Skip to Content

25 N. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar esta efeméride, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso dirixido a todo o  alumnado. Para participar nel había que elaborar conversas en galego sobre micromachismos,simulando o formato de mensaxería característico de WhatsApp.

Esta actividade permitiulles identificar, reflexionar e, sobre todo, rexeitar moitas actitudes machistas que, por desgraza, aínda se manteñen na actualidade e malia que algunhas adoitan pasar desapercibidas; non por iso son inofensivas.

Houbo dúas gañadoras, unha alumna  de  1º ESO D  e  outra de 3º ESO B, ás que se lles fará entrega dos seus premios mañá.

Agradecemos inmensamente a colaboración de todo o alumnado participante nesta actividade, así como o seu o compromiso e concienciación, pois precisamos das novas xeracións nesta loita incesante contra a violencia de xénero.

Por último, lembrade que cada unha/un de nós podemos contribuír a eliminar diferentes tipos de violencia para convivir nunha cultura da paz.

 Achegamos unha foto do “Taboleiro da Lingua” cos traballos feitos polo alumnado do noso centro.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, convoca o "Concurso de postais de Nadal do ano 2021" dirixido a todo o alumnado do noso centro.

Pódense consultar as bases no documento adxunto.

Obradoiro para a escrita do manifesto do Correlingua 2022.

O 18 de novembro o alumnado de 1º ESO B gozou dun obradoiro para a escrita do manifesto do Correlingua 2022 que levará por título, “Desata a lingua” e que foi impartido pola poeta, Lucía Aldao.

A través de exercicios lúdicos, puideron reflexionar sobre o idioma e puxeron en común ideas para contribuír á redacción deste documento; así xurdiron varias consignas que deixaron patente que o galego aínda ten futuro entre a xente nova, pois como dicían os nosos alumnos e alumnas, “o galego ten que ser eterno e onde nós vaiamos, a nosa lingua vai connosco”.

Moitas grazas, Lucía!

Concurso de contos de medo.

No mes de outubro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Pastoriza convocou un “Concurso de contos de medo” escritos en lingua galega, dirixido a todo o alumnado do noso centro. 

A participación deste foi moi destacada e tivemos catro gañadores: unha alumna de 1º ESO B, un alumno de 2º ESO C, unha alumna de 2º ESO E outra de 3º ESO B que xa recibiron cadanseus agasallos.

Deixamos unha imaxe do “Taboleiro da Lingua” no que se expuxeron algúns dos traballos que elaborou o noso alumnado para este concurso.

Grazas a todos os/as participantes! E non vos desanimedes, haberá máis convocatorias.   GuiñoGuiño

Imagen que contiene naranja, refrigerador, cocina, cuarto  Descripción generada automáticamente

Calendario para as eleccións ao consello escolar

Estimadas nais e pais:

Segundo Resolución do 20/setembro 2021 (DOG do 29/09/2021) que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:

·      As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 22 e 26 de novembro de 2021, sendo necesaria a constitución dunha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.   

·       O vindeiro mártes día 2 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do centro para a constitución da citada Xunta Electoral. 

Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura. 

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro.

Unha vez se concrete o calendario, recibiredes información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida consultade co centro educativo e intentaremos aclaralas. 

Un saúdo. 

O director.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICA DOS DEPARTAMENTOS 2021/22

As programacións didácticas 2021/22 dos departamentos estan publicadas nos seus apartados

Reunión coas Familias curso 2021/22

As reunión de presentación do curso 2021/22, seran este ano por separado co titor de cada grupo e na aula do mesmo.

Estas Reunións teran lugar co seguinte horario

3º e 4º de ESO Mércores 22 de setembro as 17:30máximo 1 familiar por alumno.

1º e 2º de ESO: Xoves 23 de setembro as 17:30, máximo 1 familiar por alumno

Por suposto, no recinto será obrigatorio o uso de máscara, distancia social e uso de xel hidroalcohólico. Moitas gracias

Enlace a información interesante:

Información para o inicio do curso 2021-22

A actividade lectiva comezará o mércores 15 de setembro en horario habitual.

As listaxes PROVISIONAIS de asignación do alumnado por grupos estarán dispoñibles o mesmo día da incorporación do alumnado, que accederá ao centro por orde acompañado polos titores respectivos. Disporase de profesorado de garda suficiente para conducir ao alumnado aos seus grupos respectivos, tendo prioridade o alumnado transportado, que accederá directamente ao centro seguido á súa chegada.

NON é necesario consultar antes do día da presentación o grupo asignado a cada alumno. 

A listaxe definitiva dos libros asignados a cada alumno publicarase no centro o 15 de setembro, e o repartos do mesmos farase progresivamente a partir da primeira semana de clase. 

O centro está a elaborar os plans e protocolos segundo as instrucións recibidas polas Consellería de Educación:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut