Skip to Content

Benvida

 IES de Pastoriza

 Benvidos á web do IES de Pastoriza

 

 Rúa do Lagarto, Esq. Furoca, s/n

15140 Pastoriza. Arteixo (A Coruña)

☏  981 64 75 17

   ies.pastoriza@edu.xunta.es

 

Club de Lectura 2022-23

Roteiro pola Coruña (7_6_23)

 

Como cada fin de curso, a rapazada do Club de Lectura fixo unha saída para celebrar o percorrido lector realizado durante todo o ano. 

Contamos cun grupo fantástico de rapaces e rapazas, que LEN e comparten as súas lecturas na nos biblioteca, así que desta vez buscamos un lugar ao aire libre para reflexionar cos pulmóns cheos! Cheos sobre todo de ilusión e ganas de comer o mundo!

Foi un día fantástico!!! Moitísimas grazas a todos eles!

Álbum fotos evento.

I Olimpiada Nacional de Teleco - Premio á proposta mais aliñada co ODS 11

Alumnado de 4º ESO do noso centro participou na I Olimpiada de Teleco organizada polas 20 Escolas universitarias de Enxeñaría de Telecomunicación españolas. Na fase eliminatoria de Galicia, o equipo formado por Doaa, Alicia, Sergio e Martín, entre 197 alumnos de 13 centros das catro provincias, acadou un dos 3 premios seleccionados polo xurado, composto por profesorado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e de varias empresas patrocinadoras (Indra, BorgWarner e Televés).

Os mellores proxectos pasan directamente á competición a nivel nacional, que será en xuño 2023.

Achegamos un álbum de fotos do evento.

Parabéns ao equipo participante. Ánimo e a por todas na Fase nacional!.

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar 2023-24

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2023/24.

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 20/maio e remata o 21/xuño 2023 (incluído).

 

ASISTENCIA AO CORRELINGUA 2023

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Pastoriza participou na actividade do Correlingua que se celebrou o venres día 5 de maio. Nesta ocasión o lema foi "NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que convida a rapazada dos centros de ensino a  participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

A este acto acudiu o noso alumnado dos niveis de 3º de ESO e de 1º de BAC.

Queremos salientar o noso agradecemento ao Concello de Arteixo pola concesión da gratuidade do transporte para poder asistir a dita actividade. Mil grazas!!

 

Todos e todas ao Parque de Santa Margarida o próximo sábado 6 de Maio

Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai cinco anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.

Neste senso, o próximo sábado 6 de maio, os nosos científicos e científicas mostrarán ao público no Día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarida da Coruña, todos os experimentos que levan preparando durante semanas.

horario de apertura ao público é de 11:00 a 14:30h e de 15:30 a 19:00h. Así que non fagades plans e vide a apoiar á ciencia que se fai en Pastoriza por rapaces e rapazas do noso instituto.

Esperámosvos con moita ilusión, e algo de nervios, na "jaima" número 44. Non faltedes!!!

 Enlace ao álbum do evento

Convocatoria para Bolsas de Estudo para o curso 2023/24

No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24.

Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

PRAZOS:

27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

II Edición do Concurso de Fotografía Matemática en Galego Mónica Fernández

Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai moitos anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.

O Departamento de Matemáticas, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizaron a II Edición do Concurso de Fotografía Matemática en Galego Mónica Fernández. O alumnado do club de ciencia presentou unha fotografía orixinal onde reflectiu a relación entre a súa contorna, as matemáticas e a arquitectura. Ademais, o título da foto era moi importante, xa que era determinante para amosar de xeito claro o concepto matemático que se estaba a fotografar.

O primeiro premio foi para Lara D. de 4º da ESO B, coa foto que leva por título sentamos en paralelas secantes.

O segundo premio foi para Myriam S. de 4º da ESO A, coa foto que leva por título a praza da xeometría.

Distribuir contido


by Dr. Radut