Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

BOLETÍN TRIMESTRAL INFORMATIVO

Hoxe presentamos o noso primeiro boletín informativo que nace grazas a unha proposta do consello escolar.

CALENDARIO ACTIVIDADES TELEMÁTICAS 3º TRIMESTRE

     OLA FAMILIAS!!!

Comezamos o terceiro trimestre e o profesorado queremos brindar todo o noso apoio e agarimo aos nenos/as e as familias.

A día de hoxe a administración non dictou novas instrucións, así que seguiremos deseñando tarefas e estratexias para acompañar esta nova situación de ensino-aprendizaxe da mellor maneira posible.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

Coma sempre, para compartir calquera dúbida, suxerencia ou inquietude podedes contactar con NÓS.

                                                         Unha aperta de todo o equipo do Ceip Plurilingüe Nº1

 

 

 

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

De cara a establecer as melloras oportunas, no caso de que esta situación continue no terceiro trimestre, gustarínos que participarades neste formulario que é moi breve.

Moitas gracias de parte de todo o equipo docente

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZ1UyJbW-LSOeA6PKsYW9Kxj6K89joRe21e4MJRoKPK8vgyw/viewform?usp=pp_url

#nosficamosnacasa

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES TELEMÁTICAS

           

Apoio en casa

Medidas especiais en relación a  Covid-19

Ola familias,

A situación actual que todos estamos a vivir é delicada e sensible, desde a escola queremos enviarvos o noso apoio e agarimo e reflexionar xuntos sobre o importante que é ser bos modelos para os nosos  fill@s. Non debemos evitar falar cos nenos/ as sobre o virus e as súas consecuencias. É necesario responder a todas as súas dúbidas con claridade e naturalidade pero tamén pensamos que non é adecuado ser alarmistas ou mostrarse excesivamente preocupados.

Todos sabemos que esta situación resolverémola xuntos, sendo responsables e pacientes.

Quizais podemos vivir este momento como unha oportunidade para estar máis tempo xuntos e compartir tarefas cotiás. Sexamos positivos e optimistas!!

Educamos cada día!!

Durante estes 14 días nos que as escolas están pechadas debemos manter rutinas de traballo e estudo que nos axuden a experimentar esta situación de forma cotiá e natural así como a manter hábitos de traballo e concentración que os nenos/ as necesitan.

Algunhas recomendacións para ACOMPAÑAR  aos nenos/ as nas súas tarefas:

1.     Elixir a mesma hora do día para realizalas. Preferentemente de mañá.

2.     Escoller un lugar tranquilo e ben iluminado onde o neno/para poida estar concentrado/a

3.     Traballar por períodos de 30 minutos como máximo. Realizar un breve descanso entre tarefas onde o neno/para poida moverse libremente.

4.     Explicar de antemán canto tempo vai estar realizando a tarefa e se é posible colocarlle un reloxo diante para que poida comprobar o paso do tempo.

5.     Antes de comezar unha tarefa asegúrache de que está tranquilo/a, receptivo/a e descansado/a. Se sentes que algunha destas condicións non se dan, non é bo momento para traballar. O noso cerebro necesita isto para aprender!!

6.     Explícalle a tarefa e asegúrache de que a comprende facendo preguntas ou pedíndolle que che diga coas súas palabras o que entendeu. Explica as tarefas dunha nunha.

7.     Mentres traballa podes estar sentado xunto a el/ela pero non é necesario. Os nenos/ as deben afacerse a traballar de forma autónoma e avisar cando teñen dúbidas ou terminaron.

8.     Avalía ou corrixe o que fixo ao terminar. Non esperes a outro momento senón non aprenderá dos seus erros. Lembra que cada equivocación axúdanos a aprender!! Non resaltes os erros, só menciona os acertos e aquilo que é positivo, por exemplo; se estivo concentrado/a e quieto/a traballando, se preguntou dúbidas ou o seu traballo está limpo e coidado.

9.     Se algún día notas que sentar a traballar é pesado ou moi molesto para el/ela. Tenta pescudar que lle molesta. Fala tranquilamente e móstrache comprensivo/a. Explícalle que entendes como sente e que moi pronto volverá á escola para aprender con todos os seus amig@s.

10.                       Non uses a tarefa do cole como unha ameaza ou lles digas que algo malo vai pasar se non o fan. Lembra, o neno/a para aprende feliz e contento . Esta situación é estraña e confusa para nós e para eles/ as.

A continuación deixámosvos as propostas de traballo dos distintos cursos que actualizaremos e enviaremos a través das titorías diariamente. As familias deberedes colaborar estando atentos/as as diferentes vías de comunicación: web, e-dixgal, blogs, correo electrónico, remind, whatsapp...

Os mestres faremos o seguimento do traballo do alumnado diariamente, cada titor/a informará como o fará, para calqueira dúbida contactade cos titores/as ou a través do correo do centro:

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

 

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19

A Consellería de Educación, Universidade e formación profesional decreta a suspensión de todo tipo de actividade lectiva durante os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

Tamén quedan suspendidos os servizos educativos complementarios: comedor, transporte e aula matinal, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ADMISIÓN ALUMNADO

IMPORTANTE: NOVAS NO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes 

Aplicación de xestión das solicitudes de admisión:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

-Orde do 12 de marzo de 2013.

-Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

-Orde do 25 de xaneiro de 2017.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

-Presentarase unha única solicitude no centro que solicita praza en primeiro lugar.

-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión nun centro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

-A reserva de praza para o curso seguinte para alumnos e alumnas que xa están matriculados no centro, farase directamente desde o colexio sen que os pais e as nais teñan que facer ningún trámite.

RADIO NA BIBLIO

 

XA ESTÁ PUBLICADO O NOSO SEGUNDO PROGRAMA DE RADIO ATHENEA

 

 

CONSULTA OS PROGRAMAS SEMANAIS NA ICONA DA COLUMNA DEREITA

 

XORNADA INCLUSIVA

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOTICIA:


 

 

E NON ESQUEZAS CONSULTAR  AS NOVIDADES NO BLOQUE 

 

ESTA SEMANA ESCOITAMOS...

SEMANA DO 23 DE SETEMBRO

ESTA SEMANA ESCOITAMOS...

SEMANA DO 11 DE SETEMBRO

 

BECAS E AXUDAS

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN