Título node Learning object
III Encontros de Educación Primaria o 8 e 9 de xuño de 2012 en Cullleredo (A Coruña)
Xov, 31/05/2012 - 13:56
Os días 8 e 9 de xuño de 2012 celebraranse os IIII Encontros de Educación primaria no IES Universidade Laboral (Culleredo).
A inscrición farase na aplicación informática FPROFE, sendo a data límite o vindeiro martes, 5 de xuño.
Trátase dunha actividade de ámbito autonómico organizada polo CAFI.
Os obxectivos propostos son:
- Motivar ao profesorado de primaria aportándolles novas perspectivas e facilitándolles a manifestación de necesidades / inquedanzas sobre a súa labor educativa.
- Acometer os novos retos que propón a LOE, como son: sinalar a importancia fundamental desta etapa; previr e atender as dificultades de aprendizaxe no momento de detectalas; procurar a adquisición das competencias básicas.
- Promover a comunicación e intercambio de experiencias entre o profesorado. Preténdese crear un espazo onde compartir experiencias e facer visible boas prácticas de aula.