Título node Learning object

Campaña de sensibilización ante as consecuencias dos accidentes de tráfico “Nun segundo... cambia a túa vida”
Xov, 15/03/2012 - 12:50
Nun segundo...cambia a túa vida

No novo sitio web Eucirculo ten unha especial relevancia o lanzamento da campaña de sensibilización ante as consecuencias dos accidentes de tráfico “Nun segundo... cambia a túa vida”, ofrecida en colaboración co Instituto de Educación Viaria da Fundación MAPFRE. Esta iniciativa didáctica parte dun vídeo documental protagonizado por xente nova que sufre e convive coas consecuencias dun accidente de tráfico que cambia a súa vida de xeito radical. Os seus principais obxectivos son:

  • Sensibilizar a xente nova sobre os perigos dunha condución imprudente.
  • Concienciar da obriga de ser bos condutores, e de que iso esixe o cumprimento das normas.
  • Recoller a través do cuestionario as condutas e as actitudes da xente nova ante a condución, a estrada e a seguridade viaria.

Trátase dunha actividade dirixida durante esta segunda parte do curso escolar 2011-2012 ao alumnado de 4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos, PCPI e de ensinanzas de réxime especial como a educación de persoas adultas.
Esta campaña consta de tres partes cunha duración aproximada dunha hora e, aparte do vídeo, ofrece un díptico informativo, unha guía para o profesorado, un cuestionario de avaliación en rede para o alumnado e unha ficha de seguimento para o profesorado responsable da actividade.
 

Menús Learning object node R