Gallego

Resolución dos premios da fase autonómica do concurso Consumópolis 7. A publicidade: compras ou cómprante?

Resolución conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se resolve a convocatoria e se publican os premiados da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 7. A publicidade: compras ou cómprante? 
Os gañadores do primeiro premio en cada categoría participarán na fase estatal deste concurso que terá lugar no mes de maio en Madrid.

Os premiados en 5º e 6º curso de Educación Primaria son:

1º premio:

  • Centro: Colexio Pablo VI-Fátima.
    • Localidade: A Rúa (Ourense).
    • Alcume do equipo: Os Nicolasiños.
    • Título do traballo: Si con tus amigos quieres disfrutar... de la máquina no debes abusar.
    • Coordinador: José Manuel Pérez Ares.
    • Contía do premio: 1.000 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Nicolás Lorenzo Castaño Furnari
    • Luis Pomar Rodríguez
    • Alejandro Rodríguez Estévez
    • Anxo González Gómez
    • Óscar Prieto Esteves

2º premio:

  • Centro: CEIP Lourido.
    • Localidade: Poio (Pontevedra).
    • Alcume do equipo: Galaxia.
    • Título do traballo: Etiquetinformación: presta atención!
    • Coordinadora: Amalia Bugallo Fuentes.
    • Contía do premio: 600 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Antonio González Albar
    • Marco Franco Eiras
    • Daniel Balea Muñiz
    • Modesto Martínez Alonso
    • Jessica Veiga Soto

3º premio:

  • Centro: CEIP Lourido.
    • Localidade: Poio (Pontevedra).
    • Alcume do equipo: Naturais.
    • Título do traballo: Produtos de limpeza, cada pictograma na túa cabeza.
    • Coordinadora: Graciela Portela Freire.
    • Contía do premio: 300 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Pablo Gómez Martínez
    • Jessica González Bello
    • Alberte Mosquera Feijoo
    • Andrea Novoa Martínez
    • Sandra Olañeta Fariña

En 1º e 2º curso de Ensinanza Secundaria Obrigatoria foron premiados:

1º premio:

  • Centro: IES Manuel García Barros.
    • Localidade: A Estrada (Pontevedra).
    • Alcume do equipo: Los Batmans.
    • Título do traballo: Conserva el ticket, conserva tus derechos.
    • Coordinador: Obdulia García Nimo.
    • Contía do premio: 1.000 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Uxía Prado Cerqueiro
    • Adrián Rey Quintás
    • Carlota Pereiras Matalobos
    • Miguel Valiño Pérez
    • Ángel Sanmartín Durán

2º premio:

  • Centro: IES Maximino Romero de Lema.
    • Localidade: Baio (A Coruña).
    • Alcume do equipo: Toritos.
    • Título do traballo: No olvides tu ticket.
    • Coordinador: Alejo Figueroa Soto.
    • Contía do premio: 600 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Sergio Antelo Blanco
    • Julián Fuentes Caamaño
    • Aarón García Rego
    • Santiago Gabriel Moreira Villarruel
    • Alex Senande Castro

3º premio:

  • Centro: IES Maximino Romero de Lema.
    • Localidade: Baio (A Coruña).
    • Alcume do equipo: Os Cachibombos.
    • Título do traballo: A importancia de gardar o ticket.
    • Coordinador: Alejo Figueroa Soto.
    • Contía do premio: 300 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Antía Vidal García
    • Tomás Fuentes Facal
    • Eloy Silvariño Mallón
    • Gabriel Bouzas Nieto
    • Clara Fernández Riveiro

En 3º e 4º de ESO premiouse aos seguintes centros:

1º premio:

  • Centro: CPR Plurilingüe Abrente.
    • Localidade: Portonovo (Pontevedra).
    • Alcume do equipo: Amanecer.
    • Título do traballo: BÚSCATE!
    • Coordinador: Andrés Hay Hermida.
    • Contía do premio: 1.000 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Fernando Varela Thomas
    • Adrián Garrido González
    • Luis Segura Santos
    • Nicolás Fraga Donsión
    • Daniel Míguez Castro

2º premio:

  • Centro: Colexio Sagrado Corazón de Jesús.
    • Localidade: Ribadeo (Lugo).
    • Alcume do equipo: Caralance.
    • Título do traballo: Sabor +Tradición = Calidade.
    • Coordinadora: Begoña Sanjurjo Santar.
    • Contía do premio: 600 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Carmen Rodríguez Rodríguez
    • Ángeles Torviso Fernández
    • Celia Pérez Val
    • Raquel Sanjurjo Díaz
    • Laura Rodríguez Lamas

3º premio:

  • Centro: CPR Plurilingüe Abrente.
    • Localidade: Sanxenxo (Pontevedra).
    • Alcume do equipo: Bubbles.
    • Título do traballo: O virtual non é real.
    • Coordinador: Andrés Hay Hermida.
    • Contía do premio: 300 euros e diploma.
  • Equipo:
    • Adán Outón Freijeiro
    • Tamara Patricio García
    • Andrea Cambados Márquez
    • Antía García Martínez
    • Tania Lima Besada
Gallego
Consumópolis 7

Sección: 

O conto do Instituto Galego de Consumo “Area fai seis” foi galardoado nos premios Mestre Mateo como mellor obra interactiva

O conto da Escola Galega de Consumo “Area fai seis” foi galardoado como mellor obra interactiva nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual durante a gala celebrada o sábado 28 de abril na Coruña.

A obra multimedia, totalmente interactiva con sons, animacións e outro tipo de efectos, foi editada por Galaxia con texto de Araceli Gonda e ilustracións en plastilina de María Noel Toledo e intégrase no “Proxecto de educación para o consumo en educación infantil”, creado pola EGC para constituírse nunha ferramenta teórica e referencial para levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor dende as primeiras etapas de Educación Infantil e para facer reflexionar aos máis cativos dunha forma lúdica.
O material didáctico forma parte do álbum dixital “Dálle a volta” e pódese consultar na páxina web do Instituto Galego de Consumo.
A protagonista deste conto é Area, unha nena a piques de cumprir seis anos que se sinte frustrada porque seus pais decidiron que para o seu aniversario tería unha festa diferente, sen agasallos e sen gastos innecesarios.

 

 

Gallego
“Area fai seis”

Sección: 

Cultura e Educación organiza unha nova Xornada de Innovación Educativa que contribúe á formación de 500 profesores

O evento “Innovando por competencias” celébrase entre hoxe e mañá no IES Universidade Laboral de Culleredo

O obxectivo deste encontro é reflexionar sobre os retos que supoñen a ensinanza e a aprendizaxe por competencias, e propoñeranse modelos de boas prácticas nas aulas, nos centros e nas comunidades educativas

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá un novo paso para a formación do profesorado coa organización das II Xornadas de Innovación Educativa: Innovando por Competencias, que hoxe e mañá terán lugar no IES Universidade Laboral de Culleredo, na Coruña.

Os principais obxectivos desta actividade de formación organizada desde a Consellería, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), son reflexionar sobre os retos que supoñen a ensinanza e a aprendizaxe por competencias e propoñer modelos de boas prácticas nas aulas,  nos centros e nas comunidades educativas.

Un dos obxectivos das xornadas é coñecer a orixe, a evolución e as tendencias actuais da innovación educativa asociada ao desenvolvemento das competencias básicas e disciplinares do alumnado e ao desenvolvemento de competencias profesionais do profesorado. Ademais, no encontro procederase a analizar, reflexionar e debater o estado actual da innovación educativa en relación coas competencias básicas e disciplinares e as competencias profesionais por parte dos axentes implicados.

Finalmente, compre salientar que as II Xornadas de Innovación Educativa pretenden das a coñecer e difundir experiencias que estean a desenvolverse no sistema educativo e que poidan constituír exemplificacións de boas prácticas para o profesorado de innovación sobre competencias básicas e/ou competencias profesionais.

O programa

As xornadas foron inauguradas polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema e, a continuación, o coordinador xeral do Proxecto Atlántida, Florencio Luengo, falou sobre as competencias básicas en España, a proposta europea e a LOE. Para finalizar a xornada do venres desenvolveuse unha mesa redonda que, baixo o título “As competencias para a innovación. Da investigación ás aulas”, foi seguida da interacción co público asistente.

O sábado haberá relatorios sobre experiencias educativas innovadoras nos que os protagonistas falarán sobre as distintas achegas innovadoras en todos os niveis educativos.

Posteriormente, o Gabinete de Mestres de educaBarrié dará a coñecer o proxecto educativo da Fundación Barrié compartindo así coa comunidade docente as súas expectativas, recursos e proxectos en marcha.

Ademais, ao longo do día haberá dúas conferencias; unha delas sobre innovación educativa no contexto da educación do século XXI, a cargo do profesor da Universidade de Granada, Fernando Trujillo, e a segunda delas, a cargo do catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, Ángel I. Pérez Gómez, será a que peche o encontro, na que falará sobre competencias e currículos.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Nace a rede social Redeiras para favorecer a interrelación entre o profesorado galego

Onte xoves, dentro das actividades do Congreso "Formación e competencias na nova sociedade" centrado nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación que está tendo lugar na Mostra do Ensino Galicia 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou Redeiras, unha rede social para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Desta forma créase unha rede social de carácter profesional dirixida ao profesorado dos centros educativos públicos de Galicia, proporcionándolle un espazo de encontro, comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc.

Un espazo profesional

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da Consellería, nun entorno profesional e fiable.

Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha nova rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.

Así mesmo, Redeiras ofrece todas as funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos en liña, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

A nova rede social nace con expectativas dun crecemento continuo, tanto no número de usuarios como no número de funcionalidades, contemplando a posibilidade de futuras incorporacións de novos servizos e melloras nesta plataforma.

O proxecto Redeiras súmase así ao conxunto de ferramentas da web 2.0 que actualmente ofrece a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria á comunidade educativa.

Gallego
Redeiras

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Xente con vida

O 30 de marzo púxose en marcha a iniciativa de comunicación 2.0 Xente con Vida liderada pola Consellería de Sanidade.
Xente con Vida céntrase na Alimentación Saudable e trata todo tipo de asuntos relacionados con esta temática, sempre con información fiable elaborada por expertos do sistema sanitario galego.

Queres ser Xente con Vida? A iniciativa está presente en web, blog, Facebook e Twitter.

 

 

 

 

 

Gallego
Xente con vida

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación fomenta a intercomunicación entre o profesorado galego a través da nova rede social educativa Redeiras

A nova rede social será un espazo de encontro, de comunicación e colaboración entre os docentes

Gallego
Rede social educativa Redeiras
Rede social educativa Redeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de crear Redeiras (http://www.edu.xunta.gal/redeiras), unha rede social para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Desta forma créase unha rede social de carácter profesional dirixida ao profesorado dos centros educativos públicos de Galicia, proporcionándolle un espazo de encontro, comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc.

Un espazo profesional

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da Consellería, nun entorno profesional e fiable.

Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha nova rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.

Así mesmo, Redeiras ofrece todas as funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos en liña, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

A nova rede social nace con expectativas dun crecemento continuo, tanto no número de usuarios como no número de funcionalidades, contemplando a posibilidade de futuras incorporacións de novos servizos e melloras nesta plataforma.

O proxecto Redeiras súmase así ao conxunto de ferramentas da web 2.0 que actualmente ofrece a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria á comunidade educativa.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Cultura e Educación continúa a realizar as actividades gratuítas densenvolvidas polo “FalaRedes”, para a Rede de Dinamización Lingüística

As iniciativas, dirixidas a todas as idades, estanse a desenvolver durante as fins de semana e festivos ata o mes de decembro

O novo programa de actividades está dirixido á poboación dos concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística impulsada polo Goberno galego

Hoxe e maña o “Galego de cine” visitará as localidades de Xinzo de Limia e Sarreaus

Gallego
Cultura e Educación continúa a realizar as actividades gratuítas
Cultura e Educación continúa a realizar as actividades gratuítas densenvolvidas polo “FalaRedes”, para a Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa a desenvolver o programa FalaRedes nos concellos, mancomunidades e deputacións que compoñen a Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Cómpre recordar que FalaRedes levará 250 actividades programadas en colaboración con todas as entidades locais que conforman a RDL, a un público potencial de 750.000 persoas –máis da cuarta parte da poboación da nosa comunidade-. O programa consta de tres iniciativas, destinadas a un público infantil, xuvenil e xeral, que buscan crear espazos de uso e aprendizaxe da lingua galega vencellados ao lecer, á modernidade de todos os públicos, co fin de promover unha imaxe positiva do galego e de sensibilizar sobre a utilidaed e o valor do idioma propio de Galicia, de acordo cos obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega (2004).

Dinamización do galego

Dentro das actividades de FalaRedes a lingua galega percorre o país en caravana, a través de “Galego de Cine”, unha sala de cinema itinerante que levará ás vilas de Galicia boa parte das curtametraxes feitas no noso idioma contando como espectador cun público obxectivo de entre 6 e 12 anos. Logo do visionado dos filmes, os cativos converteranse en estrelas da gran pantalla mediante a composición dunha historia nun video-matón, que estará accesible a través de Internet. A actividade chegará hoxe á Praza de Carlos Casares, no concello de Xinzo de Limia, onde fará parada entre as 17:00 e as 20:00 horas. A Praza da Capela, en Sarreaus, será o vindeiro destino, no que estará mañá das 16:00 ás 19:00 horas.

Outra das iniciativas desta edición do FalaRedes é “O señor das dunas”, un contacontos que vai narrando unha serie de historias ao tempo que un artista gráfico as ilustra sobre area. Cada un dos participantes desta actividade recibirá como agasallo o libro 5 contos galegos, que poderá complementar a través da descarga en Internet dos Contos arredor do microondas (http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/contos_arredor_microondas.pdf).

A outra actividade que percorrerá as localidades galegas e o “Titerehop”, dirixida a que adolescentes de 13 a 17 anos constrúan as súas propias letras de cancións cun profesor ben coñecido por eles: García MC, o rapeiro de Dios ke te crew. A continuación, os monicrequeiros de Viravolta ensinaranlles a facer un monicreque cantor. Xa que logo, só lles queda por demostrar aos participantes nesta iniciativa a súa valía artística, que tamén se poderá ver na rede a través de http://titerehop.wordpress.com.

Toda a información sobre o programa, así como o calendario de actividades, está xa accesible no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega/falaredes e nas redes sociais.

116 entidades xa están na RDL

113 entidades municipais e supramunicipais conforman a día de hoxe a RDL, canda o Consello da Cultura Galega -co que a Administración autonómica asinou un acordo de colaboración o pasado 6 de marzo, coa finalidade de que a entidade estatutaria poña a disposición da RDL ferramentas técnicas de traballo e lle preste apoio e asesoramento á súa Área Técnica- o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e a fundación pontecesá Eduardo Pondal. Así, xa son 116 entidades as adheridas a esta iniciativa coa que o Goberno galego busca coordinar e impulsar a dinamización social do galego.

Apoio ás entidades locais que promoven o galego

Esta semana a Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde do 26 de marzo de 2012, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de decembro de 2011. En virtude desta resolución, a Xunta de Galicia promoverá accións de dinamización lingüística nos 141 concellos de Galicia aos que lles foron concedidas subvencións para manter ou crear servizos lingüísticos, así como para desenvolver programas e campañas de dinamización lingüística no ámbito local. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove deste modo a creación de 17 novos servizos lingüísticos no territorio galego que funcionarán no marco de 46 concellos. En 39 deles xestionaranse as actuacións de dinamización lingüística de maneira compartida. Deste xeito, a Consellería de Cultura e Educación impulsa, no ámbito dos servizos públicos dirixidos á cidadanía –nomeadamente no dos servizos lingüísticos- a prestación de servizos compartidos, coa finalidade de optimizar os recursos e de aproveitar as sinerxías, de cara a acadar a máxima eficiencia e eficacia na xestión dos recursos públicos dentro da planta municipal galega.

 

Tema: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación formou xa a preto de 11.000 docentes no uso das TIC ao abeiro do Proxecto Abalar

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad impulsa a formación de coordinadores e profesores como eixo fundamental deste proxecto para a modernización do ensino

Docentes e familias teñen ademais á súa disposición máis de 960 recursos didácticos no Repositorio de Contidos Dixitais, un 26% máis que o curso pasado

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten formado xa a preto de 11.000 docentes –coordinadores e profesores implicados-  no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no marco do plan de formación do Proxecto Abalar, polo que se están a transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais.

Neste sentido cómpre lembrar que o Abalar naceu co obxectivo de impulsar un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino.

Para iso, a Consellería está a fomentar a cultura dixital na práctica educativa, imprescindible para acadar a integración das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo; o que se traduciu no deseño dun plan de formación específico para a habilitación do profesorado no uso das TIC na docencia, e na posta en marcha de charlas dirixidas ás familias.

Así, téñense formado a 434 coordinadores nos centros Abalar e 10.506 profesores, a través de 600 accións, o que supón máis de 25.000 horas de formación específica impartida. Doutra banda téñense impartido 238 charlas no marco do Plan Navega con Rumbo, e 220 charlas no do Plan Coñece o espazoAbalar, dirixidas a que as familias poidan coñecer as vantaxes que a plataforma do proxecto lles ofrece para o seguimento da vida académica dos seus fillos.

Tanto profesores como familias teñen á súa disposición, ademais, os diversos materiais didácticos que ofrece o Repositorio de Contidos Dixitais – enmarcado no espazoAbalar, plataforma web do Proxecto-, que conta xa con 960 recursos, un 26% máis que o curso pasado.

Premios innovación

Así mesmo, e para impulsar  a implicación do profesorado neste proxecto, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia impulsou, entre outras medidas, unha convocatoria de premios ao profesorado de centros sostidos con fondos públicos para o desenvolvemento de novos contidos educativos.

En total concedéronse 9 premios ao profesorado que desenvolveu novos contidos educativos dixitais en 2011 en diferentes materias e niveis educativos, uns contidos que xa se poden descargar no Repositorio de Contidos Dixitais.

Tema: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación contará coa participación de Carsten Moser na conferencia inaugural da Mostra do Ensino 2012

O presidente da Cámara de Comercio de Alemaña falará no Congreso sobre Formación e Competencias que se desenvolverá do 11 ao 14 en ExpoCoruña

O evento contará con máis de medio cento de expositores e varios relatores de primeiro nivel

Gallego

Carsten R. Moser, presidente da Cámara de Comercio de Alemaña en España e patrono da Fundación Bertelsman pronunciará a conferencia inaugural do Congreso “Formación e competencias da nova sociedade”, dentro da Mostra do Ensino Galicia 2012, eventos ambos que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O encontro desenvolverase do 11 ao 14 do presente mes de abril en ExpoCoruña, en horario de 10 a 20 horas.

O experto alemán en asesoramento a empresas e institucións falará da situación económica no noso país, no contexto de crise internacional, e dos factores que definen a competitividade do sistema produtivo español. Abordará así mesmo as reformas que, na súa opinión, debe levar a cabo España e centrará parte da súa intervención na importancia do capital humano e nas competencias profesionais que son precisos para acadar unha correcta inserción no mercado laboral actual.

Carsten Moser, actual vicepresidente da Fundación Euroamérica, sempre estivo vencellado ao noso país e, de feito, doutorouse cun traballo sobre a importancia do turismo para o desenvolvemento económico de España, foi correspondente na península do semanario Die Zeit e conselleiro delegado e editorial de G+J España Edicións.

O Congreso, enmarcado na Mostra do Ensino, abordará, en catro xornadas temas relacionados coa FP, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), os idiomas, a convivencia nos centros educativos e a atención á diversidade. O primeiro día intervirá tamén Dorlies Radike-Thiel, encargada do departamento educativo do concello de Berlín, que falará sobre “A formación dual en Alemaña”. Ademais, desenvolveranse senllas mesas redondas sobre o papel dos centros integrados de formación profesional na cualificación do capital humano e sobre o panel “Aprender a emprender: xeración de valores para un novo modelo económico”, na que participarán o presidente de Blusens, AJE Galicia, Cluster TIC de Galicia y director xeral de IMATIA.

Na segunda xornada, dedicada as TICs, o profesor da Universidade Ramón Llull, Miguel Angel Prat, falará sobre o tema “Motivación, TIC e xestión de cambio”; a profesora Dolors Reig, da Universitat Oberta de Catalunya, ocuparase das “Redes sociais na educación”, mentres a Conselleria e Cultura e Educación presentará a súa rede social “Redeiras”. As sesións completaranse cunha mesa redonda sobre “Integración das TIC na práctica educativa” e con obradoiros prácticos.

O venres 13, o director executivo de Vaugham Systems, Richard Vaugham, pronunciará unha conferencia sobre o papel do profesor como catalizador da aprendizaxe, e o director xeral do Ministerio, Xavier Gispert desenvolverá o tema “As linguas estranxeiras en España: unha visión de futuro”. Logo dunha mesa redonda sobre plurilingüismo en Galicia, a xornada rematará coa presentación das boas prácticas sobre o plurilingüismo nos centros educativos.

Na sesión matinal do sábado terán lugar, finalmente, dúas mesas redondas sobre os temas “Convivencia, un labor de todos” e “Diversidade nas aulas: a inclusión como oportunidade para o sistema educativo”. Na primeira participarán o xuíz Vázquez Taín, a avogada Beatriz Seijo, e os presidentes das asociacións de pais de alumnos, CONFAPA e CONGAPA, Virgiliio Gantes e Jorge Villarino, respectivamente. Na segunda tomarán parte Anxo Queiruga, presidente de COGAMI; Jose Abraldes (ONCE), Delmiro Prieto (Down Galicia) e Dolores Martínez (Asociación de Altas Capacidades), e Manuel Losada, director do Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol.

Ademais do Congreso, a Mostra do Ensino Galicia 2012 contará con  51 stands destinados a amosar á cidadanía, familias e alumnos, a realidade do sistema educativo galego, para que poidan tomar as mellores decisións de cara a súa formación e o seu futuro académico e profesional. Na zona de exposicións, no so estarán os stands das institucións e as empresas, senón tamén outros ocupados por Abalar, Eduemprende, Galiciaskills ou os temáticos relativos a sectores profesionais como as enerxías alternativas, fabricación mecánica, actividade agraria, instalación e mantemento de enerxía e auga, hostalaría e turismo, química e sanidade, mantemento de vehículos autopropulsados, ou acreditación profesional e carnés profesionais, entre outros.

Tema: 

Departamento: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación felicita á alumna e á comunidade escolar do IES do Castro que acadou unha das dúas bolsas adxudicadas a España para participar no instituto de verán Benjamin Franklin 2012

O logro acadado por esta rapaza, que contribúe a reforzar a aposta da Consellería pola potenciación do ensino das linguas estranxeiras e a mellora da calidade do noso sistema educativo

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de felicitar a Antía Fernández Fernández, alumna do IES do Castro (Vigo), que acadou unha das dúas bolsas adxudicadas a España para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2012, programa impulsado pola Embaixada dos Estados Unidos en España para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad amósase satisfeito do logro acadado por esta estudante, nunha convocatoria na que os requisitos esixían un excelente coñecemento do inglés, así como excelencia académica - unha nota media mínima de ‘Notable’ no seu expediente académico-. Deste xeito, recoñecementos como o acadado por esta alumna contribúen a reforzar a aposta que a Consellería está a facer polo ensino de idiomas, a través do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, e pola mellora da calidade do noso sistema educativo.

Neste sentido cómpre felicitar tamén ao conxunto da comunidade educativa do IES do Castro, polo seu bo facer na formación das alumnas e alumnos. De feito, este centro vigués é un dos 144 que vén de asinar un contrato-programa a prol da mellora da calidade do ensino coa Consellería. En concreto, este centro desenvolve actuacións no marco da liña 5 deste programa, para a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, a través do programa do Diploma da Organización do Bacharelato Internacional (IBO), que veñen desenvolvendo.

A experiencia

A alumna participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfronta a mocidade en ambos os dous lados do Atlántico. A experiencia desenvolverase nunha localidade norteamericana - aínda por determinar -durante catro semanas en xuño-xullo de 2012 e reunirá aproximadamente a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos.

Durante a estadía, esta alumna galega e os seus compañeiros traballarán nun proxecto conxunto no que explorarán como as mozas e mozos de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Neste sentido afondarán no sentido da liberdade de expresión como un dereito e unha fonte de responsabilidades para a cidadanía.

Ademais os beneficiarios da bolsa participarán en programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo, eventos culturais e seminarios, entre outros.

Tema: 

Colectivo: