Skip to Content

SAÍDA do CLUB de LECTURA a NORA dos LIBROS

O día 15 de xuño, os membros do Club de lectura a Nora dos libros, fixemos unha saída para celebrar o final de curso.

Estivemos na área recreativa de Gabenlle (Laracha) e pasámolo xenial: fixemos unha sesión do Club sobre El principito (con concurso e agasallo incluido), logo unha andaina polo paseo fluvial e, antes de volver a Arteixo, unha merendola para repoñer forzas. 

MOITÍSIMAS GRAZAS pola vosa colaboración, rapazada! Pola vosa ilusión ao longo do curso e por depositar a vosa confianza no noso Club e na nosa Biblioteca!!!

Esperámosvos o próximo curso!

FOTOS

Calendario fin de curso 21-22

1 REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: 22 de xuño (mércores). Devolución dos libros do fondo solidario.

2 AVALIACIÓNS ORDINARIAS (FINAIS): 23 de xuño (xoves).

3 ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS: o lúns 27 (lúns) de xuño ás 11:00 h.

4 MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-23: Do 28 de xuño ata o 10 de xullo nas Oficinas en horario de 10:00 a 13:30 horas.

5 REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS: (Orde 28 agosto 1995, BOE do 20/09):

 

27 a 28 xuño

Revisión de exames de 10:30 a 12:30h: Os alumnos dirixiranse aos Departamentos das materias correspondentes para a revisión dos exames cos respectivos profesores.

Solicitude por escrito (no caso de non estar de acordo coa revisión anterior), por parte dos alumnos ou os seus pais ou titores, de revisión da cualificación final obtida nunha materia ou de revisión da decisión de non promoción ou titulación. Estas solicitudes, que deberán conter cantas alegacións xustifiquen a disconformidade coas decisións adoptadas, serán entregadas en Xefatura  de estudos antes das 13:30 horas do 28 de xuño.

29 xuño

Comunicación da resolución do Departamento didáctico ao alumno ou pais.

 

Reclamación ante a Xefatura Territorial por desacordo do alumno ou pais coa revisión da cualificación nunha materia:

No caso de que persista o desacordo, alumno ou pais ou titores poderán solicitar por escrito á Dirección, no prazo de dous días a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación a instancias superiores.

 

 

Obradoiros "Día de Rosalía" en 4º ESO.

O luns, 23 de maio, a poeta Dores Tembrás impartiu dous obradoiros no noso centro arredor da poesía máis reivindicativa e afouta de Rosalía de Castro nos que nos achegou a beleza, a forza e o sentimento da palabra e onde o alumnado de 4º ESO tivo oportunidade de compartir impresións cheas de creatividade, ideas e pensamento coa escritora.

Infindas grazas a Dores e mais á Asociación de Escritores en Lingua Galega por estes obradoiros para conmemorar o Día de Rosalía.

Ligazón ás imaxes deste día.

Convocatoria para o fondo solidario de libros de texto 2022-23

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2022-23.

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 19/maio e remata o 22/xuño 2022, incluído.

 

Correlingua 2022.

O alumnado de 4º ESO asistiu o 18 de maio ao Correlingua que se celebrou no Pazo da Cultura de Carballo, onde viron a actuación musical da banda nicrariense, Mekánika Rolling Band.

Compartimos a publicación de La Voz de Galicia sobre este evento e tamén deixamos imaxes dunha xornada chea de humor e música en defensa da nosa lingua.

Encontro literario con Héctor Cajaraville.

O luns, 9 de maio o alumnado de 2º e 3º ESO tivo un encontro moi ameno e didáctico co escritor galego Héctor Cajaraville no que tiveron oportunidade de comentar a súa obra, “Os Metrosiderais”, así como o proceso de creación literaria desta novela en que os diferentes, os que saen da normativa... acaban manifestando o poder da unión por riba de calquera prexuízo.

O encontro rematou coa sinatura de exemplares para todos os estudantes que así o quixeron.

Moitas grazas a el por visitarnos e á  Editorial Santillana, por facer posible esta actividade!

Nesta ligazón poderás ver imaxes desta xornada.

Actualización da normativa de avaliación das ensinanzas de educación secundaria

O pasado 11 de febreiro de 2022 foi publicada no DOG a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. (ver LIGAZÓN)

Para ir cumprindo co disposto na súa disposición adicional cuarta da devandita orde é necesario informar ao alumnado e aos seus representantes legais das novas condicións de avaliación, promoción e titulación na ESO e no Bacharelato, así como as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO para o alumnado de FP Básica.

Addendas das programacións dos departamentos didácticos do IES de Pastoriza curso 2021-22

Axustes das programacións didácticas dos departamentos para adaptarse as condicións do fin de curso de 2021-22

Addendas programacións didácticas

O Club de Ciencia do IES de Pastoriza participou na XXVI edición do Día da Ciencia na Rúa

O alumnado do Club de Ciencia do IES de Pastoriza participou, este sábado 7 de maio no Parque de Santa Margarida da Coruña, na XXVI edición do Día da Ciencia na Rúa

A nosa proposta integraba a profesores de 6 departamentos didácticos e a 30 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Por un lado, afondamos no estudo de materiais intelixentes, que son aqueles que posúen propiedades que poden ser modificadas de maneira controlada mediante estímulos externos. Por outra banda, presentamos unha casa na que a iluminación, o consumo de enerxía e a seguridade estaban xestionadas mediante domótica.

O obxectivo do día, que era mostrar todo o traballo feito nestos meses, foi acadado de forma sobresaínte polo alumnado, cunha participación entusiasta por parte do profesorado, da rapazada e do público visitante.

Desexando que chegue pronto o ano que ven e poder participar na XXVII edición do Día da Ciencia na Rúa!!!

Achegamos enlace ao album de fotos deste día.

Distribuir contido


by Dr. Radut