Título node Learning object
O conto da Escola Galega de Consumo “Area fai seis” foi galardoado como mellor obra interactiva nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual durante a gala celebrada o sábado 28 de abril na Coruña.
A obra multimedia, totalmente interactiva con sons, animacións e outro tipo de efectos, foi editada por Galaxia con texto de Araceli Gonda e ilustracións en plastilina de María Noel Toledo e intégrase no “Proxecto de educación para o consumo en educación infantil”, creado pola EGC para constituírse nunha ferramenta teórica e referencial para levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor dende as primeiras etapas de Educación Infantil e para facer reflexionar aos máis cativos dunha forma lúdica.
O material didáctico forma parte do álbum dixital “Dálle a volta” e pódese consultar na páxina web do Instituto Galego de Consumo.
A protagonista deste conto é Area, unha nena a piques de cumprir seis anos que se sinte frustrada porque seus pais decidiron que para o seu aniversario tería unha festa diferente, sen agasallos e sen gastos innecesarios.