporación, un ano máis, de auxiliares de conversa nativos que apoien as clases en idiomas estranxeiros.

De feito, os centros plurilingües contan con cadanseu auxiliar a tempo completo, un apoio que se estende, de forma individual ou compartida con outros centros, aos colexios e institutos nos que están a funcionar seccións bilingües.

No presente curso prestaron o seu apoio no sistema educativo galego 361 persoas nativas, un 438 % máis das que había ao inicio da lexislatura.

Aposta polo plurilingüismo

Deste xeito a Consellería de Cultura e Educación dá continuidade á implantación do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que xa ten superado as súas expectativas iniciais en grande medidas. Non en balde, as previsións para o 2011/2012 eran de chegar aos 100 centros integrados na Rede de Plurilingües e ás 1.600 seccións, pero o gran éxito das convocatorias fixo que se superaran estas cifras, ata chegar aos 110 centros plurilingües, 52 máis que no 2010/2011; e 1.863 seccións bilingües, 344 novas respecto do curso anterior. Así, só a través destas iniciativas, máis de 40.800 estudantes e profesores beneficiaranse dun ensino plurilingüe, o 15% en centros plurilingües, cando nun primeiro momento se estimaba que 40.000 galegas e galegos terían mellorado as súas competencias en outros idiomas ao final da lexislatura ao abeiro deste plan.

Cómpre destacar ademais que a Consellería cumpriu tamén con outro dos seus compromisos, ao publicar a nova regulación dos centros plurilingües e seccións bilingües que funcionan nos centros de ensino da Comunidade Autónoma. Trátase dunha aposta pola calidade educativa, xa que se establece que o profesorado implicado nestas iniciativas, deberá acreditar que dispón do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Estes docentes deberán ademais colaborar na elaboración da programación de contidos, actividades e materiais currículos específicos de apoio en lingua estranxeiras, e participar nas actividades para a formación inicial e continua deseñadas e impulsadas pola Consellería. Ademais, nas devanditas ordes quedan establecidos os obxectivos de centros plurilingües e seccións, así como as necesidades de cualificación do seu profesorado.

Colectivo: 

Sección: 

III Encontros de Educación Primaria o 8 e 9 de xuño de 2012 en Cullleredo (A Coruña)

Os días 8 e 9 de xuño de 2012 celebraranse os IIII Encontros de Educación primaria no IES Universidade Laboral (Culleredo).
A inscrición farase na aplicación informática FPROFE, sendo a data límite o vindeiro martes, 5 de xuño.
Trátase dunha actividade de ámbito autonómico organizada polo CAFI.
Os obxectivos propostos son:

  1. Motivar ao profesorado de primaria aportándolles novas perspectivas e facilitándolles a manifestación de necesidades / inquedanzas sobre a súa labor educativa.
  2. Acometer os novos retos que propón a LOE, como son: sinalar a importancia fundamental desta etapa; previr e atender as dificultades de aprendizaxe no momento de detectalas; procurar a adquisición das competencias básicas.
  3. Promover a comunicación e intercambio de experiencias entre o profesorado. Preténdese crear un espazo onde compartir experiencias e facer visible boas prácticas de aula.

 

Gallego
III Encontros de Educación Primaria

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros públicos no curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2012-2013.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da formación do profesorado, convoca plans de formación permanente para implantar en centros públicos no curso 2012-2013.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Características

  • Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.

  • As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.

  • Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.

  • Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.

  • Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Liñas de traballo

  1. Estratexias profesionais para a mellora da competencia en lectura e escritura (impresa e dixital), como ferramenta imprescindible para a aprendizaxe no alumnado, e potenciación do uso instrumental das linguas co seu tratamento integrado.

  2. Mellora da competencia lingüística do profesorado en linguas estranxeiras.

  3. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais.

  4. Atención á diversidade e ao éxito escolar, promovendo a innovación, reflexión e avaliación da práctica educativa que propicie melloras metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias básicas, do traballo cooperativo do profesorado así como dos cambios organizativos.

  5. Mellora da convivencia escolar e do clima de aula, fomentando valores básicos para o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  6. Formación en competencias científicas e didácticas nas diferentes áreas do currículo.

 

Prazo de presentación e documentación a entregar

O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.

Coa solicitude debe adxuntarse a seguinte documentación:

  1. Documento de detección de necesidades formativas.

  2. Plan de formación permanente do profesorado en centros, no que figurará:

    1. Membros do equipo de formación do centro.

    2. Xustificación e diagnóstico de necesidades formativas detectadas e liñas de formación propostas para cada ano.

    3. Obxectivos xerais que se pretenden acadar co plan.

    4. Itinerarios formativos do plan especificando para cada ano:

      • Obxectivos.

      • Contidos.

      • Actividades: modalidades e temporalización.

      • Metodoloxía de traballo.

      • Orzamento estimado e desagregado por curso escolar dos gastos directamente relacionados co desenvolvemento das actividades formativas (material, docencia e desprazamentos de relatores).

      • Relación de profesores participantes.

    5. Medidas organizativas internas do centro previstas para o desenvolvemento do plan acordes coa normativa vixente que regula a homologación e rexistro de actividades de formación.

    6. Criterios e indicadores para o seguimento e avaliación do plan e da súa aplicación na aula.

  3. Certificación da aprobación do plan polo Claustro e o Consello escolar.

 

  • Para a presentación da solicitude poderán contar co apoio do CAFI ou o CFR do seu ámbito ou zona

Colectivo: 

Sección: 

Ábrese a convocatoria do II concurso de debuxo e pintura "Un mundo de cor" 2012 da Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o II concurso de debuxo e pintura "Un mundo de cor", que pretende que o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria exprese a súa visión sobre a riqueza da diversidade socio-cultural a través da pintura.

Destinatarios: Alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares públicos, concertados e privados de Galicia.


Categorías e premios:

  • 1ª categoría: 1º, 2º e 3º Primaria. Unha caixa de pinturas, un caderno de pintura e un lote de libros infantís (1º premio), unha caixa de pinturas e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio)
  • 2ª categoría: 4º, 5º e 6º Primaria. Unha PSP e un lote de libros infantís (1º premio), un MP-4  e un lote de  libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio)
  • 3ª categoría: ESO. Unha Play Station e un lote de libros xuvenís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros xuvenís (2º premio), e un lote de libros xuvenís (3º premio)

Tema: Os traballos reflectirán temas relacionados coa integración da poboación inmigrante, a súa contribución ao desenvolvemento de Galicia ou a igualdade existente entre todas as persoas con independencia da súa orixe, raza ou nacionalidade.


Técnica: Poderán realizarse con calquera material, técnica e soporte e en calquera tamaño.


Prazo de presentación: Achegaranse á Secretaría Xeral da Emigración, a través da Dirección dos centros escolares ata o 30 de xuño de 2012.

 

Gallego
"Un mundo de cor"

Sección: 

O conselleiro de Cultura e Educación coñece as actividades de fomento da lectura desenvolvidas no Colexio Rural Agrupado de Nosa Señora do Faro de Ponteceso e Malpica

Xesús Vázquez Abad visitou hoxe á comunidade educativa deste centro, cuxa biblioteca escolar leva recibido da Consellería máis de 21.500 euros

De feito, o CRA leva 7 cursos consecutivos participando no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O titular do departamento educativo da Xunta salientou a participación deste colexio en proxectos innovadores a nivel europeo, grazas á implicación das familias, profesorado e alumnado

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación coñece as actividades de fomento da lectura
O conselleiro de Cultura e Educación coñece as actividades de fomento da lectura desenvolvidas no Colexio Rural Agrupado de Nosa Señora do Faro de Ponteceso e Malpica

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, coñeceu hoxe de primeira man as actividades para o fomento da lectura entre os máis pequenos que se desenvolven no Colexio Rural Agrupado (CRA) Nosa Señora do Faro, un centro conformado por nove aulas dos concellos de Ponteceso e Malpica. Acompañado polo xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana, Vázquez Abad visitou este centro, cuxa biblioteca escolar está integrada, por sétimo curso consecutivo, no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Deste xeito, o centro leva recibido máis de 21.500 euros para estas actividades de impulso do hábito lector, que o departamento educativo da Xunta de Galicia está dinamizar no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe.

Durante o seu percorrido polo centro, no que estudan 77 alumnas e alumnos de infantil e primaria, o conselleiro e o xefe territorial estiveron acompañados pola directora do centro, Rosa María Barreiro Carujo, e por membros da comunidade escolar do colexio. Así, Vázquez Abad aproveitou a visita para coñecer en primeira persoa as súas dúbidas e para compartir o seu interese pola mellora da calidade do ensino.

Ademais, o conselleiro tivo ocasión de felicitar a este centro por ter acadado o premio da categoría de Mellor Proxecto Infantil na edición deste ano de Voz Natura, o programa de educación medioambiental organizado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. A Consellería xa tiña transmitido a súa felicitación, a través da Xefatura Territorial, á comunidade escolar do CRA, que recibiu este recoñecemento polas súas actividades de reciclaxe, reforestación e reutilización, e polo traballo desenvolvido con enerxías renovables.

Proxectos europeos

Ademais, o conselleiro interesouse polos proxectos que este colexio está a desenvolver no eido das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). O CRA conta cunha rede social 2.0 propia creada por eles mesmos, 'CraEscuela.net', coa que se contribúe á intercomunicación entre os membros da comunidade escolar. Trátase dun web que naceu no 2000, cando se creou a páxina www.craescuela.net., con contidos como contos escritos e sonoros de familias e nenos, unidades didácticas, unha biblioteca virtual, un memory game para xogar cos 30 mellores contos, e unha galería de debuxos, entre outros. Esta iniciativa foi premiada na School network en Estocolmo (Suecia).

Ademais, o centro ten participado en varios proxectos a nivel europeo como Aitmes.org, de creación de contidos con mobile learning - terminais móbiles para a creación de contidos educativos dixitais e a subida a web móbil en tempo real- no que mestres e familias se implicaron no estudo do patrimonio da zona; ou Chimer.org, de creación de contidos mobile learning sobre o patrimonio de cada zona, empregando o gps para realizar actividades de geocatching.

Dentro do CRA desenvolvéronse tamén dous proxectos no marco de Comenius, nomeadamente un museo virtual de flores e plantas e outro de Integración e Prevención.

Neste sentido o conselleiro salientou a implicación das familias, do profesorado e do alumnado, “que tanto procuramos impulsar desde a Consellería como motor fundamental para a mellora da calidade do ensino, e que é a que fai posible que un colexio como este, no rural, estea a participar en proxectos de nivel europeo, como Aitmes.org, Chimes.org, ou o Comenius”. “Penso que se trata dun exemplo para toda a comunidade educativa galega de que o esforzo de todos, o traballo conxunto con ilusión e na procura da innovación, é o que abre as portas a un ensino de vangarda”, engadiu.

Colectivo: 

Sección: 

Ábrese a convocatoria de premios do XXV Certame «Jóvenes Investigadores» para 2012

A finalidade desta convocatoria é despertar vocacións investigadoras entre o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional e membros de distintas asociacións xuvenís legalmente constituídas, ademais de mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na xuventude.

Poderá tomar parte neste certame, de xeito individual ou colectivo, até un máximo de tres persoas, alumnado de nacionalidade española e todos aqueles cidadáns legalmente establecidos en España, que a data 1 de setembro de 2012 teñan cumpridos os 15 anos e que o 30 de setembro de 2012 non teñan cumpridos os 21 anos.
As persoas participantes, tanto se son alumnos ou alumnas dun centro docente como se son membros dunha asociación xuvenil, deberán estar matriculados no curso 2011/2012 nun centro docente de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.

Aparte do premio Mención Especial do Xurado de 6.000 euros, dos cinco primeiros premios de 5.000 euros, dos oito segundos premios de 3.000 euros, dos dez terceiros premios de 2.000 euros, dos dez accésits de 1.000 euros, dos tres premios de 3.000 euros para o profesorado coordinador e do premio especial de 6.000 euros ao mellor centro docente ou asociación, este certame conta con numerosos premios especiais e mencións honoríficas entre os que destacan o premio especial Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, o premio especial Bicentenario da Constitución de 1812, o premio especial Alfred Wegener e o premio especial Universidade Politécnica de Madrid, todos eles de 5.000 euros cada un.

O prazo de presentación dos proxectos remata o 11 de xuño e as solicitudes deben facerse de xeito telemático mediante un formulario do "Boletín de inscrición do traballo".

Gallego
XXV Certame «Jóvenes Investigadores» 2012

Sección: 

VII Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa" o 1 de xuño de 2012 en Santiago de Compostela

Un ano máis chega da man do IES Rosalía de Castro de Santiago a VII Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa", organizada polo centro compostelán e a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Os proxectos presentados foron realizados por alumnado de toda Galicia ao que a Mostra permite amosar un traballo desenvolvido nas aulas desta materia da educación secundaria.

Ademais de proxectos de mecanismos, electricidade, electrónica ou robótica tamén haberá, como na pasada edición, obradoiros prácticos para os visitantes, como un de látex e outro de edición fotográfica con software libre.
Como novidade, este ano realizaráse unha mostra de aparatos tecnolóxicos que foron quedando en desuso, como ordenadores ZX Spectrum ou NorthStar, ambos de 1982, unha videoconsola SOUNDIC, un amplificador HI- FI de válvulas, teléfono móbil de manivela, calculadoras mecánicas,... e tamén unha mostra da evolución dos sistemas operativos dos ordenadores domésticos, dende o MSDOS, Apple Lisa, Linux ou Windows 95.
Data: 1 de xuño de 2012
Lugar: Praza do Toural en Santiago de Compostela
Horario: de 17:00 a 20:30 horas
Podedes anotarvos cubrindo o formulario de inscrición.
Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: contacto@apetega.org.

 


 

Gallego
VII Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa"

Sección: 

I Congreso de software libre para Ciencia, Matemáticas e Tecnoloxía

O 2 e 3 de xullo de 2012 celebrarase o I Congreso de software libre para Ciencia, Matemáticas e Tecnoloxía no CEI-Nodues de Lugo, convocado por IGACIENCIA e no marco do Ano Galego da Tecnoloxía.

Relación provisional de relatorios:

  • Competencia matemática e Geogebra.  Inés Ben González. IES Vilar Ponte de Viveiro.
  • Python para Matemáticas. Xogos matemáticos (Nim, Hanoi..), representación de funcións,  polinomios, sets, distribución de Pareto. Manuel Díaz Regueiro ... Obradoiro de Geogebra.
  • Software Libre aplicado a simulación e modelización nas PEMEs produtoras. Traballo que se está levando a cabo no CESGA sobre o uso de SW. Libre aplicado a simulación e modelización en empresas produtoras de Galicia e N. de Portugal. Dr. Andrés Gomez Tato (Responsable do Departamento de Aplicacións Científicas e Proxectos do CESGA).
  • Software Libre aplicado ao e-ensino e ferramentas colaborativas. Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas colaborativas e e-learning. María José Rodriguez Malmierca (Responsable do Departamento de e-learning e ferramentas colaborativas do CESGA).
  • Scilab por Consuelo Castro Vázquez. IES Terra de Trasancos de Narón.
  • Geogebra na área de Tecnoloxía. Javier Macho Eiras da Escola de Arte Pablo Picasso e da UDC.
  • eXeLearning e Moodle na área de Tecnoloxía. Pilar Anta Fernández do IES de Sabóne da UDC e Obradoiro de Moodle.
  • Estatística con R. Salvador Naya Fernández (UDC).
  • Maxima, un sistema aberto de cálculo simbólico. Conferencia e obradoiro. Mario Rodriguez Riotorto (programador de Maxima e do equipo de desenvolvemento do programa Maxima dende o ano 2005).
  • Interfaces web a software científico. Mario Rodriguez Riotorto (programador de Maxima).
  • Sage. Francisco Botana (Universidade de Vigo).
  • Drupal 6 ou 7? Indicacións para a migración. Manuel Díaz Regueiro.
  • Metodoloxía copyleft no proxecto Abalar. Pablo Nimo Liboeiro e Xosé Luis Barreiro Cebey (Asesores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).

Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).

O Congreso ten un prezo de 10 euros, pero está limitado a 75 persoas (pola limitación dos ordenadores). Terá preferencia o profesorado e o segundo criterio será por orde de inscrición en:

http://www.igaciencia.org/entradac.asp

Gallego
IGACIENCIA

Sección: