Título node Learning object
2ª Edición do "Google Science Fair", o maior concurso de ciencias en Internet. Organizado desde Google de xeito conxunto coa Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), National Geographic, Scientific American e LEGO.
A través do concurso invítase aos estudantes de entre 14 e 18 anos de todo o mundo a facer as súas preguntas sobre aquilo que lles rodea e a respondelas aplicando a investigación científica, incentivándoos de este modo, a explorar de xeito divertido un ámbito ás veces afastado dos intereses os estudantes.
Desenvolvemento do concurso:
De xeito individual ou en equipos de ata tres persoas, os estudantes formulan unha pregunta, desenvolven unha hipótese e experimentos científicos para verificalo. A continuación, deben compartir as súas pescudas, así coma o proceso seguido, incorporándoas nunha plantilla que estará dispoñible no sitio web: www.google.com/events/sciencefair/ .
O prazo para participar finaliza o próximo 1 de abril de 2012.
Un xurado composto por distinguidas personalidades, entre elas Vint Cerf, considerado un dos pais de Internet ou a oceanógrafa Sylvia Earle, seleccionará aos gañadores en cada categoría de idade (13-14, 15-16, 17-18 anos), así como o gañador do premio Ciencia en Acción de Scientific American. Un premio que recoñece o proxecto máis destacado, entendido este como a proposta que en maior medida poda repercutir nos ámbitos sociais, medioambiental ou sanitario.
Os premiados recibirán desde unha beca universitaria de 50.000 dólares ata viaxes ou estancias nalgún dos organismos colaboradores.