Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

NOVAS MEDIDAS ANTE O COVID

Achegamos información sobre a nova edición do
PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2
(COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA .

AUTODECLARACIÓN DE CASO DE CASO SOSPEITOSO DE COVID:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

RENOVACIÓN PARTICIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

RECTIFICACIÓN DO CALENDARIO ELECTORAL

DO 10 AO 18 DE NOVEMBRO     

  

   ADMISIÓN DE CANDIDATOS/AS.               

       

19 DE NOVEMBRO

LISTA PÚBLICA DA PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS.

PUBLICACIÓN DO CENSO ELECTORAL NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO.

 23 DE NOVEMBRO

 

SORTEO DAS MESAS ELECTORAIS  PAIS/NAIS E PAS

 

 

24 DE NOVEMBRO

 

 CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL E VOTACIÓNS DOS MESTRES/AS.

 

26 DE NOVEMBRO

 

CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS E VOTACIÓNS.

CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL DO PERSOAL NON DOCENTE E VOTACIÓNS.

 

 30 DE NOVEMBRO

 

PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS ELECTOS.

 

 

10 DE DECEMBRO

 

NOVA CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR.

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS:

NAIS/PAIS:

  • ÁNGELA IGLESIAS ÁLVAREZ
  • MARÍA OCAMPO FONTÁN
  • SILVIA TOBÍO MARTÍNEZ

MESTRES/AS:

  • VANESSA TÁBOAS PAZO
  • JOSÉ ALBERTO LÓPEZ VÁZQUEZ

 PAS:

  •  Mª DEL CARMEN RIAL LEDO

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que a Xunta Electral publicará  e comunicará por distintas canles.

RECOLECTA DE ALIMENTOS PARA SOS TOMIÑO

O ananos de infantil queren axudar a lograr o ODS 2 "Fame Cero" e para iso pensaron en organizar distintas campañas de recollida de alimentos.

Recolecta da clase de 5 anos B:

Recolecta da clase de 3 anos:

Cartel da próxima campaña da aula de 4 anos:

TUI LE

Tui Le celebra a súa décimo segunda edición, do ano 2021, en liña. É froito da colaboración entre as bibliotecas escolares tudenses e as bibliotecas municipais de Tui e Valença.

ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO

VACANTES PARA O CURSO 2021-22:

4º DE ED.INFANTIL(3 ANOS)  22 PRAZAS+ 3 NEAE
5º DE ED.INFANTIL (4 ANOS) 5 PRAZAS
6º DE ED.INFANTIL 11 PRAZAS
1º ED.PRIMARIA 23 PRAZAS
2º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
3º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
4º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
5º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
6º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS

Prazo de presentación das solicitudes.

Do 1 ao 22 de marzo.
Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobados pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, que poderán cumprimentarse a través de varios medios: As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial pódense recoller no centro escolar.

✓ Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias.

Tamén e posible cumprimentalas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

IMPORTANTE:page1image1499321808 page1image1499322096  

Lémbrase que cada alumna o alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (Art. 14.5). A infracción de dito punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia (Art. 14.6).

Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e, achegarán a documentación pertinente (Art. 37.2).

A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuida a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente. Excepto casos de violencia de xénero (Art. 14.4).

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

Do 24 de marzo ao 09 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados en relación cos criterios de admisión no caso de que haxa máis solicitantes que prazas (Art. 17.1).

Antes do 26 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (Art. 30.1). Haberá un prazo de 5 días para a presentación de reclamacións ante a dirección do centro (Art. 30.3). 

Antes do 15 de maio. Publicación de listaxes definitivas de admitivos e non admitidos (Art. 31). Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Art. 32.1).

Do 20 ao 30 de xuño (Art. 40.3). Prazo para formalizar matrícula.

 

  1. CALENDARIO RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

    11 de xaneiro ao 08 de febreiro. Reserva de praza no centro de adscrición (Art. 10.2). No noso centro corresponde no CPI O Cruce para os alumnos escolarizados en 6o de educación primaria.

    25 de febreiro. Sorteo público de catro letras a efectos de desempate (Art. 29). As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras W” S; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras B” F.

    01 de marzo. Publicación de vacantes (Art. 3).
    01 ao 22 de marzo. Presentación de solicitudes de praza (Art. 16).

    24 de marzo ao 09 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados en relación cos criterios de admisión no caso de que haxa máis solicitantes que prazas (Art. 17.1).

    Antes do 26 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (Art. 30.2). Haberá un prazo de 5 días para a presentación de reclamacións ante o Consello Escolar do centro (Art. 30.3).

    Antes do 15 de maio. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos (Art. 31). Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Art. 32.1).

           Do 20 ao 30 de xuño. Prazo de formalización da matrícula (Art. 40.3).

 

BOLETÍN TRIMESTRAL INFORMATIVO

Hoxe presentamos o noso primeiro boletín informativo que nace grazas a unha proposta do consello escolar.

CALENDARIO ACTIVIDADES TELEMÁTICAS 3º TRIMESTRE

     OLA FAMILIAS!!!

Comezamos o terceiro trimestre e o profesorado queremos brindar todo o noso apoio e agarimo aos nenos/as e as familias.

A día de hoxe a administración non dictou novas instrucións, así que seguiremos deseñando tarefas e estratexias para acompañar esta nova situación de ensino-aprendizaxe da mellor maneira posible.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

Coma sempre, para compartir calquera dúbida, suxerencia ou inquietude podedes contactar con NÓS.

                                                         Unha aperta de todo o equipo do Ceip Plurilingüe Nº1

 

 

 

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

De cara a establecer as melloras oportunas, no caso de que esta situación continue no terceiro trimestre, gustarínos que participarades neste formulario que é moi breve.

Moitas gracias de parte de todo o equipo docente

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZ1UyJbW-LSOeA6PKsYW9Kxj6K89joRe21e4MJRoKPK8vgyw/viewform?usp=pp_url

#nosficamosnacasa