Gallego

“Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE. Integración desde a área de EF” do CEIP Portofaro. 1º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) E. Primaria

Sinopse:

Aplicación práctica de diversos recursos para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, en concreto con Necesidades Educativas Especiais. Trata aplicacións prácticas para este alumnado fomentando a integración na comunidade educativa en xeral.

Autores:

Coordinador: Manuel Losada González

Participante: Eduardo Roi Louzán Lema

Nivel: E. Primaria

Materiais (anexos):

  1. Memoria do proxecto.
  2. Materiais complementarios:
    • Memoria fotográfica.
    • Plan de avaliación.
    • Webquest.
    • Actividades EDI.
    • Vídeo explicativo das actividades.
Gallego
Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

“Programa de intervención educativa desde a perspectiva da diversidade” do CEIP Rogelio García Yáñez. 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) E. Infantil

Sinopse:
Na actualidade son moitos os nenos e nenas con trastornos xeralizados do desenvolvemento que se poden incorporar a clases con alumnado sen discapacidade. Esta investigación tenta achegar á comunidade educativa as peculiaridades do alumnado con Trastornos do Espectro Autista. Este programa de intervención educativa en Educación Infantil permite realizar unha breve discusión sobre a relevancia destas aplicacións educativas, co fin de que poidan servir para realizar inducións válidas aplicables a outras situacións similares.

Nivel: Educación Infantil
Autora: Nuria Diéguez García
Materiais (anexos):

  1. Memoria do proxecto
  2. Materiais complementarios:
  • Imaxes de animais
  • Imaxes de transportes
  • Ficha autonomía persoal
  • Ficha animais
  • Ficha transportes


 

Gallego
Transtorno do espectro autista

Ensinanza: 

Sección: 

A Consellería de Educación impulsará 232 liñas de actuación para a mellora da calidade educativa nos centros educativos a través dos contratos-programa

A primeira convocatoria desta iniciativa implicará a 144 colexios e institutos de Galicia

Gallego

Video: 

Vídeo (1) coas declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Vídeo (2) coas declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Vídeo (3) coas declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Vídeo (4) coas declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Vídeo (5) coas declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Vídeo coas declaracións do director xeral de Educación, José Luis Mira

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na ro
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na rolda de prensa sobre os contrato-programa Autor: Conchi Paz

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria impulsará a mellora educativa en 144 centros educativos de Galicia, ao subscribir con eles – nas vindeiras semanas- contratos-programa, co fin de desenvolver o máximo posible as capacidades do alumnado e buscar a súa excelencia.

En total serán 232 liñas de actuación as que desenvolverán estes 144 colexios e institutos que conten con contratos-programa ao abeiro da primeira convocatoria impulsada desde o departamento educativo da Xunta, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

Así o explicou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, quen expuxo hoxe en rolda de prensa os detalles desta iniciativa, xunto co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira,

Conforme a este compromiso, o departamento educativo da Xunta de Galicia dotará os centros dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actuacións establecidas nos contratos-programa. Así mesmo, certificarase como actividade de innovación educativa a participación do profesorado no desenvolvemento destas accións, que se poderán difundir ademais como exemplo de boas prácticas no eido do ensino.

Alumnado e profesorado participante

Vázquez Abad destacou a implicación dos centros educativos e no desenvolvemento desta iniciativa. "Non en balde-dixo- solicitaron participar nesta iniciativa 174 colexios e institutos". Fixo fincapé ademais na importancia dos docentes implicados, un total de 464, "profesionais sen cuxo apoio non sería posible a mellora da educación".

Tal e como explicou o conselleiro,  11.663 alumnas e alumnos galegos beneficiaranse do reforzo e mellora do ensino que vai supor o desenvolvemento dos contratos- programas, "a maior parte deles, o 62,5%, na liña de mellora de lectura, escritura e cálculo; o 27,9%, participando no programa de reforzo, orientación e apoio; e o restante 9,6 % a través das liñas de mellora da convivencia escolar, a redución do abandono escolar; e a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Liñas de actuación

Cada un dos centros participantes analizou as súas fortalezas e debilidades e propuxo medidas específicas de actuación, de xeito que o programa elaborado dea resposta ás súas necesidades reais.

En concreto os centros traballaron en torno a 5 liñas de actuación, nomeadamente o reforzo, a orientación e o apoio; a mellora da lectura, da escritura e do cálculo; a mellora da convivencia; a redución do abandono escolar; e a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Reforzo, orientación e apoio

A primeira destas liñas de actuación vén a mellorar as accións que se viñan desenvolvendo ao abeiro do programa de reforzo, orientación e apoio (PROA), dándolles maior relevancia ás accións dirixidas á mellora dos resultados académicos do alumnado con desvantaxe socioeducativa.

Cómpre destacar que cos contratos-programa permanecen as dúas liñas de acción do PROA. Por unha banda o acompañamento escolar fóra do horario lectivo, dirixido ao alumnado do 2º e 3º ciclo de educación primaria e de secundaria obrigatoria (ESO) que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe, así como a aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve. O obxectivo é potenciar a aprendizaxe e o rendemento deste alumnado mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, a mellora da súa integración, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais.

Esta é, por outra parte, a liña maioritaria, contemplada en 112 dos 144 contratos-programa a modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo

No que toca ao segundo conxunto de actuacións do PROA, o de apoio e reforzo en educación secundaria obrigatoria, ten como obxectivo a mellora dos resultados do centro a través dun conxunto de actuacións que contribúan ao incremento na cantidade e calidade das aprendizaxes e dun cambio global no seu modo de organización e funcionamento. Para iso cada un dos 18 colexios e institutos que incorporan esta modalidade aos seus contratos-programa desenvolverá medidas en diferentes ámbitos, relacionadas coa atención directa ao alumnado, intervención coas familias e intervención co contorno.

Mellora da escritura, lectura e cálculo

Outra das liñas de actuación dos contratos-programa é a de mellora da escritura, lectura e cálculo, dirixida a todo o alumnado das etapas de ensino obrigatorio, e a través da que se pretende identificar as dificultades do alumnado en relación con estas técnicas instrumentais básicas.

Son 54 os centros educativos que contemplan estas accións nos seus contratos-programa,, co obxectivo de mellorar as competencias lingüística e matemática e elevar os niveis de éxito escolar, coa implicación das familias nos procesos de ensino e aprendizaxe e a promoción do uso das bibliotecas escolares e dos espazos educativos comúns.

Mellora da convivencia

Froito do compromiso da Consellería de Educación coa mellora da convivencia nas aulas, a terceira das liñas de actuación dos contratos-programa busca acadar un bo clima nos centros educativos, baseado no respecto mutuo. Para iso os 21 centros que incorporan esta liña nos seus programas deberán fomentar os plans de acollida e accións titoriais, de mellora das habilidades sociais, a mediación escolar, a resolución pacífica de conflitos, a mellora da intelixencia emocional e dinámicas de grupo, entre outras.

Ademais buscarase favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social, e impulsar ao mesmo tempo a participación das familias e doutras institucións e entidades.

Abandono escolar e excelencia

Un dos eixes fundamentais das actuacións da Consellería de Educación é a loita contra o fracaso e o abandono escolar –fundamentalmente na ESO-, polo que ambos os dous aspectos son obxecto tamén dos contratos-programa. Así, os 7 centros que traballen nesta cuarta liña desenvolverán medidas específicas para identificar os estudantes con maiores dificultades para a aprendizaxe e para atender ao alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e aos seus intereses, para seguir avanzando na súa aprendizaxe e diminuíndo o risco de abandono. Neste grupo de estudantes favorecerase ademais a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social.

Para levar a cabo esta tarefa impulsarase a colaboración efectiva entre familia e escola, así como a coordinación entre organizacións e institucións do contorno.

Doutra banda, e no marco da aposta pola excelencia que mantén a Consellería de Educación, a quinta liña de actuación dos contratos-programa xira arredor da mellora do nivel de coñecementos, dando resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender. Neste sentido, os 20 centros participantes desenvolverán iniciativas como a planificación de obradoiros fóra do horario lectivo nos que se traballará de forma cooperativa nun proxecto.

O obxectivo é lograr que as alumnas e os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria e educación secundaria melloren o seu nivel de rendemento e resultados, de tal forma que poidan desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar desa forma os niveis de excelencia do sistema educativo galego.

Un compromiso social

O conselleiro de Educación agradeceu a boa acollida que a iniciativa tivo nos centros de ensino, “o que demostra que a mellora da calidade educativa é un obxectivo e un compromiso de toda a comunidade educativa galega, desde os docentes ás familias, e contando coa axuda da Administración”.

Neste sentido salientou ademais que “agora é o momento de traballar de forma conxunta no seu desenvolvemento, implicando a toda a sociedade nesta tarefa que é construír un sistema educativo de calidade, quen de orientar a formación dos alumnos tendo en conta as súas capacidades e intereses”.

Tema: 

Sección: 

O IES Monte Castelo de Burela (Lugo) acadou o premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC)

O premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC) foi este ano para o IES Monte Castelo de Burela (Lugo). O centro participa nesta iniciativa europea dende o curso 2009-2010 en asociación co Gymnazium Praha 10 da capital da República Checa.
A acción Comenius de mobilidade de alumnado iniciouse no curso 2009-2010 e permite a escolarización nun país estranxeiro do alumnado maior de 14 anos durante un prazo mínimo de 3 meses.
A entrega do galardón tivo lugar na V Feira de Valorización que se celebrou en Madrid o pasado 1 de decembro. No evento participaron o director do centro, Marcelino Luna, a profesora coordinadora de proxectos europeos, Irene Paredes, e unha das alumnas participantes no programa de intercambio, Cristina González Maseda.

 

 

Gallego
Entrega do premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC)

Eurypedia, un novo recurso en rede para axudar a coñecer con maior profundidade os sistemas educativos europeos e as súas reformas máis recentes

Eurydice presenta a o novo recurso en rede Eurypedia (Enciclopedia Europea sobre os Sistemas Educativos).
O obxectivo desta nova ferramenta é proporcionar unha visión o máis precisa posible sobre a organización dos sistemas educativos europeos. Contén máis de 5.000 artículos sobre 38 sistemas educativos e universitarios dos 33 países que participan no Programa de acción da Unión Europea no ámbito da Aprendizaxe Permanente (os 27 Estados membros da UE, Croacia, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suiza e Turquía).
É unha ferramienta wiki con artigos publicados directamente polas Unidades Nacionais de Eurydice, en colaboración cos seus respectivos ministerios de educación e expertos nacionais.
Pode consultarse en diferentes linguas, organizada por temas e por país, e serve tanto para coñecer os diferentes aspectos dun sistema educativo en particular como para comparar os distintos países en relación cun mesmo tema.


 

Gallego
Eurypedia

Sección: 

Noticias de uso didáctico

Espazo para aproveitar a actualidade como recurso educativo para traballar na aula.
Podemos atopar noticias de actualidade cunha orientación pedagóxica e propostas de ferramentas TIC. Permite rexistrarse, propoñer noticias, crear blog persoal etc.

 

 

Gallego
Educared

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Proxecto de Integración Curricular das Competencias Básicas do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes a través do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) está levando a cabo a terceira e última fase do Proxecto de Integración Curricular das Competencias Básicas no ano 2014: Fase de conclusión e peche.
Esta fase vai dirixida ao desenvolvemento da modalidade A3, con aproximadamente 40 centros educativos de 10 comunidades autónomas e a cidade de Ceuta, que desenvolveron a modalidade avanzada A2 na segunda fase deste proxecto durante o curso 2012/2013. Os centros da modalidade A2 , que analizaron as condicións máis favorables para aprendizaxe das competencias básicas e abordaron o deseño e posta en marcha de Unidades Didácticas Integradas, centraranse nesta modalidade A3 na consolidación do traballo por competencias, especialmente, na relación dos Planes de Mellora do centro coa avaliación, tanto interna coma externa e coa metodoloxía. Por outra parte, todo quedará relacionado cos rendementos do alumnado e coas claves normativas recollidas nas Leis LOE – LOMCE.

Os centros galegos que están participando no ano 2014 neste proxecto son:

Gallego
Proxecto de Integración Curricular das CCBB

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Canadá para o curso 2012/2013

Resolución de 23 de novembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2012/2013.

 

 

 

 

Gallego
BOE

Publicación da convocatoria nacional de Programas Europeos (programa PAP) 2012

Convocatoria nacional de propostas das accións descentralizadas dos programas Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig e Transversal (visitas de estudo) no marco do programa de aprendizaxe permanente.

 

 

 

Gallego
APEE

A Xunta premia a colaboración do profesorado na creación de novos contidos dixitais dentro do Proxecto Abalar

O conselleiro de Educación e a secretaria xeral de Modernización entregaron os premios aos gañadores da primeira convocatoria para crear novos materiais docentes dixitais

Os galardóns forman parte da liña de axudas para o desenvolvemento da sociedade da información da Secretaría Xeral de Modernización

Gallego
Xesús Vázquez Abad e Mar Pereira presidiron a entrega de premios
Xesús Vázquez Abad e Mar Pereira presidiron a entrega de premios

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira; fixeron hoxe entrega dos Premios ao Desenvolvemento de Contidos Educativos Dixitais, un acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e ao que tamén asistiron a delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; o delgado da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira; e os xefes territoriais de Educación en Lugo e A Coruña, José Jesús Ramos Ledo e Indalecio Cabana

Un total de 9 proxectos recibiron hoxe o seu galardón en recoñecemento ao traballo desenvolvido na elaboración de novos materiais didácticos. Tal e como explicou o conselleiro, é a primeira vez que se conceden uns premios destas características, que teñen como obxectivo o desenvolvemento curricular a través da produción e publicación de obxectos de aprendizaxe dixitais a través de soportes tecnolóxicos en diferentes materias e niveis educativos. A convocatoria vai integrada no Proxecto abalar, e persigue o seu mesmo fin de integrar as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no sistema de ensino.

Premiados

Na categoría de terceiro ciclo de educación primaria otorgouse un 3º premio ao proxecto ‘Mates con Martín e Martina. El tesoro de la gruta. Operaciones con decimales’, elaborado po Carmen López, do IES A Sangriña (A Guarda).

No que toca á categoría de primeiro ciclo de educación secundaria., entregáronse 5 cuartos premios, 2 terceiros premios e 1 primeiro premio. Desta forma na modalidade de Xeografía e Historia resultaron galardoados con cuartos premios os proxectos ‘Climas do mundo’, de Alberte Xosé Méndez (CPI de Atios, Valdoviño); e ‘Forum Gigurrorum’, de José Luis Rodríguez (IES Cosme López Rodríguez, A Rúa).

Os restantes cuartos premios foron recaer á modalidade de Lingua castelá e Literatura, na que foron recoñecidos os traballos ‘El juego de la lengua’, de Jorge Pedrosa e Isabel Vázquez (IES de Teis e CEIP Eduardo Pondal, de Vigo); ‘La narración’, de Mª Isabel Blanco e Mª Consuelo Vázquez (IES nº1 e IES Manuel García Barros, A Estrada); e ‘Camino de leyendas’, de Antonio Frade (IES Poeta Díaz, Guitiriz).

Os terceiros premios foron para o proxecto de Lingua galega e literatura ‘Ortografía’, de Beatriz Real (IES de Sabón, Arteixo); e para o de Ciencias da Natureza ‘A atmosfera terrestre’, de Juan Vicente Poza e Mª José Mariño (IES A Basella, de Vilanova de Arousa e IES da Illa de Arousa).

O único proxecto que acadou o primeiro posto foi ‘Os peixes’, na modalidade tamén de Ciencias da Natureza, elaborado por José Carlos Vázquez, do IES Monte da Vila (O Grove).

Unha vez entregados os premios Xesús Vázquez Abad destacou que “as profesoras e profesores que están aquí hoxe recollen o merecido recoñecemento ao seu esforzo no desenvolvemento de novos materiais docentes e novos contidos educativos dixitais, para facelos accesibles a través de medios electrónicos e interactivos. Como saben, o proxecto Abalar, que chega este curso a trinta e tres mil alumnas e alumnos de máis de trescentos setenta centros de toda Galicia ten como obxectivo a integración das TIC na práctica educativa, transformando deste xeito os centros de ensino tradicionais en centros dixitais”.

Estratexia educativa

O conselleiro engadiu que “Abalar é, polo tanto, unha estratexia educativa global e integradora, definida para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias do noso alumnado, en resposta aos retos que impón a educación do século XXI. Da súa man está a chegar o cambio de modelo educativo a Galicia, apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino. Non se trata unicamente de dotar ao ensino galego de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte da comunidade educativa. Imos máis aló e no proxecto Abalar, na súa universalización nas escolas e institutos, vai implícito un ambicioso reto: conseguir unha auténtica cohesión social, acadando que os nosos escolares non vexan condicionado o seu futuro educativo por mor da súa situación xeográfica ou da súa orixe familiar”.

Fomentar a colaboración

Mar Pereira recalcou que o obxectivo da convocatoria é fomentar a colaboración do profesorado na creación de novos contidos educativos dixitais no contexto do Proxecto Abalar. Unha iniciativa moi complexa feita realidade “grazas ao alto grao de implicación e interese amosado polo profesorado e a participación no desenvolvemento tecnolóxico dun conxunto de empresas, maioritariamente galegas, pero tamén de ámbito nacional con presenza en Galicia”.

A responsable de Modernización destacou que unha das liñas de actuación nas que se están facendo grandes esforzos é no impulso da formación aos profesores e profesoras dos centros Abalar para poidan aproveitar ao máximo o equipamento e os recursos das aulas dixitais. Durante o curso pasado formáronse nas TIC preto de 300 coordinadores Abalar e máis de 4.000 docentes.

Tamén destacou a consolidación do espazoAbalar como punto de encontro na Rede de toda a Comunidade educativa que, un ano despois do seu lanzamento deste espazo, conta xa con máis de 790 recursos educativos, máis de 290.000 visitas, e máis de 225.000 contidos descargados polos usuarios.  Unha mostra máis da implicación e do interese que ten toda a comunidade educativa galega (pais, nais, docentes, alumnado, etc)  no emprego das novas tecnoloxías na educación dos rapaces e rapazas galegos.

Finalmente, Mar Pereira destacou a extensión de infraestruturas de telecomunicacións en toda a Comunidade como o elemento chave para integrar as TIC en todos os ámbitos da sociedade. Neste sentido lembrou que, a día de hoxe, son xa 160 os centros educativos das catro provincias galegas que se poden conectar á rede con velocidades de 100Mpbs grazas as actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta.

Colectivo: 

Sección: