Gallego

Novo sitio temático de educación viaria Eucirculo

O novo espazo web de educación viaria de Galicia Eucirculo ofrece á comunidade educativa galega un sitio de referencia das actividades e recursos que neste ámbito se ofrecen na nosa Comunidade. Este espazo temático está plenamente integrado no Portal Educativo da Consellería dentro do proxecto de reorganización do mesmo polo que xa se levan creados os novos espazos do Boletín Informativo, de Innovación Educativa, de Linguas Estranxeiras e de Atención á diversidade e Orientación.
Os dous bloques principais de Eucirculo, Actividades e Recursos, comparten na súa portada espazo coas campañas destacadas, un glosario de educación viaria e unha sección de ligazóns recomendadas que se irán completando coa colaboración dos centros e de todas as institucións e entidades que estean desenvolvendo programas e actividades de educación viaria en Galicia.
O máis recente ofrece toda a información publicada na web e na sección de Normativa irá aparecendo toda a lexislación educativa e formativa relacionada coa educación viaria.
No apartado de Recursos aparecerán informes, documentos, experiencias de boas prácticas nos centros, axudas, premios e ferramentas que favorezan o desenvolvemento da educación viaria nos centros e no seu contorno.
No bloque de Actividades iranse colgando todas aquelas accións que se ofrezan ou se teñan realizado nos centros e as actividades de formación que están a dispor dos implicados no proceso educativo. Neste eido, por exemplo, acábase de iniciar na Plataforma de Teleformación Galega (Platega) o curso “Estratexias didácticas de Educación para a Seguridade Viaria no ensino non universitario” no que participan 100 profesores ou ofrécense as gravacións en vídeo dos relatorios da Xornada de Educación para a Seguridade Viaria, en ambos casos actividades incluídas no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2011/2015. Outras iniciativas teñen que ver cos obradoiros ofrecidos polas Xefaturas Provinciais de Tráfico de Galicia ou campañas como a que se inicia coa inauguración de Eucirculo para sensibilizar á xuventude sobre as consecuencias dos accidentes de tráfico e que se abre hoxe baixo o título "Nun segundo...cambia a túa vida".

Gallego
Sitio temático de educación viaria Eucirculo

Sección: 

Campaña de sensibilización ante as consecuencias dos accidentes de tráfico “Nun segundo... cambia a túa vida”

No novo sitio web Eucirculo ten unha especial relevancia o lanzamento da campaña de sensibilización ante as consecuencias dos accidentes de tráfico “Nun segundo... cambia a túa vida”, ofrecida en colaboración co Instituto de Educación Viaria da Fundación MAPFRE. Esta iniciativa didáctica parte dun vídeo documental protagonizado por xente nova que sufre e convive coas consecuencias dun accidente de tráfico que cambia a súa vida de xeito radical. Os seus principais obxectivos son:

  • Sensibilizar a xente nova sobre os perigos dunha condución imprudente.
  • Concienciar da obriga de ser bos condutores, e de que iso esixe o cumprimento das normas.
  • Recoller a través do cuestionario as condutas e as actitudes da xente nova ante a condución, a estrada e a seguridade viaria.

Trátase dunha actividade dirixida durante esta segunda parte do curso escolar 2011-2012 ao alumnado de 4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos, PCPI e de ensinanzas de réxime especial como a educación de persoas adultas.
Esta campaña consta de tres partes cunha duración aproximada dunha hora e, aparte do vídeo, ofrece un díptico informativo, unha guía para o profesorado, un cuestionario de avaliación en rede para o alumnado e unha ficha de seguimento para o profesorado responsable da actividade.
 

Gallego
Nun segundo...cambia a túa vida

Sección: 

II Concurso de relatos de inspiración científica ("Inspiraciencia")

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica que pretende combinar ciencia e escritura dunha forma participativa e ser un estímulo para a innovación. Está organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en colaboración con outras entidades como a Escuela de Escritores ou a Editorial Galaxia.

Modalidades

O concurso ten dúas modalidades competitivas: relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras).

Categorías
Hay dúas categorías de participación: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos).

Os participantes deben rexistrarse nuunha das dúas categorías e poden enviar como máximo un relato para cada modalidade. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato.

Lingua
Os relatos poden estar escritos en galego, castelán ou catalán.

A data límite para a participación no concurso é o 15 de marzo de 2011.

 

Gallego
Inspiraciencia

Sección: 

Contidos educativos en formato dixital (Edilim) realizados para o Programa PALE 2011

O repositorio do Espazo Abalar segue ampliando a súa oferta cunha primeira selección de 34 contidos educativos en formato dixital realizados coa ferramenta de autor Edilim dentro da Fase C de "Elaboración de materiais do programa PALE e outras actividades formativas".  Trátase de aplicacións en inglés, francés ou portugués para os diferentes niveis educativos e para as materias que imparten os docentes participantes. Os Obxectos Dixitais Educativos (ODE) foron realizados de xeito individual ou como parte dun proxecto grupal.

Referencia:

Orde do 30 de marzo de 2011 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE) e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011 (DOG do 5 de abril de 2011).

Resumo dos recursos publicados:

I Express Myself with my Body

Actividade en LIM para traballar en inglés a expresión corporal.
"Cando non falamos, o noso corpo comunícase consciente ou inconscientemente".

Nivel: 3º Primaria.

 

 

Basic Elements of the Images

Actividade en LIM para coñecer os elementos básicos da imaxe (EE.BB) mediante a análise da mesma presentes en cada imaxe de mostra.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

Baroque Style

Libro LIM para traballar a música e músicos do período barroco en inglés. Intenta aproveitar o contexto sociocultural e a música dos séculos XVII e XVIII.

Nivel: 3º da ESO

 

 

 

Volleyball for Beginners

Libro Interactivo Multimedia (LIM) en inglés para introducir aos alumnos de 1º da ESO no deporte do voleibol: as orixes, regras básicas, os tipos de saque, pases, ataque, bloqueo.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

A Day at the Mall

O obxectivo deste ODE é proporcionar aos alumnos o vocabulario e as estructuras que se ocupan das compras coa variante lingüística estadounidense, que non é moi común nos nosos libros de texto.

Nivel: 3º da ESO.

 

Orientereeing, Nature and Space

Libro Interactivo Multimedia (LIM) en inglés no que se traballan conxuntamente as áreas de ciencias naturais, ciencias sociais e educación física, usando como nexo conductor a orientación espacial.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

Play with Numbers

Para iniciar aos alumnos nas matemáticas en inglés precisamos saber que é o que eles saben a xeito de avaliación diagnóstica. Na unidade traballamos os números deica o 10. O zip inclúe fichas como complemento de este LIM.

Nivel: 1º Primaria.

 

 

Studying and Working Out my Muscles

O estudo dos músculos centran esta proposta, que pretende que o alumno coñeza a súa localización anatómica, pero sobre todo o seu papel protagonista no movemento e como os exercicios encamiñados á mellora da forza e da flexibilidade son piares básicos da condición física saudable.

Nivel: 4º da ESO.

 

 

Science, Matter and Meassurement

Esta Unidade Didáctica pretende ser unha primeira aproximación ás áreas científicas (fundamentalmente física e química e matemáticas) dentro do programa de 3º da ESO.

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Fat Crab in a Hat

A través da personaxe principal nesta historia, un cangrexo nun sombreiro, os nenos coñecerán a varios animais, a forma na que se moven e algunhas das súas características. A pronunciación e o ritmo trabállase mediante as rimas e o patrón da historia.

Nivel: 6º Infantil.

 

 

Out & About in London

O tema de esta actividade “Out and About” obedece principalmente a tres eixos: 1.- Desenvolver a lingua estranxeira como forma de comunicación na aula; 2.- Resolver cuestións en determinados contextos e 3.- Aproveitar a propia motivación das actividades de lecer, deporte, medios de transporte, comidas… para aumentar o vocabulario e expresións propias da lingua inglesa.

Nivel: 2º da ESO.

 

Tourist Information & Customer Service at Accommodation

Unidade centrada no estudo do vocabulario específico, as estruturas e os procesos das organizacións cos aspectos técnicos, proporcionando un conxunto de tarefas de análise para entender o comportamento.

Nivel: Ciclos Formativos.

 

 

Visual Communication

Unidade para traballar a linguaxe e comunicación visual: obxectivo e función da imaxe (informativa, expresiva, estética e representativa), os signos e símbolos e os medios de comunicación que utilizan imaxes fixas e en movemento.

Nivel: 3º da ESO.

 

 

The Tertiary Sector

O sector terciario implica unha gran variedade de actividades profesionais, algunhas delas, tales como a saúde e a educación contribúen directamente no benestar da poboación.
O desenvolvemento deste sector está ligado ás novas tecnoloxías e ao turismo.

Nivel: 3º da ESO.

 

My Totem Pole

Unidade deseñada para axudar aos alumnos a desenvolver habilidades para comprender a cultura canadiense e a arte aborixe. O estudo dunha cultura pode axudar aos nosos alumnos a valorar a súa propia.

Nivel: 6º de Primaria.

 

 

Construction Materials

Unidade didáctica bilingüe para traballar vocabulario específico de materiais de construción e as súas propiedades: granito, mármore, xiz, morteiro, formigón, formigón armado, vidro,...

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Elements, Compounds and Mixtures

Con esta unidade preténdese que o alumnado sexa quen de clasificar a materia, distinguindo entre substancias puras e mesturas, entre elemento e composto e entre mestura homoxénea e heteroxénea.

Nivel: 3º da ESO.

 

Last Evening in London

Nalgunhas ocasións o alumnado da ESO programa una saída cultural a Londres. Esta é una actividade para que practiquen como desenvolverse nunha tenda ou nun restaurante….

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Areeiras da Limia

Experiencia multidisciplinar (departamentos de Educación Física, de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas) de orientación e interpretación do medio, nunha explotación mineira de áridos.

Nivel: 1º curso de Bacharelato.

 

 

Animal World

Con esa unidade en inglés traballaremos os animais nos seus hábitats: salvaxes, domésticos e mascotas mediante exercicios de relación, identificación, comprensión de textos ou xogos diversos.

Nivel: 1º curso de Bacharelato.

 

 

Musique Maestro! Concert à Paris

Unidade didáctica dirixida ao alumnado de francés e música.
Seguindo a ruta parisiense do músico Igor Stravinsky, o obxectivo da unidade é traballar o léxico de instrumentos musicais e estruturas gramaticais.

Nivel: 2º curso da ESO.

 

 

The Human Body

O corpo é un dos primeiros temas en ser tratado nas programacións de Primaria a partires da realidade máis próxima ao neno. Basearémonos na curiosidade do alumno e a aprendizaxe significativa.

Nivel: 2º de Primaria.

 

Les animaux

Tras o desenvolvemento desta unidade o alumnado será quen de comunicarse oralmente e por escrito en lingua francesa no contexto dunha "visita a un zoo".

Nivel: 5º curso de Primaria.

 

 

 

Learning from Forests

Unidade para traballar e repasar vocabulario en inglés sobre o nome das cores, partes do corpo, números, parentescos, animais e tempo de xogo usando como nexo condutor o outono.

Nivel: 1º curso de Primaria.

 

About Trees

Con esta unidade traballaremos nun primeiro momento os tipos de árbores e os seus froitos. Despois pasaremos a proxectos creativo-artísticos co tema das árbores, estacións,... usando materiais diversos: follas, pinturas, materiais de reciclaxe,...

Nivel: 2º curso de Primaria.

 

 

Plane Isometries

As formas xeométricas forman parte da nosa vida cotiá, podemos atopalas na natureza, nos obxectos da nosa contorna, na arte e, incluso, na publicidade ao usar logotipos comerciais que encerran propiedades como a simetría respecto dun determinado eixo.

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Familles ici et là!

Primeira aproximación á lingua francesa. Partindo do tema "a familia" permitiranos explorar diferentes aspectos: vocabulario, gramática, sociocultural,...

Nivel: 1º de Bacharelato.

 

 

 

The Renaissance Period

Proposta multidisciplinar (literatura, tecnoloxía, educación plástica e visual, música e educación física)

Nivel: 3º da ESO.

 

 

Move your Body!

As partes do corpo é un dos campos semánticos máis traballados en Primaria. Nesta unidade o alumnado traballará este vocabulario mediante actividades lúdicas e motivadoras.

Nivel: 3º de Primaria.

 

 

Galician Trees

Unidade didáctica para traballar as árbores autóctonas de Galicia en inglés. Foméntase con ela o respecto pola fauna, vexetación e plantas. Impúlsase a idea da repoboación con especies autóctonas, un maior coñecemento da vida dos bosques galegos, e unha mellor conciencia medioambiental.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

I´m a Little Teapot...

O obxectivo fundamental deste libro LIM é enfatizar a importancia de ser educado nas relacións sociais, en calquera situación da vida diaria, tanto persoalmente como con persoas doutros países (especialmente no Reino Unido, onde o té é un dos máis importantes eventos sociais), utilizando expresións como: "por favor", "grazas" ou "Benvido".

Nivel: 3º de Primaria.

 

Refeições portuguesas

A elección das comidas como tema a desenvolver serve para iniciar o alumno nos costumes e tradicións da sociedade portuguesa, así como na súa cultura gastronómica, contribuíndo tamén á valoración dunha realidade moi próxima e á superación de prexuízos.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

The Biosphere

O tema central en torno ao cal xira esta unidade son os seres vivos. Trátanse aspectos diferentes en canto á súa organización, as súas características específicas que os distinguen do material inerte, como tamén a necesidade de clasificalos de forma xerárquica.

Nivel: 1º da ESO.

 

 

Let the Choir Sing

A voz humana é o noso maior medio de comunicación e unha rica fonte de pracer artístico.
A través das actividades desta unidade, o alumnado ten a oportunidade de descubrir a alegría de cantar en grupo.

Nivel: 2º da ESO.

 

 

 

Gallego
Repositorio do Espazo Abalar

Colectivo: 

"Electronics" do IES Fonmiñá, Pastoriza (Lugo) 3º premio Innovación Educativa 2010 Modalidade A (Fomento do plurilingïsmo) E. secundaria/bacharelato

Sinopse:

Este traballo recolle as prácticas desenvolvidas na Sección Bilingüe en inglés para a materia de Tecnoloxía en 4º de ESO, coa pretensión de dar a coñecer ao alumnado algúns conceptos básicos de electrónica e, ao mesmo tempo, posibilitar a adquisición do vocabulario básico en lingua inglesa relacionado con este campo.

Autor: Demetrio José Hermida Castro.

Nivel: 4º ESO.

Materiais anexos:

  • Memoria do proxecto.

 

Gallego
Electronics

Tema: 

Sección: 

Disciplinas: 

"Electricidade: Ensino bilingüe" do IES Antonio Fraguas Fraguas, Santiago de C. (A Coruña) e do IES Nº 1, A Estrada (Pontevedra) 3º premio Innovación Educativa 2010, Modalidade a (Fomento do plurilingüismo) E. Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Materias interactivos bilingües para o seu uso mediante ferramentas TIC, empregados para o desenvolvemento dos contidos de electricidade da materia de Tecnologías de 3º de ESO.

Actividades de introdución, reforzo e avaliación interactivas con retroalimentación.

Materiais visuais e sonoros, animacións, explicacións e actividades de “listening”.

Autores:

  • Coordinador: Marcos Vázquez Rozas
  • Participante: María Isabel Blanco Arnejo
     

Nivel: 3º ESO.

Materiais anexos:

  • Memoria do proxecto
Gallego
Electricidade: ensino bilingüe

Tema: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Xesús Vázquez Abad destaca o traballo do CEIP Ramón Cabanillas a prol da mellora da calidade educativa a través do contrato-programa asinado coa consellería

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou hoxe este centro compostelán

Vázquez Abad anunciou obras de mellora no colexio por importe de 3.000 euros

O centro participa en programas punteiros como o Abalar, o que supuxo un investimento de 21.890 euros

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Ramón Cabanillas, en Santiago de Compostela

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe o traballo que a comunidade escolar do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela) está a desenvolver a prol da mellora da calidade educativa, a través do contrato-programa que vén de asinar coa Consellería. Tal e como explicou Vázquez Abad na súa visita a este colexio, 28 alumnas e alumnos beneficiaranse este curso das iniciativas postas en marcha ao abeiro da liñade reforzo, orientación e apoio, no marco destes contratos-programa, co fin de potenciar a aprendizaxe e rendemento do alumnado.

O conselleiro explicou ademais que o plan PROA ten experimentado un incremento dun 35%, con 213 centros beneficiados este curso respecto dos 157 da etapa do Goberno bipartito. Deles, 130 correspóndense con colexios e institutos que asinaron coa Consellería contratos-programa, mentres que os 83 restantes son centros de ensino que participan do Plan de Iniciativas de Mellora (PIM), “o que significa unha aposta mpoi importante do departamento educativo da Xunta de Galicia polas medidas contr ao fracaso escolar”, dixo Vázquez Abad.

O conselleiro reincidiu no compromiso do departamento que dirixe para dar resposta ás demandas de programas de mellora por parte daqueles centros que, de forma voluntaria, realizaron unha autoavaliación e presentaron un proxecto de mellora da calidade educativa; o que se fixo realidade coa sinatura de 144 contratos-programa con centros educativos galegos.

En concreto, a Consellería comprometeuse, ao abeiro do contrato-programa, a dotar ao centro dun docente a media xornada, así como a proporcionar ao colexio gratificacións pola coordinación das actuacións e unha achega adicional de 14.000 euros para gastos xerais de funcionamento e transporte escolar derivadas do desenvolvemento desta iniciativa.

Durante o seu percorrido polo centro, no que estivo acompañado pola súa directora, Mª Dolores Domínguez Díaz, e polo xefe territorial de Educación na provincia; Indalecio Cabana, Vázquez Abad anunciou ademais obras de mellora neste colexio por importe de 3.000 euros. Desta forma darase resposta á demanda da súa comunidade educativa de colocación dun pasamáns de saída desde as aulas de infantil ao patio cuberto.

Reforzo e apoio

O centro compostelán desenvolverá a primeira das liñas contempladas na iniciativa de contratos-programa, a de reforzo, a orientación e o apoio, co fin de mellorar as accións que se viñan desenvolvendo ao abeiro do programa de reforzo, orientación e apoio (PROA). O contrato-programa deste colexio concentra as súas actuacións nas estratexias de comprensión lectora, técnicas de escritura creativa e técnicas de velocidade lectora, entre outras.

Cómpre destacar que cos contratos-programa permanecen as dúas liñas de acción do PROA. Este centro en concreto desenvolve a modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo, dirixido ao alumnado que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe, así como a aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve. O obxectivo é potenciar a aprendizaxe e o rendemento deste alumnado mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, a mellora da súa integración, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais.

Programas punteiros

O conselleiro explicou ademais que o CEIP Ramón Cabanillas, no que estudan 339 alumnas e alumnos, participa de programas punteiros desenvolvidos pola Consellería. De feito forma parte do Proxecto Abalar, con 2 aulas das que se benefician 29 estudantes, que contan con cadanseu ordenador ultraportátil, ademais do encerado dixital, o ordenador para o profesor e o carriño de carga que compoñen o lote, o que supuxo un investimento de 21.890 euros. Ademais no centro tense instalado 1 kit de aula dixital, composto por un ordenador portátil, un encerado dixital interactivo e un proxector, ao abeiro do acordo subscrito entre a Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es - dependente do Ministerio de Industria-. Neste sentido lembrou que xa se teñen repartido 626 kits en centros educativos galegos este curso, e que previsto repartir en próximas datas 156 kits máis.

Este colexio leva tamén recibidos 8.250 euros para a mellora da súa biblioteca escolar, e conta con servizo de transporte e comedor escolar, o que supón unha achega por parte da Consellería de preto de 152.400 euros para este curso.

Colectivo: 

Sección: 

Web "Sencarie"

Aplicación multimedia de xogos educativos para infantil e primaria, onde se repasan, dun xeito divertido e ameno, os principais conceptos que se deben coñecer en materia de saúde bucodental.

Podemos atopar os seguintes recursos:

  • Guía: "A boca e o seu coidado".
  • Guía: "Orientación para as persoas titoras".
  • Xogos clasificados por etapas: Educación Infantil, 1º, 2º e 3º Ciclo de Primaria.
  • Fondos de pantalla e debuxos para colorear.

 

 

 

Gallego
Sencarie

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Ábrese a segunda edición do concurso internacional en rede "Google Science Fair" dirixido a alumnado entre 13 e 18 anos

2ª Edición do "Google Science Fair", o maior concurso de ciencias en Internet. Organizado desde Google de xeito conxunto coa Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), National Geographic, Scientific American e LEGO.

A través do concurso invítase aos estudantes de entre 14 e 18 anos de todo o mundo a facer as súas preguntas sobre aquilo que lles rodea e a respondelas aplicando a investigación científica, incentivándoos de este modo, a explorar de xeito divertido un ámbito ás veces afastado dos intereses os estudantes.

Desenvolvemento do concurso:
De xeito individual ou en equipos de ata tres persoas, os estudantes formulan unha pregunta, desenvolven unha hipótese e experimentos científicos para verificalo. A continuación, deben compartir as súas pescudas, así coma o proceso seguido, incorporándoas nunha plantilla que estará dispoñible no sitio web: www.google.com/events/sciencefair/ .
O prazo para participar finaliza o próximo 1 de abril de 2012.
Un xurado composto por distinguidas personalidades, entre elas Vint Cerf, considerado un dos pais de Internet ou a oceanógrafa Sylvia Earle, seleccionará aos gañadores en cada categoría de idade (13-14, 15-16, 17-18 anos), así como o gañador do premio Ciencia en Acción de Scientific American. Un premio que recoñece o proxecto máis destacado, entendido este como a proposta que en maior medida poda repercutir nos ámbitos sociais, medioambiental ou sanitario.
Os premiados recibirán desde unha beca universitaria de 50.000 dólares ata viaxes ou estancias nalgún dos organismos colaboradores.


Gallego
2ª Edición do concurso "Google Science Fair"

Sección: 

Dúas alumnas do CPI Plurilingüe dos Dices de Rois (A Coruña) gañadoras europeas do concurso de ciencia "Youtube Space Lab"

Laura Calvo e María Vilas, estudantes de 4º ESO do CPI Plurilingüe dos Dices, Rois (A Coruña) gañaron o concurso "Youtube Space Lab" cofinanciado pola Axencia Espacial Europea (ESA).

Estas estudantes propoñen un experimento chamado "Surfactants in microgravity" (Surfactantes en microgravidade), que estudia qué ocurre cando auga, xabón e aceite  mézclanse en condicións de falta de gravidade, como na Estación Espacial Internacional (ISS).

O concurso consiste en diseñar experimentos que poderían ser realizados a bordo da ISS. Este equipo gañou na categoría de 14-16 anos en Europa, Oriente Medio e África, e agora competirán con outros dous equipos para converterse no gañador absoluto.

Este concurso, a escala mundial, é una colaboración de YouTube, Lenovo, e Space Adventures coa ESA, a NASA e a axencia espacial xaponesa. O premio para os gañadores absolutos será a realización dos seus experimentos a bordo do complexo orbital. Ademáis, o traballo dos astronautas cos experimentos retransmitirase globalmente vía YouTube.

Viaxe a Washington

Os seis gañadores rexionais viaxarán a Washington en marzo para participar nunha serie de actividades e eventos destinados a dar a coñecer os seus logros. As actividades inclúen a participación nun vo parabólico -no que experiméntase a falta de gravidade-; unha visita especial ao Museo Aeroespacial Udvar-Hazy en Dulles, onde tamén cearán; e a ceremonia de entrega de premios en Newseum -un innovador museo interactivo- o 22 de marzo.

Os gañadores das fases rexionais son seis equipos de España (Laura e María), Exipto, India, Nova Celandia e Estados Unidos. O xurado debe escoller agora entre eles a un gañador absoluto para cada unha das dúas categorías de idade, de 14-16 anos e de 17-18.

 

 

 

Gallego
Laura Calvo e María Vilas

LOM Media: