Skip to Content

Listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros de Texto 2018/19

Achegamos as listaxes provisionales do Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2018/19.

Graduación 4ºESO

Achegamos enlace ao vídeo do acto de graduación de 4ºESO.

NOTA: O vídeo ten un tamaño considerable (1,79GB) ao ter unha duración de 48 minutos, para ter en conta en caso de descargar ou ver usando os datos de redes móbiles. Procurade facelo usando redes WiFi.

Conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente

Conmemoración do Día mundial do Medio Ambiente en colaboración coa empresa Repsol, que financia as actividades extraescolares incluídas no Plan de Limpieza do centro, que se ven a desenvolver con continuidade dende o curso 2014/15. Entregáronse premios ás aulas mais limpas, ordeadas e con mellor estado de conservación, e plantouse unha árbore que continúa coa tradición dos pasados anos.

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar 2018/19

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar:

O prazo para a presentación das solicitudes é do 23 de maio ata o 22 de xuño (incluído)

 

Colaboración en Prensa Arteixo

Achegamos enlace á información publicada no xornal La Opinión respecto da participación do noso alumnado no proxecto Prensa Arteixo, no que aprenderon a elaborar un periódico. O próximo domingo 20 de maio sairá publicado xunto co xornal.

Parabéns a todos os participantes: alumnado e profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut