Título node Learning object
A finalidade desta convocatoria é despertar vocacións investigadoras entre o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional e membros de distintas asociacións xuvenís legalmente constituídas, ademais de mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na xuventude.
Poderá tomar parte neste certame, de xeito individual ou colectivo, até un máximo de tres persoas, alumnado de nacionalidade española e todos aqueles cidadáns legalmente establecidos en España, que a data 1 de setembro de 2012 teñan cumpridos os 15 anos e que o 30 de setembro de 2012 non teñan cumpridos os 21 anos.
As persoas participantes, tanto se son alumnos ou alumnas dun centro docente como se son membros dunha asociación xuvenil, deberán estar matriculados no curso 2011/2012 nun centro docente de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
Aparte do premio Mención Especial do Xurado de 6.000 euros, dos cinco primeiros premios de 5.000 euros, dos oito segundos premios de 3.000 euros, dos dez terceiros premios de 2.000 euros, dos dez accésits de 1.000 euros, dos tres premios de 3.000 euros para o profesorado coordinador e do premio especial de 6.000 euros ao mellor centro docente ou asociación, este certame conta con numerosos premios especiais e mencións honoríficas entre os que destacan o premio especial Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, o premio especial Bicentenario da Constitución de 1812, o premio especial Alfred Wegener e o premio especial Universidade Politécnica de Madrid, todos eles de 5.000 euros cada un.
O prazo de presentación dos proxectos remata o 11 de xuño e as solicitudes deben facerse de xeito telemático mediante un formulario do "Boletín de inscrición do traballo".